Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Social do Traballo Código 660G01039
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Profesorado
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Web
Descrición xeral Historia da evolución do mundo do traballo, con especial referencia á España contemporánea para poder entender mellor as dinámicas e políticas sociolaborais actuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Presentación inicial
Lecturas
Obradoiro
Presentación oral
Prácticas a través de tics

*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba mixta

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: De luns a venres.De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Para colgar as presentacións e as tarefas.
– Teams: 1 sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e de seguido, 1 sesión para as práctica na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de horarios da Erlac. Tamén disporán a continuación de 1 hora de titoría para atender consultas por mail ou teams.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia

4. Modificacións na avaliación
Probas mixtas (ata 40%) ao final de cada tema na hora de clase asignada. Constarán de preguntas tipo test a elixir unha correcta entre 3 e preguntas cortas.O alumnado que non teña todas as probas mixtas realizadas poderá facer unha proba final xeral na data indicada como exame final (40%)
Traballos tutelados (30%)
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
Prácticas e traballos de clase ata 30%. Cunha data concreta de entrega e alguns deles a expor na hora de clase virtual

*Observacións de avaliación:

1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
para aprobar haberá que sacar un 5 entre os traballos de clase, o traballo de curso e as probas mixtas

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (30%).
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. (30%)
3- probas mixtas por temas ou proba mixta final na convocatoria de xaneiro ( ata 40%)

4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xaneiro,


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

non hai modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A2 Marco normativo regulador da Seguridade Social e da protección social complementaria.
A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais.
A12 Historia das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Marco normativo regulador das relacións laborais. A1
Marco normativo regulador da Seguridade Social e da protección social complementaria. A2
Saúde laboral e prevención de riscos laborais A3
Historia das relacións laborais A12
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A13
Capacidade de análise e síntese B2
Razoamento crítico B8
Traballo en equipos. B9
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: A Historia Social do Traballo Concepto e método
Consideración social do traballo a través da historia
Tema 2: O traballo nas sociedades preindustriais
O traballo no mundo antiguo
A ordenación do traballo na sociedade medieval: servidumbre e gremios
O traballo na sociedade moderna: inicios do capitalismo mercantil, as manufacturas e o "domestic system"
Tema 3: A ordenación do traballo a partir da revolución industrial A revolución industrial e as súas consecuencias sociais
Concepto de clase social
Características da sociedade de clases
Os cambios sociais da España Contemporánea
Tema 4: Os comezos do movemento obreiro en España Unha industrialización incipiente
Os primeiros conflitos
As repercusións da Internacional
O ascenso do grupo socialista
Os últimos anos do século XIX


Tema 5: O traballo na España do século XX O século XX: a España dos contrastes
A semana tráxica e o trienio bolchevique
O panorama sociolaboral durante a dictadura de Primo de Rivera
Os cambios laborais da Segunda República
A Guerra Civil e o mundo do traballo
Tema 6:As relacións laborais durante o Franquismo As reglamentacións laborais, Previsión Social e Mutualismo laboral durante o período autárquico
O sistema sindical
A liberalización económica: o plan de estabilización e a reforma da orde xurídica-política do Estado: A ley de contratos de traballo e as bases da Seguridade Social
Tema 7: O movemento obreiro en Galicia Os comezos do século XIX
A consolidación do século XX
A creación dos primeiros sindicatos nacionalistas
Tema 8:O traballo na época actual A transición democrática en España: O novo sistema de relacións laborais e da seguridade social
As transformacións sociais, as novas tecnoloxías e a nova organización do traballo
Crisis e globalización económica: os novos retos
As reformas laborais en España e en Europa

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C8 0 10 10
Obradoiro A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 0 20 20
Presentación oral A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 0 16 16
Prácticas a través de TIC A1 A2 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 0 40 40
Actividades iniciais A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 0 2 2
Proba mixta A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 0 25 25
Sesión maxistral A1 A2 A12 A13 B2 B8 C4 C6 C8 0 25 25
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Comentarase en grupos reducidos cos estudantes, o contido das lecturas recomendadas para facilitar a súa asimilación
Obradoiro os estudantes presentarán e debatirán en equipo os temas seleccionados para o seu estudo en profundidade
Presentación oral Exposiciòn na aula do traballo de grupo ou individual elexido, utilizando unha presentación
Prácticas a través de TIC Na aula informática realizaránse traballos de búsqueda de información, fontes, interpretación de datos, etc
Actividades iniciais Exposición aos alumnos do programa da asignatura, traballos propostos, criterios de evaluación. Os alumnos comezan a elixir xa o tema do seu primer traballo
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectiva, recolle preguntas de resposta breve e de resposta múltiple.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Actividades iniciais
Proba mixta
Descrición
Para facilitar a comprensión dos estudantes discutirase na clase virtual a interpretación e significado dos textos e material de información.

Comentarase as lecturas recomendadas. Ademais realizarase un seguimiento personalizado da aprendizaxe con resolución de dúbidas e recomendacións da profesora na hora de titoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C8 traballarase nas clases prácticas sobre as lecturas recomendadas 5
Obradoiro A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 Os estudantes, ben de forma individual ou en grupo (máximo de 3 alumnos) elixiran un tema (tras acordalo coa profesora) para o seu estudo en profundidade 20
Presentación oral A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 Os traballos deberánse expor virtualmente utilizando presentacións e deberán de intervir todos os integrantes do grupo. 10
Prácticas a través de TIC A1 A2 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 Realización de exercicios de clase, presentacións, búsqueda de información, interpretación de datos, etc. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 preguntas de resposta múltiple e resposta breve 40
 
Observacións avaliación

-A suma das notas obtidas nos seguintes apartados ha de superar os 5 puntos.

- traballos de clase, comentarios de textos, documentos, gráficas etc  e algún deles requiren da súa presentación ou debate dentro da aula virtual para ser calificados(máximo 3 puntos)

- traballo de curso: sobre o temario da asignatura. O tema e estructura do mesmo se acordará previamente coa profesora e é obrigatorio a súa exposición na aula virtual. (máximo 3 puntos)

-exame: se farán probas de resposta múltiple e preguntas cortas por cada tema.(máximo 4 puntos)


Fontes de información
Bibliografía básica González Muñiz, M.A. (1975). Aproximación a la Historia Social del Trabajo. Madrid, Jucar
Villares R. y Bahamonde, A. (2001). El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX. Madrid: Taurus
Castillo, S. (Coord.) (1996). El trabajo a través de la historia. Madrid: Asociación Historia Social
Espina,A.,Fina LL. y Sáez,F. (1985). Estudios de Economía del trabajo en España. Salarios y política de rentas. Madrid: M.T.S.S
De Juana, J. y Prada, J. (eds) (2005). Historia Contemporánea de Galicia. Barcelona:Ariel
Tuñón de Lara, M. (1972). Historia de España, Tomo XXIII, textos y documentos. Barcelona:Labor
Barreiro Fernández, XR. (1981). Historia de Galicia (Edad Contemporánea). Vigo: Galaxia
Hobsbawm, E. (2001). Historia del siglo XX, 1914-1991. Barcelona: Crítica
Carreras A. y Tafunell,X. (2010). Historia Económica de la España Contemporánea 1789-2009. Barcelona:Crítica
Arenas Posadas, C. (2003). Historia Económica del Trabajo . Madrid:Tecnos
Jaccard,P. (1971). Historia Social del Trabajo de la antigüedad hasta nuestros días. Barcelona:Plaza y Janés
Vilar Rodríguez, M (2010). La cobertura social al marqen del Estado: asociacionismo obrero y sociedades mutuas en Galicia 1839-1935. La Rioja: Dialnet
Aizpiru,M. y Rivera,A. (1994). Manual de Historia Social del Trabajo. Madrid:Siglo XXI
Galán García,A.,Gómez Urdañez, G. e Moreno Fernández, J.R. (2003). Materiales para la historia de las Relaciones Laborales. Madrid: Tecnos
Sarasúa, C. (2006). Trabajo y trabajadores en la España del siglo XIX. Barcelona:Ariel

Bibliografía complementaria Termes, J. (1972). Anarquismo y sindicalismo en España. Barcelona, Ariel
Ashford, D.E. (1989). De la aparición de los Estados del Bienestar. Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social
Giner, S. (2002). Historia del Pensamiento Social. Barcelona: Ariel
Carro Igelmo,A.J. (1982). Historia social del Trabajo . Barcelona, Bosch
López Morán, B. y Barreiro Fernández, X.R (2013). La Asociación General Patronal de A Coruña y la Conflictividad Obrera en la Segunda República (1931-1936. A Coruña: Librería Arenas
Pardo Bazán, E. (1975). La Tribuna. Madrid, Cátedra
Sánchez Jiménez, J. (1992). Las claves del movimiento obrero 1830-1930. Barcelona, Planeta
Arenas, C.; Florencio, A. y Martínez, J.L. (1998). Mercado y Organización del Trabajo en España. Sevilla, Atril
V.V.A.A. (1990). O movemento obreiro en Galicia. Vigo, Xerais


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia Social e Política contemporánea/660G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías