Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Dereito Procesual Laboral Código 660G01032
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
De Castro Mejuto, Luis
Correo electrónico
luis.de.castro@udc.es
Profesorado
De Castro Mejuto, Luis
Correo electrónico
luis.de.castro@udc.es
Web
Descrición xeral La asignatura de derecho procesal laboral sirve para da a conocer al alumnno las instituciones y los conceptos basicos del procedimiento laboral, las diferentes modalidades de procesos laborales y la organización de la jurisdicción social en nuestro pais y en el derecho comparado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
B12 Motivación para a calidade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A1
B12

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 Orixe e evolución dos Tribunais Laborais. A orde xurisdicional social. Principios, accións e resolucións procesais.
TEMA 2 Competencia dos Tribunais da Orde Social. Competencia material, funcional, obxectiva e territorial. Conflitos e cuestións competenciais.
TEMA 3 As partes no proceso laboral. Capacidade e lexitimación. Postulación procesal. Os actos procesais do Xuíz e do Secretario. As acumulacións.
TEMA 4 A evitación do proceso. A conciliación previa prexudicial. A reclamación previa á vía xudicial.
TEMA 5 Actos preparatorios, anticipación de proba e medidas cautelares. A demanda. Presentación e admisión. A conciliación xudicial.
TEMA 6 O acto do xuizo. A fase probatoria. A sentencia. A acta do xuizo. O proceso monitorio.
TEMA 7 As modalidades procesais (I). Despidos, sancións e reclamación ó Estado do pago de salarios de tramitación en xuizos por despido. Despidos obxectivos e colectivos.
TEMA 8 As modalidades procesais (II). Seguridade Social, procedimento de oficio e impugnación de actos administrativos.
TEMA 9 As modalidades procesais (III). Conflitos colectivos e impugnación de convenios colectivos.
TEMA 10 As modalidades procesais (IV). Impugnación dos Estatutos dos sindicatos ou da súa modificación. Tutela dos dereitos fundamentais e libertades públicas. Vacacións, materia electoral, clasificación profesional, mobilidade xeográfica, modificacións sustanciais de condicións de traballo e dereitos de conciliación da vida personal, familiar e laboral recoñecidos legal ou convencionalmente.
TEMA 11 Audiencia ó demandado rebelde. Recursos de reposición, revisión e queixa. A revisión de sentencias.
TEMA 12 O recurso de suplicación. Competencia. Obxecto e procedemento.
TEMA 13 O recurso de casación ordinario. O recurso de casación para a unificación de doctrina. Competencia, obxecto e procedemento.
TEMA 14 A execución de sentencias. Disposicións xerais. Execución definitiva. Execución provisional.
TEMA 15 A doctrina do Tribunal Constitucional en materia procesal laboral.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A13 A14 A34 B1 B2 B4 B8 B12 B14 6 20 26
Estudo de casos A14 A27 A30 A34 B1 B2 B4 B12 B14 C3 C6 9 20 29
Proba obxectiva A13 B2 B5 4 0 4
Sesión maxistral A34 B4 B12 C1 C6 C7 36 5 41
Traballos tutelados A14 A31 B1 B4 B8 B14 B15 C1 C2 C3 12 24 36
Saídas de campo A20 B4 B8 B12 B13 B14 C7 C8 3 6 9
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos electrónicos e/ou bibliográficos relevantes con actividades específicamente diseñadas para a análise dos mesmos.
Estudo de casos Preparación e resolución de casos prácticos, así como os comentarios á Xurisprudencia sometida á consideración do alumno.
Proba obxectiva Corrección das respostas ás preguntas plantexadas nos correspondentes exames ordinarios.
Sesión maxistral Asistencia a clases.
Traballos tutelados Calidade do contido, expresión, textos legais e bibliografía utilizada, conclusións e exposición.
Saídas de campo Asistencia a xuízos nos Xulgados do Social e o correspondente comentario sobre as actuacións das distintas partes actuantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
O profesor orientará personalmente ós alumnos na materia de que se trate, durante a súa realización, e con explicacións directas tanto en clase como nas saídas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A13 B2 B5 Examen escrito u oral. 80
Sesión maxistral A34 B4 B12 C1 C6 C7 Asistencia a las clases. 5
Traballos tutelados A14 A31 B1 B4 B8 B14 B15 C1 C2 C3 Realización de trabajos supervisados por el profesor. 15
 
Observacións avaliación
Nas convocatorias extraordinarias, a evaluación realizarase exclusivamente en base ás respostas dadas ás preguntas plantexadas nas correspondentes probas.

Fontes de información
Bibliografía básica SALINAS MOLINA, F. y otros (2012). Comentarios a la Ley Reguladora de la Jurisdicción Social. Valladolid, Lex Nova
ALBIOL MONTESINOS, I., ALFONSO MELLADO, C. L., BLASCO PELLICER, Á. y GOERLICH PESET, J. M. (2015 [11ª edición]). Derecho Procesal Laboral. Valencia, Tirant lo Blanch
DE CASTRO MEJUTO, L. F. (2009). La acción constitutiva en los procesos laborales. La Coruña, Netbiblo
BOTANA LÓPEZ, J. M. (1995). La acción declarativa, en especial en los procesos de trabajo y seguridad social. Madrid, Civitas
CRUZ VILLALÓN, J., NOGUEIRA GUASTAVINO, M. y GARCÍA BECEDAS, G. (2014). Lecciones de Jurisdicción Social. Valencia, Tirant lo Blanch
SAN CRISTÓBAL VILLANUEVA, J. M. y otros (2012). Ley Reguladora de la Jurisdicción Social: Comentada, con jurisprudencia sistematizada y concordancias. Madrid, El Derecho

Lei Reguladora da Xurisdicción Social e Estatuto dos Traballadores (*)

Bibliografía complementaria

(*) Toda a bibliografía e lexislación recomendada deberá ser da última edición publicada.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dereito do Traballo I/660G01011
Dereito do Traballo II/660G01012
Dereito Sindical I/660G01013
Dereito Sindical II/660G01014
Dereito da Seguridade Social I/660G01021
Dereito da Seguridade Social II/660G01022

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social/660G01031

Materias que continúan o temario
Dereito do Traballo I/660G01011
Dereito Sindical II/660G01014
Dereito da Seguridade Social I/660G01021
Dereito da Seguridade Social II/660G01022

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías