Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Políticas Sociolaborais Código 660G01033
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
LAGO PEÑAS, JOSE MANUEL
Correo electrónico
jose.manuel.lago1@col.udc.es
Profesorado
LAGO PEÑAS, JOSE MANUEL
Soneira Lema, María Susana
Correo electrónico
jose.manuel.lago1@col.udc.es
susana.soneira@udc.es
Web http://www.erlac.es
Descrición xeral A materia ten por obxecto o estudo das chamadas Políticas Sociolaborais, tales como aquelas que se centran no emprego, a seguridade e saúde laborais, e os colectivos con especial dificultade de acceso ó emprego. O estudo alcanza asimesmo á política de igualdade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Os contidos non se modifican en caso de brote de pandemia.
2. Metodoloxías
A) Metodoloxías docentes que se manteñen
B) Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión Maxistral. Pasa a ser por video-conferencia
- Seminario. Pasa a ser por video-conferencia
- Traballo Tutela. Pasa a ser por video-conferencia - Proba obxetiva. Realizarase través da plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ó alumnado Os mecanismos de atención personalizada sufren as seguintes modificacións Realizaránse por video-conferencia (individual o colectiva):
- Explicación dos temas incluidos na materia - Resolución de dúbidas na aplicación práctica dos conceptos.
- Seguimiento dos traballos tutelados.
- Seguimiento da exposición dos traballos.
- Seguimiento da resolución de probas, exercicios, e cuestións
4. Modificacións na avaliación A avaliación manténse a prevista inicialmente
5. Modificacións na bibliografía ou webgrafía. Ningunha.

O contido da ensinanza será independiente dos brotes da pandemia ou do formato das metodoloxías
A plataforma de video-conferencia utilizada será Microsoft Teams

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Políticas sociolaborais.
A12 Historia das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A19 Identificar as fontes de información económica e o seu contido.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A28 Elaborar, desenvolver e avaliar planes de formación ocupacional e continua no ámbito regulado e non regulado.
A29 Elaborar, implementar e avaliar estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
A34 Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Creatividade.
B16 Liderado.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Políticas sociolaborais A5
A12
A13
A18
A19
A27
A28
A29
A31
A32
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
B13
B14
B15
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A5
B9
B14
C5
Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados. A5
B12
B13
C5
Elaborar, desenvolver e avaliar plans de formación ocupacional e continua no ámbito regrado e non regrado. A5
B14
C3
Elaborar, implementar e avaliar estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral. A5
B9
B14
C8
Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais. A5
A12
Análise crítica das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais A5
B2
Toma de decisións. A5
B1
B9
Motivación para a calidade. A5
B12
Liderazgo. A5
B9
B14
B16
C8
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A5
C4
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A5
C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. A5
C3
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. A5
B6

Contidos
Temas Subtemas
1. Aproximación o Estado do Benestar O Estado do Benestar: definición.
O Estado do Benestar: visións e interpretacións.
2. As Políticas públicas que definen o Estado do Benestar Estado do Benestar e Política.
Políticas Públicas.
Políticas Sociolaborais.
As políticas sociolaborais dende o local
3. Políticas activas e pasivas emprego Políticas Activas de Emprego.
Políticas Pasivas de Emprego.
Avaliación das políticas de Emprego.
Políticas destinadas a colectivos especiais.
4. Políticas de Autoemprego Emprendemento mercantil e social.
Políticas de fomento do autoemprego.
Avaliación das políticas de autoemprego.
5. As políticas de inclusión social Colectivos en risco de exclusión.
Políticas de inclusión social.
Avaliación das políticas de inclusión social.
Protección social e dependencia.
6. Igualdade e conciliación Políticas de Igualdade.
Políticas de Conciliación.
Avaliación das políticas de igualdade e conciliación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A5 A12 A13 A18 B16 13 13 26
Presentación oral A5 A13 A18 A19 A27 A28 A29 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 5 7
Proba obxectiva A19 C1 C7 3 40 43
Sesión maxistral A27 A28 A29 A31 B2 B3 B13 B14 C2 C3 C4 C5 21 10 31
Traballos tutelados A12 A13 A18 A19 A27 A28 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C4 C5 C7 C8 5 37 42
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As clases prácticas se formulan como talleres de debate entre todos os estudantes tratando sobre os temas das clases expositivas cun funcionamento simple:

O día da exposición teórica se colgarán en moodle diversos materiais curtos, que serán obxecto de debate nas clases prácticas da semana seguinte.
Os estudantes teñen que ler todos os textos e 6 persoas elixidas aleatoriamente farán unha exposicón de cinco minutos o que seguirá un debate entre toda a clase.

Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na
exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios
de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo
distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non
correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente,
que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento,
aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral As sesión maxistrais serán impartidas polos profesores responsables da asignatura e persoas relevantes de cada unha das materias convidadas para elo.

As sesións maxistrais consistirán exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é
tamén coñecida como ?conferencia?, ?método expositivo? ou ?lección
maxistral?. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección
impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido
que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da
palabra como vía de transmisión da información á audiencia

En su caso se realizarán por videoconferencia.
Traballos tutelados O alumnado ten que elaborar en expoñer en clase dous traballos sobre diferentes temas da materia preelixidos. O traballo se realizará en grupo de cinco persoas ós que se lle asignará un tema a cada un de xeito aleatorio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Discusión dirixida: Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo
discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.

Estudo de casos: Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha
situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e
resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.

O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Presentación oral: Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe
baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Proba obxectiva: Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.

Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar
coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia,etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Sesión maxistral: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou
?lección maxistral?. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Traballos tutelados: Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas.

Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A5 A12 A13 A18 B16 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
15
Presentación oral A5 A13 A18 A19 A27 A28 A29 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
10
Proba obxectiva A19 C1 C7 Todo o alumnado debe facer a proba obxectiva. Os alumnos que NON opten pola evaluación contínua, realizarán a proba obxectiva ao rematar o curso, na data establecida para o examen da asignatura. A nota desta proba será a da asignatura, e se valorará entre 0 e 10. No caso dos estudantes da avaliación continúa a nota da proba obxectiva se puntuará de 0 a 10 e acadará ata un máximo do 60% da nota final.

Obter a metade dos puntos é condición necesaria para aprobar a asignatura.

O exame consistirá nunha serie de pregunta sobre os materiais expostos na clase que deberán ser desenvoltas polos estudantes
40
Sesión maxistral A27 A28 A29 A31 B2 B3 B13 B14 C2 C3 C4 C5 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de motivarlles nas accións de localización e discriminación da información útil e necesaria para adquirir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como
?conferencia?, ?método expositivo? ou ?lección maxistral?. Esta última modalidade adóitase
reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais,

cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo
da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
15
Traballos tutelados A12 A13 A18 A19 A27 A28 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C4 C5 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo
a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida
prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada
na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente
dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
20
 
Observacións avaliación

Os alumnos utilizarán a ferramenta Moodle para poder desenvolver as metodoloxías didácticas que o profesor da materia considere oportunas.

ALUMNADO XERAL (SIN DISPENSA DE DOCENCIA)

Tanto na primeira como na segunda convocatoria a cualificación do alumnado é o resultado da suma da cualificación obtida na súa avaliación continua (60%) e a cualificación da proba obxectiva (40%), sendo necesario acadar un mínimo do 50% na proba obxectiva para superar a materia. De non conseguir o 50% do total na proba obxectiva, a avaliación constará suspensa na convocatoria correspondente.

O alumnado sen despensa de docencia conservará a súa cualificación de parte de avaliación continua (60%): sesión maxistral, traballos tutelados, presentación oral e discusión dirixida, para a segunda convocatoria.

ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA 

O alumnado con dispensa de docencia concedida de forma EXPRESA deberá comunicalo ao profesorado mediante correo electrónico no momento no que a dispensa lle sexa concedida, e deberá confirmar co persoal docente que este está ao corrente da situación de dispensa.

Neste caso a cualificación acadarase, tanto na primeira como na segunda oportunidade, por medio dunha proba obxectiva que terá un valor do 100% da materia, esta proba basearase nos contidos tanto teóricos como prácticos da materia, e será preciso acadar un mínimo do 50% do valor da proba para obter a calificación de APTO. De non conseguir o 50% do total na proba obxectiva, a avaliación constará suspensa na convocatoria correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica SAMPERE NAVARRO, AV; CANO GALAN, Y; CHARRO BAENA,P; SAN MARTIN MAZZUCCONI,C. (). Polïticas Sociolaborales. Tecnos
CABEZA PEREIRO JAIME (2014). POLITICAS SOCIOLABORALES. ARANZADI.MADRID
RUÍZ VIÑALS (2004). Políticas Sociolaborales. Un enfoque multicisciplinar. UOC

Os manuais de referencia atópanse na biblioteca virtual do centro.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia Social e Política contemporánea/660G01009
Economía do Traballo/660G01027
Estrutura Social/660G01036

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estrutura Social/660G01036

Observacións

Dedicar todos os días como mínimo, dúas horas diarias ao estudo teórico-práctico da materia. Traballar en equipo no estudo e resolución dos traballos prácticos propostos polo profesor. Facer uso da titorías personalizadas para resolver dúbidas. Utilizar a bibliografía recomendada polo profesorado

 

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías