Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría clínica III Código 661G01017
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Pita Vizoso, Rosa
Correo electrónico
rosa.pita.vizoso@udc.es
Profesorado
Pita Vizoso, Rosa
Correo electrónico
rosa.pita.vizoso@udc.es
Web
Descrición xeral EL propósito de esta materia es capacitar al estudiante para identificar as alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptándoos ao ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

De non ser posible realizar as prácticas de laboratorio para a adquisición de habilidades relacionadas cos seguintes contidos: manexo de sistemas de ventilación mecánica, técnicas de soporte vital avanzado, sistemas de monitorización invasiva. Proporase que o seu desenvolvemento se realice durante as prácticas clínicas da materia de Estadías Clínicas V.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
Traballos tutelados
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Fanse modificación nas seguintes metodoloxías:
Sesión maxistral: Para o seu desenvolvemento utilizarase Teams, as sesións realizaranse en grupo completo ou reducido dependendo do tema a tratar. As sesións terán como finalidade resolver dúbidas relativas a bibliografía recomendada e a documentación exposta en Moodle .
Estudo de casos: Para o seu desenvolvemento utilizarase Teams ou Moodle.
Eliminase as prácticas de laboratorio.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: Resposta diaria as dúbidas presentadas.
Correo electrónico: As respostas realízanse de xeito individual e segundo as demandas do estudantado.
Teams: Sesión de resolución de dúbidas (1 ou 2 sesións semanais)
4. Modificacións na avaliación
Non se realizaran modificación nas metodoloxías de avaliación nin nas porcentaxes.
As metodoloxías desenvolveranse a través da plataforma Moodle ou Teams

*Observacións de avaliación:
Mantéñense os criterios descritos na guía docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións , os métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos. A34
B1
B3
B4
B6
B9
C1
C3
C11
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde, e os derivados de tratamentos, probas diagnóticas e procedementos terapeuticos. A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B15
B16
C1
C3
C6
C11
Identificar os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais en personas adultas problemas de saúde o os derivados de tratamentos, probas diagnosticas y procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C6
C8
C11
Planificar coidados de enfermaría en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B21
B24
C1
C3
C6
C7
C8
C10
C12
Identificar os procesos patoloxicos que desencadenan riscos vitais. A15
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B8
B9
B19
C1
C3
C11
Identificar as necesidades de coidados das persoas adultas en situación crítica e as súas familias e planificar coidados de enfermaría para as persoas adultas en situación crítica e as familias. A15
A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
B13
B14
B16
B21
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C12

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDÁCTICA I: ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PACIENTES CON ALTERACIÓNS NEUROLÓXICAS
TEMA 1. Técnicas diagnósticas en Neuroloxía
TEMA 2. Accidente cerebro-vascular agudo (ACVA)
TEMA 3. Síndrome menínxeo / Meninxite
TEMA 4. Epilepsias
TEMA 5. Esclerose múltiple
TEMA 6. Enfermidade de Párkinson
TEMA 7. Trastornos da transmisión neuromuscular. Miastenia gravis
TEMA 8. Neuropatías periféricas
TEMA 9. Tumores cerebrais
TEMA 10.Enfermidades da medula espiñal. Hernia de disco
TEMA 11. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións neurolóxicas. Problemas / diagnósticos de enfermaría máis frecuentes en doentes con alteracións neurolóxicas. Actividades específicas.
UNIDADE DIDÁCTICA II:
ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PACIENTES CON ALTERACIÓNS HEMATOLÓXICAS
TEMA 1. Xeneralidades
TEMA 2. Métodos diagnósticos
TEMA 3. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións hematolóxicas. Problemas/diagnósticos
de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
TEMA 4. Anemias
TEMA 5. Policitemias
TEMA 6. Leucemias
TEMA 7. Linfomas
TEMA 8. Neoplasia de células plasmáticas
TEMA 9. Aplasia medular
TEMA 10. Trastornos da hemostasia
UNIDADE DIDÁCTICA III:
ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PACIENTES CON ALTERACIÓNS CARDÍACAS
TEMA 1. Insuficiencia coronaria
TEMA 2. Insuficiencia cardíaca.
TEMA 3. Endocardite infecciosa
TEMA 4. Enfermidades do pericardio
TEMA 5. Tromboembolismo pulmonar.
TEMA 6. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións cardíacas. Problemas/diagnósticos
de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
UNIDADE DIDÁCTICA IV: ATENCIÓN DE ENFERMARÍA
A PACIENTES CON ALTERACIÓNS DA RESPOSTA INMUNOLÓXICA
TEMA 1. Xeneralidades
TEMA 2. Hipersensibilidade
TEMA 3. Autoinmunidade e enfermidades autoinmunes
TEMA 4. Síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Infección VIH/ SIDA
TEMA 5. Transplantes
TEMA 6. Enfermidades con base inmunolóxica
TEMA 7. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións da resposta inmune.Problemas/diagnósticos
de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
UNIDADE DIDÁCTICA V: ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PACIENTES CON ALTERACIÓNS DE PEL TEMA 1. Lesións elementais da pel
TEMA 2. Coidado de enfermaría a persoas con problemas dermatolóxicos
TEMA 4. Dermatite
TEMA 5. Procesos infecciosos
TEMA 6. Procesos inflamatorios
TEMA 7. Tumores cutáneos
UNIDADE DIDÁCTICA VI:
ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PACIENTES CON ALTERACIÓNS VISUAIS
TEMA 1. Métodos diagnósticos
TEMA 2. Principais alteracións da córnea
TEMA 3. Principais alteracións da úvea
TEMA 4. Principais alteracións do cristalino
TEMA 5. Principais alteracións da cámara anterior do ollo
TEMA 6. Principais alteracións da retina
TEMA 7. Principais alteracións das pálpebras
TEMA 8. Principais alteracións da conxuntiva
TEMA 9. Principais alteracións do aparato lacrimal
TEMA 10. Trastornos de refracción
TEMA 11. Estrabismo
TEMA 12. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións visuais .Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
UNIDADE DIDÁCTICA VII:
ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PACIENTES CON ALTERACIÓNS AUDITIVAS.
TEMA 1. Problemas de audición
TEMA 2. Trastornos de oído externo
TEMA 3. Trastornos do oído medio
TEMA 4. Trastornos do oído interno
TEMA 6. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións auditivas.Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
UNIDADE DIDÁCTICA VIII:
ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PERSOAS CON INTOXICACIÓNS.
TEMA 1: Intoxicacións
TEMA 2. Atención de enfermaría a persoas intoxicadas.
UNIDADE DIDÁCTICA IX:
ATENCIÓN DE ENFERMARÍA A PERSOAS EN ESTADO CRÍTICO.
TEMA 1. Unidades especiais de hospitalización
TEMA 2. Valoración e problemasde enfermaría frecuentes en persoas en situación crítica e as súas familias.
TEMA 3. O doente politraumatizado
TEMA 4. Traumatismo craneoencefálico
TEMA 5. Trastornos da conciencia. Comas
TEMA 6. Shock
TEMA 7. Insuficiencia respiratoria aguda
TEMA 8. Trastornos do ritmo cardíaco
TEMA 9. Atención de enfermaría a doentes con parada cardiorespiratoria


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B7 B8 B12 B14 B15 B16 B19 B24 C4 C7 C10 C11 26 26 52
Lecturas A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 0 10 10
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 1 15 16
Proba mixta A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 4 30 34
Prácticas de laboratorio A15 1 5 6
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 36 68 104
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso, .
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Nas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Prácticas de laboratorio Actividade na que o estudante a través da realización de actividades prácticas adquire destreza na realización de técnicas e procedementos de enfermaría. A asistencia é obrigatoria.
Estudo de casos Actividade na que sitúase os estudantes ante un caso clínico (situación real da actividade profesional) e deben ser capaces de analizar os feitos, comprender a situación e desenvolver as accións para previr ou resolver os problemas identificados

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizado relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados e o estudio de casos ten como finalidade orientar os estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a estas metodoloxías. O seguimento farase de forma individual, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual o estudante resolvera a situación de saúde descrita nun caso clínico. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos , a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a idoneidade das solucións formuladas.
Realizaranse probas escritas presenciais de resolución de casos durante o curso os meses previstos son: novembro, febreiro, abril . Cada proba puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
A nota desta metodoloxía será a media ponderada das probas realizadas, para a súa separación é preciso obter unha media de 5 sobre 10.
Esta proba suporá o 45 % da cualificación final.
.
45
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farse tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración , identificación de problemas (DdE e CP) e establecemento de prioridades, e selección de resultados e intervencións de enfermaría (NOC, NIC). Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. 15
Proba mixta A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de preguntas curtas e tipo test relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 40 % da cualificación final. 40
Prácticas de laboratorio A15 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. A superación lograrase cando o estudante adquira as habilidades e destrezas necesarias no desenvolvemento dos procedementos e técnicas. A avaliación dos coñecementos incluese nas preguntas da proba mixta. 0
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación
final para a superación da materia quedará suxeita as seguintes condicións:
será necesario obter unha cualificación mínima de 4,5 na proba mixta e traballos tutelados e no estudo de casos unha cualificación mímima de 5.

 

2ª oportunidade : respectarase a nota das
partes superadas na 1º oportunidade.

Estudantes cos metodoloxías non superadas: 

Proba
mixta 40%, estudo de casos 45%, as probas realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da segunda oportunidade.

Traballo tutelado 15%, deberá desenvolverse de xeito individual, a data de entrega será establecerase no período de avaliación da 2ª oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%
(inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de casos) 

Estudantes con matricula parcial: As metodoloxás e porcentaxes serán as mesmas, o traballo tutelado realizarese de xeito grupal ou individual segundo acordo previo có estudantado.


Fontes de información
Bibliografía básica PAMELA STISON HIDD, KATHLEEN DORMAN WAGNER. (1997). Enfermería clínica avanzada: atención a pacientes agudos.. Madrid: Síntesis
LEWIS SM, HEITKEMPER MM, DIRKSEN SR. (2004). Enfermería Medicoquirúrgica. Valoración y Cuidados de Problemas Clínicos (2 vol.. Madrid: Elsevier-Mosby
HARRISON. (2012). Principios de Medicina Interna (2 vol.). (18 ed.). Mexico DF.: McGraw-Hill Interamericana
BUTCHER HK, GM, DOCHTERMAN JM, WAGNER CM. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Ed. Elsevier. Madrid
MOORHEAD S, SWANSON E. JOHNSON M, MAAS ML, (2018). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Ed. Elsevier. Madrid
URDEN, STACY (2001). Cuidados Intensivos en Enfermería. . Madrid: Harcourt
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Ed. Elsevier. Barcelona
RICHARD DEAN SENKINS, STEPHAN JOHIN (2006). ECG en ejemplos. (2ª ed). Madrid: Elsevier
PÍRIZ CAMPOS R, DE LA FUENTE RAMOSM. (2001). Enfermería Médico-Quirúrgica. (3 vol.). Madrid: Difusión Avances en Enfermerí
LINDNER U, DUBIN D. (2005). Introducción a la electrocardiografía: Método autodidacta de interpretación de ECG.. Barcelona: Masson
FARRERAS / ROZMAN. (2012). Medicina Interna. (2 vol.). 12 ed. Barcelona: Elsevier
NANDA Internacional. (2018). NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2018-2020. . Ed. Elsevier. Madrid
(2006). Netter. Cardiología. . Barcelona: Masson
(2002). Planes de Cuidados. Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.. A Coruña
NANDA Internacional. (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos.. Barcelona. Elsevier.

En red: • Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias. • http://www.semicyuc.org • European Resuscitation Council • http://www.erc.edu/new • Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia • http://061.sergas.es • http://www.fisterra.com/ • http://biblioteca.sergas.es Revistas: • Enfermería clínica • Metas de Enfermería • Nursing • Rol de enfermería • Index de enfermería • Enfermería intensiva.

Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A. (2013). Manual de enfermería intensiva. Documenta Universitaria. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423

 

Martín-Romo Mejías, J. (Coord.). (2014). Actuación de Enfermería en urgencias (2a. ed.). Editorial ICB. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo I. Editorial CEP, S.L. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50560

 

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo II. Editorial CEP, S.L. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50561

 

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo III. Editorial CEP, S.L. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50562

 

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Editorial CEP, S.L. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50563

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Practicum/661G01032

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías