Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enfermaría materno-infantil Código 661G01018
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Rei Serra, Teresa
Grandio Ferreiro, M. Carmen
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
carmen.grandio@udc.es
Profesorado
Grandio Ferreiro, M. Carmen
Rei Serra, María Teresa
Correo electrónico
carmen.grandio@udc.es
teresa.rei.serra@udc.es
Web
Descrición xeral Rematado o proceso de ensino-aprendizaxe desta materia obrigatoria, pertencente ó módulo de Ciencias da Enfermaría, os estudantes deberán acadar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para:
- prestar coidados integrais á muller en aspectos coma a planificación familiar e a maternidade, alén da promoción e da prevención da saúde, mantendo unha actitude responsable e científica, e
- proporcionar coidados ó neno e á súa familia nas diferentes etapas de crecemento e desenvolvemento; incluíndo actividades de prevención das enfermidades nesta época da vida.

Competencias do título
Código Competencias do título
A40 Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar, proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
A41 Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
A42 Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato.
A43 Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
A44 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións.
A45 Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse.
A46 Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores.
A47 Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento.
A48 Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos padres ou coidadores primarios.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as características do neonato, da infancia e da adolescencia, e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. A42
A43
B1
C1
C11
Describir os principais procesos patolóxicos na idade neonatal, na infancia e na adolescencia, así coma as probas diagnósticas e os procedementos terapéuticos. A44
A47
B1
B3
B7
B9
B14
B15
C1
C11
Describir as necesidades de coidado do neno e da súa familia, identificando e priorizando os diagnósticos de enfermaría e as complicacións potenciais. Planificar coidados relacionados coa especificidade dos pacientes pediátricos e a súa contorna. A42
A44
A45
A47
A48
B1
B2
B3
B7
B9
B13
B14
B15
C1
C10
C11
Desenvolver habilidades na realización das técnicas e procedementos enfermeiros máis usuais na pediatría, a súa indicación e base científica. A46
A47
B3
B4
B9
C1
C7
C10
C12
Demostrar interés e sensibilidade pola infancia, a adolescencia e os seus problemas de saúde na sociedade actual. B14
B15
C7
C11
Describir o proceso de fecundación, implantación e desenvolvemento fetal ata o momento do nacemento. A40
B1
B3
B14
B15
C1
C7
Identificar as necesidades de coidado das mulleres nas diferentes etapas de xestación parto e puerperio. A40
A41
A42
A46
A48
B1
B2
B3
B7
B9
B10
B13
B14
B15
C1
C7
Planificar os coidados enfermeiros nas diferentes etapas da xestación, parto e puerperio A40
A41
A42
A46
A48
B1
B2
B3
B7
B9
B10
B13
B14
B15
C1
C7
C10
C11
Comprender os principais problemas de saúde reprodutiva. A40
A41
A42
A48
B1
B2
B3
C1
C7
Identificar os diferentes métodos anticonceptivos. A40
B1
B2
B9
C1
C7
Recoñecer as Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) máis frecuentes e as súas medidas de prevención. A40
B1
B2
B3
B7
B9
B13
B15
C1
C7
C12
Planificar coidados enfermeiros nas mulleres con cancro de mama e xinecolóxico. A40
B1
B2
B3
B7
B9
B13
B14
B15
C1
C7
C10
C11

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE I: REPRODUCIÓN HUMANA 1.Anatomía dos órganos reprodutores.
2.Fisioloxía do aparato reprodutor feminino e masculino.
3.Resposta sexual humana.
4.Gametoxénese, fecundación e implantación.
5.Control da fertilidade.
UNIDADE II: EMBARAZO. PROBLEMAS DE SAÚDE NO EMBARAZO 6.Períodos de desenvolvemento prenatal humano.
7. Evolución dos coidados na atención á muller e situación actual.
8.Descrición do embarazo. Coidados prenatais.
9. Problemas de saúde específicos na xestación.
UNIDADE III: PARTO E PUERPERIO 10.Traballo de parto.
11.Coidados da muller no parto.
12.A dor.
13.Parto distócico e intervencións obstétricas.
14.Atención inmediata do neonato na sala de partos.
15.O puerperio.
16.Problemas de saúde no parto e o puerperio.
17.Aspectos psicolóxicos da maternidade e da paternidade.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Coidados xerais da muller de parto. Casos prácticos e roll-playing.
Lactancia materna. Casos prácticos e roll-playing.
UNIDADE IV: XINECOLOXÍA 18.Prevención do cancro de mama e xinecolóxico.
19.A paciente xinecolóxica hospitalizada.
UNIDADE V: INTRODUCCIÓN Á ENFERMARÍA INFANTIL. 1. Evolución dos coidados infantís e situación actual.
2. Períodos da infancia.
3. O coidado do neno e da súa familia.
UNIDADE VI: COIDADOS DE ENFERMARÍA Ó NEONATO. 5. Adaptación á vida extrauterina.
6. Clasificación do neonato segundo peso e idade xestacional.
7. Valoración de enfermaría.
8. Coidados de enfermaría ó neonato san.
9. Coidados de enfermaría ó neonato de alto risco.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
Coidados básicos ó neonato.
UNIDADE VII: ATENCIÓN DE ENFERMARÍA Ó NENO SANO. 10. Crecemento e desenvolvemento do neno.
11. Inmunizacións en pediatría.
12. Alimentación complementaria.
13. Promoción da saúde ó longo das etapas: lactante, preescolar, escolar e adolescente.
14. Prevención de accidentes na infancia. Educación sanitaria.
UNIDADE IX: COIDADOS DE ENFERMARÍA Ó NENO CON PROBLEMAS DE SAÚDE. 15. O neno e a súa familia ante a enfermidade e a hospitalización. Características das unidades asistenciais pediátricas.
16. Comunicación co neno e coa súa familia.
17. A dor no neno: valoración e tratamento.
18. Signos e síntomas frecuentes na infancia: febre, vómitos, diarrea, convulsións e dor abdominal.
19. Coidados pre e postoperatorios.
20. Maltrato infantil.
21. Coidados paliativos en pediatría.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
Canalización de vías periféricas.
Obtención de mostras.
Preparación, dosificación e administración de fármacos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 3 60 63
Prácticas de laboratorio A40 A41 A42 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B7 B9 B10 B13 B14 B15 8 3 11
Traballos tutelados A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B9 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 4 20 24
Estudo de casos A40 A41 A42 A43 A44 A45 A47 B1 B2 B3 B9 B13 B15 C1 C7 14 27 41
Análise de fontes documentais A40 A41 A42 A43 A44 B1 B3 C7 C11 2 14 16
Lecturas A40 A41 A42 A43 A44 A48 B1 C1 C7 C11 0 4 4
Sesión maxistral A40 A41 A42 A43 A44 A45 A47 B7 B15 C1 C7 C10 C11 32 32 64
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta múltiple para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos.
Prácticas de laboratorio Actividade na que o estudante, a través da realización de actividades prácticas, adquire destreza nas técnicas e procedementos de enfermaría. A asistencia é obrigatoria.
Traballos tutelados Actividade na que os estudantes, de forma autónoma, profundizan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón, de xeito oral e con medios audiovisuais, os contidos teóricos da materia e a orientación bibliográfica dos mesmos, promovendo a discusión e participación activa do alumnado. Rematarase cada exposición cun resumo/conclusión dos puntos fundamentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de xeito individualizado, presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar ós estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas coas competencias da materia.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.

O exame, para calquera convocatoria, será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada tres mal, descontarase unha acertada.
As preguntas tipo test suporán un 50% da proba e as preguntas curtas o outro 50%. Será preciso acadar un mínimo nambas partes para ter superado a proba, a saber:
· 60% das respostas da parte tipo test (unha vez restadas as non acertadas)
· 50% das respostas da parte de preguntas de resposta curta.
60
Prácticas de laboratorio A40 A41 A42 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B7 B9 B10 B13 B14 B15 A asistencia as prácticas será obrigatoria no día e hora que corresponda. Levarase a cabo unha avaliación continua para valorar a participación activa, a aplicación de coñecementos teóricos, a demostración de habilidades na realización dos procedementos, o razoamento crítico e o interés pola aprendizaxe.
O profesor se reserva o dereito de realizar unha proba curta e/ou esixir un traballo a aqueles/as alumnos/as que considere non alcanzan un mínimo de competencia nesta metodoloxía.
10
Traballos tutelados A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B9 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos:
- O estudante exprésase e redacta con claridade, empregando léxico específico
- Manexa as fontes de información sanitaria
- Aplica os coñecementos teóricos
- Segue unha orde lóxica no discurso
- Relaciona conceptos/temas
- Ausencia de faltas de ortografía e de sintaxe
- Cita correctamente a bibliografía
- É creativo/innovador na elaboración do traballo escrito, mantendo as normas establecidas

Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos.
A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos.
30
 
Observacións avaliación
Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba mixta para a aplicación da porcentaxe na nota final.

Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha das partes: Maternal e Infantil.

Poderase realizar una avaliación parcial mediante unha proba escrita das
mesmas características á descrita na avaliación. De selo caso, acordarase a data segundo o desenvolvemento do programa.

Valorarase a presencialidade/asistencia e a participación activa (sesión maxistral, traballos de grupo, prácticas de laboratorio).

Dada a obrigatoriedade da presentación dos traballos tutelados, non terán opción de superar a materia na primeira oportunidade os estudantes que non presenten tódolos traballos, na forma e data indicada.

Avaliación 2º oportunidade
Proba mixta: ésta computará un 70%
Traballos tutelados: computarán o 30% e deberán ser entregados o día da realización da proba mixta.

Adianto de oportunidade
Proba mixta: ésta computará un 100%, incluíndo preguntas relativas ó desenvolvemento dos traballos tutelados.

Estudantes con matrícula parcial
Proba mixta: ésta computará un 70%.
Traballos tutelados: computarán o 30% e deberán ser entregados o día acordado entre o profesor e o estudante ó longo do curso académico.

Fontes de información
Bibliografía básica Fernández del Castillo, I. (2014). La nueva revolución del nacimiento. El camino hacia un nuevo paradigma.. Editorial Ob Stare.
Odent, M. (2007). El bebé es un mamífero.. Editorial Ob Stare
Smulders, B, Croon M. (2001). Embarazo seguro. La guía más completa y actual.. Ediciones Medici, SA
Torrens Sigalés RM (2009). Enfermería de la mujer. Madrid: Ediciones DAE
Seguranyes Guillot G. (2006). Enfermería Maternal. Barcelona: Masson
SERGAS: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=50019 (2007). Guías técnicas do Espazo da Muller.. sergas
Comité de Lactancia Materna de la AEP (2004). Lactancia Materna: Guía para profesionales. Madrid: AEP
Smulders, B (2002). Parto Seguro. Una guía completa.. Ediciones Medici, SA.
Usandizaga JA. (2008). Tratado de Obstetricia y Ginecología. Madrid: McGraw-Hill Interamericana

Bibliografía Enfermería Maternal

  • Fernández del Castillo, I. La nueva revolución del nacimiento. El camino hacia un nuevo paradigma. Editorial Ob Stare. 2014.
  • González, C. Un regalo para toda la vida. Guía de la lactancia materna. Temas de Hoy; 2012.
  • Gutiérrez L, Galleguillos, D. Dessarrollo del Vínculo de Apego en la díada Madre-Bebé prematuro, que parcticaron el Método Madre Canguro (MMC) en la Unidad de Neonatología del Hospital San José. Santiago de Chile. Tésis Doctoral. 2011.
  • Torrens Sigalés RM, Martinez Bueno C. Enfermería de la mujer. Madrid: Ediciones DAE grupo Paradigma;2009.
  • Liedloff, J. El Concepto del Continuum. Editorial Ob Stare. 4ª ed.2009
  • Claramubt, M.A. Parir sin miedo. El legado de Consuelo Ruiz Vélez-Frías. Editorial Ob Stare. 2009
  • Usandizaga JA. Tratado de obstetricia y ginecología. Vol.I. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2008.
  • Odent, M. El bebé es un mamífero. Editorial Ob Stare (2ª edic). 2007.
  • Seguranyes Guillot G. Enfermería Maternal. Barcelona: Masson SA; 2006.
  • Fernández del Castillo, I. La revolución del nacimiento. Ediciones Granica, SA. (edición en e-book). 2006.
  • Smulders, B. Parto Seguro. Una guía completa. Ediciones Medici, SA. 2002.
  • Smulders, B, Croon M. Embarazo seguro. La guía más completa y actual. Ediciones Medici, SA. 2001.
  • The Boston Women´s Health Book Collective. Nuestros cuerpos, nuestras vidas. Plaza & Janes Editores S.A. 2000.
  • Small, M.F. Nuestros hijos y nosotros. Ediciones B Argentina s.a. 1999.
  • Calais-Germain, B. El periné femenino y el parto. Anatomía para el movimiento. Editorial La Liebre de Marzo, S.L. 1998.

Enlaces de interés

  • http://portal.guiasalud.es/GPC/GPC_472_Parto_Normal_Aquas_compl_cat.pdf
  • www.guiasalud.es/GPC/GPC_560_Lactancia_Osteba_compl.pdf
  • www.redets.msssi.gob.es/documentos/GPCLactancia_mujeres_Osteba.pdf 

Bibliografía Enfermería Infantil

Enlaces de interés

Bibliografía complementaria Gutiérrez L, Galleguillos, D. (2011). Dessarrollo del Vínculo de Apego en la díada Madre-Bebé prematuro, que parcticaron el Método Madre Canguro (MMC) en la Unidad de Neonatología del Hospital San José.. Tesis Doctoral
Liedloff, J. (2009). El Concepto del Continuum.. Editorial Ob Stare.
Calais-Germain, B. (1998). El periné femenino y el parto. Anatomía para el movimiento.. Editorial La Liebre de Marzo, S.L.
The Boston Women´s Health Book Collective (2000). Nuestros cuerpos, nuestras vidas.. Plaza & Janes Editores S.A.
Small, M.F. (1999). Nuestros hijos y nosotros. Ediciones B Argentina S.A.
Claramubt, M.A (2009). Parir sin miedo. El legado de Consuelo Ruiz Vélez-Frías.. Editorial Ob Stare.
González, C. (2012). Un regalo para toda la vida. Guía de la lactancia materna.. Temas de Hoy

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Psicoloxía/661G01003
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Comunitaria II/661G01019

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías