Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado Código 661G01016
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Alvarez Rocha, Luis
Alvarez Rocha, Luis
Correo electrónico
luis.alvarez.rocha@udc.es
luis.alvarez.rocha1@udc.es
Profesorado
Alvarez Rocha, Luis
Correo electrónico
luis.alvarez.rocha1@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é conseguir que o alumnado, mediante un proceso de aprendizaxe, adquira as competencias que lle permitan estudar o marco legal de referencia básico no noso ordenamento xurídico relativo a toda intervención no terreo da saúde, coñecer as normas e as obrigas profesionais e descubrir os conflitos éticos que poidan xurdir na práctica clínica diaria das profesións sanitarias e da enfermaría en particular, e ademais analizalos criticamente para tomar decisións que sexan eticamente consistentes e lle permitan afrontar e encarrilar os dilemas que se lle poidan formular en relación coa atención do usuario e co propio desenvolvemento profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A56 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
A57 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
A58 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e aceptar as condicións éticas legais e profesionais que conforman a práctica de enfermaría. A56
A57
B2
B3
B6
C1
C7
Recoñecer os códigos deontolóxicos da profesión e normas legais de ámbito profesional, asi como a lexislación en materia de saúde. A56
A57
A58
B1
B4
B6
B16
B24
C1
C4
C7
C11
Identificar e xustificar o dereito á dignidade, privacidade, intimidade e conficencialidade das persoas con problemas de saúde. A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
C12
Identificar e defender o dereito á información, á autonomía na toma de decisións do usuario e a súa familia. A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
C11
C12
Interpretar e sintetizar críticamente as fontes de datos e a información que faciliten a libre elección do usuario. A56
A57
A58
B1
B2
B4
B5
B6
B8
B11
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
Identificar e utilizar intervencións enfermeiras no marco ético e deontológico da enfermaría A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE ÉTICA E MORAL. A BIOÉTICA E OS SEUS PRINCIPIOS ESPECÍFICOS TEMA 1: Fundamentos da ética
TEMA 2: A bioética
TEMA 3: Principios da bioética
ÉTICA CIVICA. DEREITOS FUNDAMENTAIS TEMA 1: Seguranza xurídica e dereitos
TEMA 2: A persoa
TEMA 3: Declaración Universal dos Dereiros Humans
ENFERMARÍA E ÉTICA PROFESIONAL. RESPONSABILIDADE ÉTICA E LEGAL. DILEMAS ÉTICOS NA PRÁCTICA PROFESIONAL TEMA 1: Bioética e enfermaría
TEMA 2: Responsabilidade e calidade dos coidados.
TEMA 3: Dereito á información
TEMA 4: Segredo profesional
TEMA 5: Aspectos éticos e legais o final da vida.
TEMA 6: Falecemento. Testamentos
TEMA 7: Protección de menores e incapacitados
TEMA 8: Atención aos doentes con SIDA
TEMA 9: O aborto
TEMA 10: Experimentación humana
TEMA 11: A responsabilidade e as súas clases
TEMA 12: Lexislación penal
TEMA 13: Formas de culpabilidade
TEMA 14: As lesións
TEMA 15: Consecuencias xurídicas do delito

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A56 A57 A58 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B11 C1 C4 C7 3 15 18
Sesión maxistral A56 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B8 B12 B16 B24 C3 C4 C6 C7 C11 C12 19 21 40
Presentación oral A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 C1 C3 C6 C7 C12 1 9 10
Estudo de casos A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 17 29 46
Proba mixta A56 A57 A58 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C4 C10 C11 C12 2 30 32
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Actividade na que os estudantes mediante a lectura dun conxunto de textos e documentación escrita analiza e/ou profundiza nos contidos traballados.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
Presentación oral Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/ resultados dos traballos.
Estudo de casos Actividade na que se sitúa os estudantes ante un caso (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos (habitualmente en grupo) para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos. E resolución páctica dun caso clínico (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Lecturas
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cas lecturas e os estudos de casos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos mesmos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.





Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Valorarase o resultado do traballo realizado tendo en conta a análise, interpretación, argumentación e conclusión ou solución da situación. 20
Lecturas A56 A57 A58 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B11 C1 C4 C7 Valorarase o traballo realizado tendo en conta a análise documental. 20
Proba mixta A56 A57 A58 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C4 C10 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de preguntas curtas, tipo test e casos clínicos, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 60 % da cualificación final. 60
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedara  suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas pola/o alumna/o segundo os criterios que estableza o profesor.


2ª oportunidade. Proba mixta 100% avaliación.


Adianto oportunidade. Proba mixta 100% avaliación


Estudantes con matricula parcial:


Proba mixta 60%


Lecturas 20% e Estudo de casos 20% (deberá presentalos o día acordado entre o profesor e o estudante a o longo do curso académico)


 


 


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:

ABEL I FABRE F. Bioética: origenes, presente y fúturo.Madrid: Mafre S.A.; 2001

ARROYO MP, CORTINA A, TORRALBA MJ, ZUGASTI J. Ética y Legislación enenfermería. Madrid: Interamericana; 1997.

CASADO M, editor. Materiales de Bioética y Derecho. Barcelona: Cedecs; 1996.

DIAZ-AMBRONA BARDAJI, Mª DOLORES; SERRANO GIL, ALFONSO et al. Introducción a la Enfermería legal. Madrid: Díaz de Santos; 2007

ESPEJO ARIAS Mª D, CASTILLA GARCIAA. Bioética en Ciencias de la Salud. Alcalá la Real: Asociación Alcalá; 2001.

GRACIA, DIEGO. Como arqueros al blanco. Estudios de Bioética. Madrid: Triacastela; 2004

GRACIA, D. Fundamentos de Bioética. Madrid: Eudema; 1989.

MEDINA CASTELLANO CD . Ética y Legislación.Madrid: Difusión Avances de Enfermería; 2000.

PALACIOS M, coordinador. Bioética 2000. Gijón: Sociedad Internacional de Bioética; 2000.

PÉREZ DEL CAMPO, MARIAM: Guía Jurídica. Manual del Tutor: Teoría y Práctica. FEDEMGA FEAPS GALICIA, 2006

SOCIEDAD VALENCIANA DE BIOÉTICA. Retos Actuales en Bioética. Valencia: Mainel Fundación; 2000.

TOMÁS GARRIDO GM. Manual de bioética .Barcelona: Ariel; 2006.

LEXISLACIÓN

Ley 14/1986 de 25 de Abril, General de Sanidade (B.O.E. 29-IV-86)

CONSEJO GENERAL DE ENFERMERÍA . Código Deontológico de la Enfermería Española. Madrid; Rivadeneyra; 1989

Ley 3/2001, de 28 de Maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes (dog 8-VI-2001)

Ley 41/2002, de 14 de Noviembre, básica reguladora de la autonomía del paciente y de derechos y obligaciones en materia de información y documentación clínica

Ley 16/2003, de 28 de Mayo, de cohesión y calidad del Sistema Nacional de Salud (B.O.E. 20-V-03)

Ley 44/2003, de 21 de Noviembre, de ordenación de las profesiones sanitarias (B.O.E. 22-XI-03)

Ley 55/2003, de 16 de Diciembre del Estatuto Marco del Personal Estatutario de los Servicios de Salud. (B.O.E. 17-XII-03)

Ley 3/2005, do 7 de Marzo, de modificación da Lei 3/2001, do 28 de Maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes (DOG 21-III-05)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Estancias Clinicas I/661G01025
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
Estancias Clinicas II/661G01026

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías