Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Dereito da Seguridade Social I Código 660G01021
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Vázquez Forno, Jesús
Correo electrónico
jesus.vazquez@udc.es
Profesorado
Vázquez Forno, Jesús
Correo electrónico
jesus.vazquez@udc.es
Web http://www.erlac.es
Descrición xeral A asignatura ten como obxectivo presentar aos estudantes os elementos definitorios do sistema de Seguridade Social en España. Deste xeito, os estudantes coñecerán como se estructura e xestiona o sistema de Seguridade Social , cal é o seu ámbito subxectivo de aplicación e as normas xerais da acción protectora así como o seu réxime económico e a responsabilidade dos suxeitos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Definir modelos de proteccion social existentes. Coñecer las Normas generales del sistema de la Seguridad Social y lPrincipios y fines de la Seguridad Social.
Definir modelos de proteccion social existentes. Coñecer las Normas generales del sistema de la Seguridad Social y lPrincipios y fines de la Seguridad Social.
salud laboral e prevención de riscos laborais
salud laboral e prevención de riscos laborais
auditoria sociolaboral
auditoria sociolaboral
SEleccionar y gestionar información y documentacion laboral
SEleccionar y gestionar información y documentacion laboral

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Evolución histórica e modelo español de Seguridade Social.

1.1.-Evolución histórica das técnicas de Protección Social.
1.2.- Antecedentes e aparición do sistema español de Seguridade Social.
1.3.- O modelo constitucional da Seguridade Social.
1.4.- Fontes do Sistema da Seguridade Social.
1.5.- O reparto competencial entre o Estado e as Comunidades Autónomas.
Tema 2. Xestión e Competencias do Sistema da Seguridade Social.
2.1.- Organización Administrativa: entidades xestoras e servizos comúns
2.2.- Colaboración na xestión: As mutuas de accidentes de Traballo e a colaboración das empresas.
2.3.- A participación dos interesados na xestión.

Tema 3.- O campo de aplicación e a estructura da Seguridade Social. Os actos de encadramento.

Estudo dos diferentes rxímenes da Seguridade Social
3.1.- Ámbito de aplicación.
3.1.1.- Inclusións e exclusións: nacionalidade e residencia
3.2- A Estructura.
3.2.1.- Contributiva, non contributiva e complementaria.
3.2.2.- Contributiva: Réxime Xeral e Réximes especiais. Un suposto especial os socios traballadores de sociedades mercantiles capitalistas. Os rexímenes especiais
3.3.- Réxime xurídico dos actos de cuadramento.
3.3.1.- Inscripción de empresas
3.3.2.- Afiliación, altas, baixas e variación de datos dos empregados.
Tema 4.- Réxime económico. A cotización e a recadación da Seguridade Social 4.1.- O financiamento da Seguridade Social espñola: sistema actual e propostas alternativa.
4.2.- Cotización: suxeitos obrigados e responsables.
4.3.- Dinámica da obligación de cotizar: bases de cotización, tipos e cuotas.
4.4.- Normas sobre a recaudación.
Tema 5.- Normas xerais da acción protectora. O Subsidio de Incapacidade Temporal. 5.1.- Análise específico das continxencias comúns e profesionais: o accidente de traballo e a enfermidade profesional no Réxime xeral.
5.2.- As prestacións: concepto, clases e características.
5.3.- A incapacidade temporal. Concepto. Requisitos, cálculo do subsidio.
Tema 6.- A responsabilidade xurídica dos suxeitos 6.1.- A responsabilidade empresarial respecto ás prestacións
6.2.- Infraccións e Sancións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 22 45 67
Seminario 22 36 58
Traballos tutelados 3 6 9
Proba obxectiva 3 12 15

Atención personalizada 1 0 1

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Seminario Parte práctica dos contidos expostos a todo o grupo na sesión magistral, con apoio fundamental no uso de Internet. É unha clase tipo "seminario" por cada clase tipo "sesión maxistral".

O alumno deberá resolver os tres exercicios prácticos que se lle propoñen durante o curso
Traballos tutelados Consistirá na realización dun traballo proposto polo docente de carácter colectivo e deberá ser presentado e defendido ao finalizar o curso en formato TFG /máximo 15 folios)
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test de resposta múltiple (20 preguntas) varias preguntas teóricas de tipo curto e unha longa e a resolución de un ou varios casos prácticos propostos polo profesor. O test a as preguntas teóricas poden ser escritas ou orais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Descrición
A asignatura conleva unha aprendizaxe acumulativa sistemática e integradora de carácter teórico e práctico, que require da exposición xeral, a asimilación progresiva de conceptos expostos na sesión maxistral, con discusión asimiladora de tales coñecementos, o casuismo e a resolución de supostos reais, a fixación o reforzo mediante esquemas de traballo, o adquirir habilidades de eficacia, no basta la fijación de conceptos teóticos y de perpectiva, se requiere comprobar su eficiencia resolviendo casos reais e autoacreditar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba escrita sobre o temario da asignatura que valorará unha parte teórica e outra de resolución de supostos prácticos. 50
Seminario Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación. 30
Sesión maxistral
Valoración obxectiva da asistencia e participación activa dos alumnos nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas polo profesor Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación.
10
Traballos tutelados Realización e presentación oral dun traballo colectivo dos propostos polo docente da asiganatura sobre as materias da mesma, en formato TFG (máximo 15 folios) 10

Observacións avaliación

Para os estudantes que sigan o modelo de avaliación continua deberán obter alomenos 25 puntos da suma da sesión maxistral, Seminario, Traballos Tutelados para poder computar a nota da proba obxectiva.

A proba obextiva esixará superar o 50% da parte teórica e práctica. De non conseguir o mínimo o estudante non superará a materia aínda que se lle gardará a nota da metoloxía superada na segunda oportunidade.

Aqueles estudantes ue non poidan facer un normal seguimento da materia por razóns de dispensa poderán optar por examinarse do 100% do seu cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.

Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT

Fontes de información
Bibliografía básica MARIA ANTONIA PÉREZ ALONSO (Última Edicion). CUESTIONES PRÁCTICAS EN DERECHO DE LA SEGURIDAD SOCIAL. PRESTACIONES. TIRANT LO BLANCH
JOSE FRANCISCO BLASCO LAHOZ (Última Edicion). CURSO DE SEGURIDAD SOCIAL . TIRANT LO BLANCH
REMEDIOS ROQUETA BUJ (Ultima edición). DERECHO DE LA SEGURIDAD SOCIAL. TIRANT LO BLANCH
MARTINEZ GIRÓN, J.;ARUFE VARELA, A.;CARRIL VÁZQUEZ, X.M. (última edición). Derecho de la Seguridad Social. Coruña. Netbiblo
ALONSO OLEA, M; TORTUERO PLAZA J.L. (ultima edicion). Instituciones de la Seguridad Social. Madrid. Civitas
ALARCON CARACUEL, M.R. (última edición). La Seguridad Social en España. Madrid Aranzadi
VIDA, J,: MONEREO, J.L.; MOLINA, C.;QUESADA R. (ultima edición). Manual de Seguridad Social. MAdrid. Tecnos. Darerra Edición.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL (). SEGURIDAD SOCIAL . WWW.SEG-SOCIAL.ES
MARIA ANTONIA PÉREZ ALONSO (Última Edición). VADEMÉCUM DE DERECHO DE LA SEGURIDAD SOCIAL . TIRANT LO BLANC
É moi importante dispoñer da lexislación actualizada de Seguridade Social que se pode atopar na web da Seguridade Social ou nun código que ofrece as actualizacións durane todo o curso na súa páxina web (Civitas, Aranzai, Tecnos, Tirant lo Blanch, Colex, calquera delas é válida. Non obstante os profesores da asignatura publicarán en moodle diferentes recursos de información para a preparación da asignatura: diapositivas, indicacións bibliográficas complementarias, artículos doctrinais, lexislación e xurisprudencia.
Bibliografía complementaria AA.VV. (2013). TODO SOCIAL. VALENCIA CISS

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría das Relacións Laborais/660G01010
Dereito do Traballo I/660G01011
Dereito do Traballo II/660G01012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito Administrativo/660G01028

Materias que continúan o temario
Dereito da Seguridade Social II/660G01022
Dereito Laboral Comunitario e Institucións da Unión Europea/660G01035
Procedemento Administrativo Laboral e Sancionador/660G01041

Observacións
A lexislación de Seguridade Social é moi cambiante, polo que o estudante debe estar ao corrente destes cambios e naturalmente a avaliación da asignatura farase a normativa legal vixente en cada momento.

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías