Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Valoración Contable Código 660G01045
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Pereira Pardo, María del Carmen
Correo electrónico
mpereirapardo@erlac.es
Profesorado
Pereira Pardo, María del Carmen
Correo electrónico
mpereirapardo@erlac.es
Web
Descrición xeral O obxetivo desta asignatura e lograr que o alumno adquira os coñecementos teóricos e prácticos nos seguintes ámbitos: 1) Valoración contable; 2) Construir e analizar os principais estados contables; 3) Analizar e sacar conclusións a partir da información económico-financiera; y 4) Comprender e utilizar as principais ferramentas e conceptos no ámbito das finanzas operativas e estructurais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Economía e mercado de traballo.
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A19 Identificar as fontes de información económica e o seu contido.
A25 Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A34 Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Habilidades nas relacións interpersoais.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A través dos rexistros contables analizar a situación e previsible evolución dunha empresa A10
A19
B2
C3
Realizar informes baseados na información económico-financeira sobre empresas, sectores e mercados A6
A19
B4
Identificar as fontes de información relevantes neste ámbito de estudo A19
B6
B8
Adquirir os coñecementos e ferramentas para a planificación financeira dunha empresa e das habilidades para comunicala eficazmente A31
B9
Adquirir os recursos esenciais para elaborar e defender tanto un plan de empresa coma financeiro A35
B3
B9
B14
Adquirir as habilidades necesarias para traballar en equipo. B7
B9
B13
Coñecer en profundidade as normas contables e os estados financeiros. A13
B2
Rexistrar contablemente e interpretar calquera operación económica. A14
B2
B4
Elaborar, interpretar e expoñer con soltura información financeira, e moi especialmente para a dirección. A34
B2
B3
B4
C1
Xestión da planificación, control, métodos e ferramentas no eido da contabilidade e finanzas A25
B2
B3
B4
B12
Coñecemento e uso dos instrumentos apropiados para a análise do entorno empresarial A19
A31
B2
Exposición de información relevante para o público non especialista no ámbito financeiro A19
B4

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCCIÓN .
PARTE I: VALORACIÓN CONTABLE 1. A normalización contable en España
2. Créditos por operación comerciais
3. Existencias
4. O activo no corriente no financeiro
5. Inversións financeiras
6. Fontes de financiamento propias
7. Fontes de financiamento axenas
8. Ingresos plurianuais e provisións para riscos e gastos
9. IVA e Imposto sobre sociedades
PARTE II: A INFORMACIÓN PARA O ANÁLISE FINANCEIRO 1. O balance
2. A conta de perdas e ganancias
3. O estado de cambios no patrimonio neto
4. o estado de fluxos de tesouraría
5. A memoria e o informe de xestión
6. Información intermedia e segmentada
PARTE III: ANÁLISE A TRAVÉS DA INFORMACIÓN ECONÓMICO-FINANCEIRA 1. O fondo de manobra
2. O equilibrio financeiro
3. Ratios
4. O albor de rendibilidade
5. Rendibilidade económica e financeira
PARTE IV: FINANZAS PARA A DIRECCIÓN 1. Finanzas operativas
2. Finanzas estruturais
3. O control de xestión financeiro

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A10 A14 A18 A19 A25 A31 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B13 C1 28 20 48
Solución de problemas A10 A13 A18 A19 A31 B1 B2 B3 B4 B6 B9 C1 24 22 46
Traballos tutelados A10 A18 A19 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B12 B14 C1 C3 10 20 30
Presentación oral A31 B2 B3 B4 C1 2 2 4
Proba obxectiva A10 A18 A19 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B8 C1 2 18 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicaranse os contidos que integran o marco teórico da materia mediante a exposición oral e o uso de medios audiovisuais coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Solución de problemas A solución de problemas tratarán sobre situacións reais que supoñan o desenvolvemento e aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos polos alumnos nas sesións maxistráis.
Traballos tutelados Realizarase por grupos un análise económico-financeiro dunha empresa real, aplicándose os coñecementos adquiridos na asignatura.
Presentación oral Exposición oral do traballo tutelado realizado ao longo do curso mediante o apoio de medios audiovisuais.
Proba obxectiva Realización dun exame final a través dunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos, prácticos ou teorico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos nas sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Resolución das cuestións plantexadas polo alumnado en relación ca materia explicada na clase.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 A13 A18 A19 A31 B1 B2 B3 B4 B6 B9 C1 Valorarase o rigor metodolóxico e a utilización dos conceptos e recursos explicados na clase. 20
Proba obxectiva A10 A18 A19 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B8 C1 Para aprobar a materia é imprescindible que o alumno alcance o 50% do exame final. 40
Traballos tutelados A10 A18 A19 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B12 B14 C1 C3 Realización por grupos un análise económico-financiero dunha empresa real, aplicándose os coñecementos adquiridos na asignatura. 30
Presentación oral A31 B2 B3 B4 C1 Valorarase en conxunto a capacidade expositiva e de defensa dos argumentos expostos. 10
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación realizarase segundo o establecido no apartado anterior. ESto é, a través da resolución de problemas (20%), traballo tutelado (30%), presentación oral (10%) e proba obxectiva (40%). Para que o resto de cualificacións poidan sumarse á cualificación obtida no exame, é imprescindible que o alumno alcance o 50% da cualificación do exame final.

Na convocatoria de Xullo realizarase a proba obxectiva e, se se supera o 50% nesta proba escrita, sumaráselle a cualificación obtida nos traballos tutelados, presentación oral e estudo de casos obtidos durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Cervera, M.; González, A.; Romano, J. (2008): "Contabilidad financiera (adaptada al nuevo PGC)" CEF, Madrid.

Durbán, S.; Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009): "Planificación financiera en la práctica empresarial" Pirámide, Madrid.

Esteo, F. (2003): "Análisis de estados financieros, planificación y control", CEF, Madrid.

Gómez, A.; Alcaraz, F.; Rodríguez, P. (2009): "Supuestos de contabilidad para pymes" Pearson, Madrid.

González, J. (2011): "Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera" Pirámide, Madrid, 4ª Ed.

Guajardo, G. (2014): "Contabilidad financiera" McGraw-Hill, México, 6ª Ed.

Hardford, J.; Berk, J.; DeMarzo, P. (2010): "Fundamentos de finanzas corporativas" Pearson, Madrid.

Horngren, C. T. (2010): "Contabilidad" Pearson, México.

Larrán, M. (Coord.) (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera" Pirámide, Madrid.

Mascareñas, J. (2010): "Finanzas para directivos" Pearson, Madrid.

Muñoz Jiménez, J. (Coord.) (2008): "Contabilidad financiera" Pearson, Madrid.

Rivero, J. (2008): "Contabilidad Financiera", Edisofer, Madrid.




Bibliografía complementaria

Arnold, G. (2008): "Corporate Financial Management" Prentice Hall, Harlow, 4th Ed.

Brealey, R.; Myers, S.; Allen, F. (2010): "Principios de Finanzas Corporativas" McGraw-Hill, 9ª Ed.

Bonsón, E.; Cortijo, V.; Flores, F. (2009): Análisis de estados financieros. Fundamentos teóricos y casos prácticos" Pearson, Madrid.

Losilla, M.F.; Moreno, A.; Rodríguez, F. (2011): "Prácticas de contabilidad financiera", Garceta, Madrid.

Martin, J.; Titman S. (2009): "Valoración. El arte y la ciencia de las decisiones de inversión corporativa" Pearson, Madrid.

Rivero, P. (2009): "Análisis de balances y estados complementarios" Pirámide, Madrid, 2ª Ed.

Rivero, P. (Coord.) (2012): "Análisis de balances y estados complementarios. Ejercicios resueltos y comentados" Pirámide, Madrid.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Economía/660G01002
Organización de Empresa/660G01003
Economía e Empresa/660G01007
Contabilidade/660G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías