Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 660G01046
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Optativa 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Vázquez Forno, Jesús
Correo electrónico
jesus.vazquez@udc.es
Profesorado
Perez Santalla, Iago
Vázquez Forno, Jesús
Correo electrónico
iago.perez.santalla@col.udc.es
jesus.vazquez@udc.es
Web http://www.rrll.udc.es
Descrición xeral A asignatura de prácticas externas ten por finalidade proporcionar os alumnos as metodoloxías e as competencias necesarias para poder exercer o seu rol profesional unha vez rematada a titulación de grao en relacións laborais e recursos humanos así como ter a capacidade de elaborar un plan de negocio que servira para levar calquera iniciativa empresarial á práctica. A información relativa a esta asignatura pode consultarse na normativa vixente aprobada en xunta de centro o día 6 de setembro de 2013 que regula as prácticas en empresa.

Por outra parte a asignatura tamén ten como obxecto a formacióne teórica imprenscidible para una indagación interior que permita o estudante construirse profesional e persoalmente para acceder a unha vida plena, así como fortalecer as competencias psicosociais e emocionais que lle faciliten a relación co entorno profesional, desenvolvendo a interdependencia e cooperación que leven á construcción de proxectos colectivos para un ben común

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A21 Realizar análises e diagnósticos, prestar apoio e tomar decisións en materia de estrutura organizativa, organización do traballo, estudo de métodos e estudo de tempos de traballo.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A34 Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B4 Capacidade de xestión da información.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar os coñecementos á práctica. A31
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A13
Realizar análises e diagnósticos, prestar apoio e tomar decisións en materia de estrutura organizativa, organización do traballo, estudo de métodos e estudo de tempos de traballo. A21
Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais. A34
A35
Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. A35
Resolución de problemas B1
Capacidade de xestión da información. B4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C8

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos das prácticas externas na empresa a desenvolver polo estudante fixaranse de común acordo co titor da empresa e se refrexarán no contrato individual das prácticas Definidos no programa de cada practica
Na parte teórica o alumno desenvolverá os seguintes contidos


1. Autocoñecemento e proxecto vital
2. Comunicación
3. Liderazgo e traballo en equipo
4.- Análise da realidade
5. Leituras

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A13 A34 B1 B4 4 0 4
Seminario A13 A21 A34 A35 B1 C5 C8 60 40 100
Traballos tutelados A31 B1 B4 196 0 196
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realizaránse 2 exames (2 puntos cada un) un ao final de cada cuadrimestre (data aínda por determinar) para avaliar os contidos prácticos e teóricos traballados na aula. Tamén se avaliarán no exame a leitura de:

"De Roncesvalles a Compostela", un percorrido por valores habilidades, recursos e actitudes (cuadrimestre) de Iago Santalla.

"O Principiño"
Seminario A metodoloxía a seguir será a de explicar cómo se elabora un plan de negocio e posteriormente os estudantes deberán de elaborar un aplicado a unha iniciativa empresarial. Este plan de negocio poderase facer en grupos.

A asistencia a clase e participación valorarse 1 punto
Traballos tutelados A metodoloxia desenvolvida nas prácticas externas corre a cargo da empresa, en función do Plan Formativo e das características e organización da mesma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
As prácticas está titorizadas por un responsable da entidade destinataria das mesmas e un seguemento por parte dun profesor do centro. E obrigatoria a asistencia á titoría de prácticas en empresa fixada polo centro que para o curso 2013/2014 o será en horario de 16:30 ás 17:30 horas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A31 B1 B4 A avaliación das prácticas externas farase a partir dun informe emitido polo titor da organización onde se realicen e da memoria de prácticas elaborada polo estudante que será avaliada polo titor académico, así como da súa asistencia e participación nas titorias.
Para acadar o aprobado a valoración de ambos aspectos deberá ter a cualificación de apto.
Na cualificación final o informe do titor da empresa representará o 40% da nota. O titor académico das prácticas externas ponderará nun 10%.
50
Seminario A13 A21 A34 A35 B1 C5 C8 A asistencia os seminarios é obrigatoria e a participación valorarase nun punto na nota final. 10
Proba obxectiva A13 A34 B1 B4 Realizaránse dos exames (2 puntos cada un), un o final de cada cuadrimestre (data por determinar) para avaliar os contidos prácticos e teóricos traballados na aula. Tamén se avaliará no exame a leitura de:

De Roncesvalles a Compostela: un percorrido polos valores, habilidades, recursos e aptitudes (1 cuadrimestre)

40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Castelao, A. (1931). Album Nos e Debuxos Negros.
Castel R. (1995). De la exclusión con estado a la vulnerabilidad como proceso. Cuadernos de Crítica de la Cultura. Archipiélago
Rivero, Manuel (2006). De Roncesvalles a Compostela: un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitutdes. http://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/content/de-roncesvalles--compostela-un-recorrido-por-val
Cascón P (2001). Educar en y para el Conflicto. Facultad de Ciencias de la Educación. Universidad Autónoma de Barcelona
De Sanit-Exupery (2012). El principito. Http:bibliotecadigital.ilce.edu.mx/Colecciones/ObrasClasicas/_docs/ElPrincipito.pdf
Goleman D (2010). Inteligencia emocional. Barcelona, España Kairós
Covey, S.R. (2008). Los 7 hábitos de la gente altamente efectiva. Paidos. Barcelona. España
Covey, S.R. y Roger (2011). Primero lo Primero. Paidos. Barcelona. España

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É recomendable participar cunha mentalidade aberta, dispota á reflexión, a análise e permeable ó cambio. 

Valórase que se tente a cada momento a cohesión do grupo, establecendo empatía e confianza que resultará fundamental para o desenvolvemento das tarefas propostas. 

Dado que o alumnado de prácticas externas está rematando o grado en RRLL e RRHH, ofréceselle asemesmo axuda para planificarse e mellorar determinadas actitudes. Dende o coaching pode recibir apoio nos seguintes ámbitos. 

1.- Autocoñecemento

2.- Planificación do estudo

3.- Xestión do tempo

4.- Valoración de aptitudes e actitudes profesionais

5.- Detección e valoración de oportunidades

6.- Mellora do CV

7.- Preparación e ensaio da presentación do TFG a nivel formal e discursivo

8.- Toma de decisións

9.- Análise de confictos.

Entregaráselle ao alumnado unha avaliación inicial que permita coñecer os seus intereses, inquedanzas e obxectivos. A partir de aquí, cada persoa poderá traballar os aspectos que máis lle interesen ou aqueles que, para ela se sexan prioritarios



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías