Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prevención e Xestión de Riscos Laborais II Código 660G01024
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Villarroya López, Alberto
Correo electrónico
alberto.villarroya@udc.es
Profesorado
Villarroya López, Alberto
Correo electrónico
alberto.villarroya@udc.es
Web http://www.erlac.es
Descrición xeral Proporcionar unha visión completa e actualizada sobre as condicións de traballo e os aspectos técnicos e legais da prevención de riscos laborais na empresa e a súa influencia sobre o individuo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Estudo de casos.
- Proba obxectiva.

*Metodoloxías docentes que se modifican.
Clases expositivas e prácticas por videoconferencia, (Microsoft Teams) con apoio de medios audiovisuais e intervención directa do alumnado.
A proba obxectiva se mantén, aínda que se realizará a través de Moodle a unha hora prefixada e con tempo limitado.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
A atención personalizada ao alumno realizarase a través do email habitual do docente, ou ben concertando unha tutoria personalizada de seguimento a través de Microsoft Teams.

4. Modificacións na avaliación
Se mantén a avaliación prevista inicialmente.

*Observacións de avaliación:
A asistencia só se terá en conta respecto das sesións presenciais que houbo ate o momento no que se suspenda a actividade presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A2 Marco normativo regulador da Seguridade Social e da protección social complementaria.
A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais.
A5 Políticas sociolaborais.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A22 Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Marco normativo regulador das relacións laborais A1
Saúde laboral e prevención de riscos laborais. A2
Seleccionar e xestionar información e documentación laboral A3
Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais A5
Aplicar os coñecementos á práctica A14
Resolución de problemas. A22
Capacidade de análise e síntese A31
Capacidade de organización e planificación. B1
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional B2
Traballo en equipos. B3
Motivación para a calidade. B9
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. B12
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- Economía da prevención. Estadísticas de siniestralidade. Xustificación da prevención. Custo dos accidentes e clasificacion. Métodos de análise de custos.
TEMA 2.- Seguridade no traballo. Requisitos mínimos do lugar de traballo. Orde e limpeza. Material e locais de primeiros auxilios. Normas de seguridade. Sinalización de seguridade. Normativa legal.
TEMA 3.- Hixiene industrial I. A enfermidade profesional. Protocolos médicos. A hixiene do traballo. Axentes químicos e biolóxicos. Metodoloxía de actuación.
TEMA 4.- Hixiene Industrial II. Ruido. Vibracións. Ambiente termohigrométrico. Radiacións. Características xerais. Avaliación e normativa legal. Métodos de control do risco.
TEMA 5.- Ergonomía I. Concepto de ergonomía. Análise e diseño dos postos de traballo. Carga de traballo. Metodoloxías operativas. Confort térmico. Iluminación.
TEMA 6.- Ergonomía II. Manipulación manual de cargas. Pantallas de visualización de datos. Posturas forzadas. Movementos repetitivos. Normativa legal.
TEMA 7.- Psicosocioloxía aplicada. Risco psicosocial. Factores e repercusións sobre a saúde. Estrés laboral. Mobbing. Metodoloxías preventivas.
TEMA 8.- O sistema de xestión de prevención. Documentación. Manual e Procedementos. Rexistros e arquivos. Control de actuacións: auditorias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A14 B9 21 35 56
Estudo de casos A3 A22 A31 B1 B2 B12 21 42 63
Proba mixta A5 B3 B6 C7 2 25 27
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas con apoio de medios audiovisuais e intervención directa do alumnado. Poderá complementarse con actividades semellantes como a asistencia a Congresos,conferencias do ISSGA, seminario organizado polo centro ou outra actividade indicada polo profesor.
Estudo de casos Análise de supostos prácticos como complemento dos contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais, con inclusión de casuísticas actuais relacionadas cos riscos laborais. Os traballos se realizarán de xeito individual para a súa avaliación.
Proba mixta Exame final onde o alumno reflicte os coñecementos teóricos adquiridos na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Nas sesións maxistrais exporanse situacións concretas sobre a prevención dos riscos laborais, incitando ao debate activo e dinámico das distintas propostas que os alumnos vaian expoñendo, co obxectivo de alcanzar conclusións sobre as cuestións expostas. A exposición dos contidos realizarase con aplicación de medios audiovisuais.

Durante as clases analizaranse aspectos normativos sobre a lexislación laboral en materia de prevención de riscos para conseguir que o alumno estableza os seus propios criterios de valoración e interpretación da normativa. Tras as sesións maxistrais, celebraranse asemade tutorías personalizadas para aqueles alumnos que o requiran.

No estudo de casos prácticos analizaranse supostos prácticos como complemento dos contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais. Durante as prácticas o profesor atenderá persoalmente as dúbidas dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A22 A31 B1 B2 B12 Valoración das achegas dos estudantes na realización dos casos prácticos individuais, así como intervencións dos alumnos no desenvolvemento das clases. 70
Proba mixta A5 B3 B6 C7 Proba individual obxectiva a desenrolar polo alumno. 30
 
Observacións avaliación
A parte práctica da asignatura ("Estudo de casos") supón o 70% da nota final, mentres que a parte teórica ("Proba obxectiva") supón o 30% da nota final. Para que se sumen as diferentes metodoloxías, de cara a obter unha nota media final, será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar ("Estudo de casos" e "Proba obxectiva"). De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100 % da cualificación.

Aqueles alumnos que non poidan facer un normal seguimiento da asignatura, por ter recoñecida a Dispensa de Docencia, poderán optar por examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva final durante os periodos de avaliación oficialmente establecidos. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación. Se solicitan dispensa, todos os alumnos farán constar ao profesor mediante email ou de forma visible na súa ficha de alumno e se ésta se lles concedeu, debendo consignar nese casose optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL. O alumnado non poderá ser avaliado simultáneamente por avaliación continua e por proba obxectiva final. De non constar expresamente, ou de non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan pola PROBA OBXECTIVA FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do servizo de orientación e prácticas.


Fontes de información
Bibliografía básica Isabel Mª MARTÍNEZ MARTÍNEZ, Antonio CARDONA LLORENS, Raúl CHILET PÉREZ, Guillermo GARCÍA GONZÁLEZ (2013). Casos prácticos de prevención de riesgos laborales. Tirant Lo Blanch
LÓPEZ GANDÍA, Juan; BLASCO LAHOZ, Jose Francisco (2015). Curso de Prevención de Riesgos Laborales. Tirant Lo Blanch
José Luis LLORCA RUBIO, Yolanda LOZANO CÁDIZ, Antonio MORENO MARTÍNEZ, Mª Carmen SALCEDO BELTRÁN (2012). Prevención de riesgos laborales: Instrumentos de aplicación. Tirant Lo Blanch
Sonia CIENFUEGOS GAYO, Yolanda MILLAS ALONSO (2019). Seguridad y salud en el trabajo para PYMES según la Norma ISO 45001. AENOR

A bibliografía anterior se atopa dispoñible na BIBLIOTECA VIRTUAL DO CENTRO á que podes acceder coas túas claves no seguinte enlace: http://www.erlac.es/es/estudiantes-acceso/

Bibliografía complementaria

Cortés Díaz, José María. 2012. Técnicas de prevención de riesgos laborales. Ed. Tebar.

Espeso Santiago, José Avelino. 2009. Manual para la formación de técnicos en prevención de riesgos laborales. Ed. Lex Nova.

García Segura, Vicente. 2015. Ergonomía y psicosociología aplicada. IC Editorial.

Gutiérrez, Juan M. 2001. Ergonomía y psicosociología en la empresa. Ed. Cis Praxis, S.A.

Llaneza Álvarez, Francisco J. 2016. Ergonomía y psicosociología aplicada. Editorial Lex Nova.

Menéndez Díaz, Faustino.2009. Higiene Industrial:manual para la formación del especialista. Ed. Lex Nova.

Monereo Pérez, José L. 2015. Tratado de prevención de riesgos laborales. Ed. Tecnos.

Webgrafía

B.O.E. Legislación sobre seguridad y salud en el trabajo. http://boe.es/legislacion/codigos/codigo.php?id=037_Prevencion_de_riesgos_laborales&modo=1

Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo. www.insst.es.

Ministerio de Empleo y Seguridad Social. www.empleo.gob.es.

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. www.issga.es.

Agencia Europea de Seguridad y Salud en el Trabajo. www.osha.europa.eu.

Comisión Europea. http://ec.europa.eu/index_es.htm

Organización Internacional del Trabajo. www.ilo.org

Organización Mundial de la Salud. www.who.int


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito do Traballo I/660G01011
Dereito da Seguridade Social I/660G01021
Prevención e Xestión de Riscos Laborais I/660G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito do Traballo II/660G01012
Dereito da Seguridade Social II/660G01022

Materias que continúan o temario

Observacións

A lexislación en materia de prevención de riscos laborais é moi cambiante, polo que a avaliación da asignatura farase dacordo coa normativa legal vixente en cada momento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías