Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Enfermaría Xerontolóxica Código 661G01020
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
Profesorado
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A Materia de Enfermaría Xerontolóxica ten como meta que o estudante adquira coñecementos, habilidades e actitudes sobre a problemática bio-psico-social dos maiores, o que o capacitará para dar coidados integrais de fomento da saúde, prevención da enfermidade, recuperación e rehabilitación física e social, así como o coñecememto das causas e das consecuencias do envellecemento individual e poboacional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A49 Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde.
A50 Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer.
A51 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores.
A52 Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B13 Toma de decisións.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir e utilizar conceptos relevantes sobre os procesos de envellecemento individual e colectivo tendo en conta a sua evolución e variabilidade dende unha perspectiva histórica, antropolóxica e social. A49
B1
B2
B8
C4
C12
Elexir e aplicar adecuadamente instrumentos de valoración e escalas específicas para as persoas maiores eo seu cuidador/a, demostrando capacidade e habilidade para realizar a valoración integral dos maiores utilizando referentes teóricos e evidencias científicas A49
A50
A51
A52
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C11
Analizar e discutir as diferenzas entre os cambios normais asociadas ao envellecemento de aqueles que son consecuencia dos procesos patolóxicos, relacionando estes cambios ca satisfacción das necesidades básicas. A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
Identificar os procesos de alteración da saúde mais prevalentes nas persoas maiores no medio comunitario e hospitalario, planificando e prestando coidados de enfermaría a través dun modelo enfermeiro e un proceso de intervención baseado na linguaxe estandarizada (NANDA, NIC, NOC) A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C11
Describir e analizar os distintos niveis e servizos asistenciais sanitarios e sociais identificando os recursos sociais existentes na comunidade e describindo como han de usarse tendo en conta ás necesidades das persoas maiores A49
A52
B1
B2
B3
B9
B13
C4
C10
C11
C12
Promover estilos de vida saudable e auto-coidado, apoiando o mantemento de comportamentos preventivos e terapéuticos que promovan a independencia, na satisfacción das necesidades básicas humanas e melloren a calidade de vida na vellez, describindo o medio ambiente axeitado para o benestar e protección dos maiores A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
C12

Contidos
Temas Subtemas
Unidade DidacticaI: Conceptos e Xeneralidades relacionados ca vellez Tema 1. Conceptos Xerais
Tema 2. Proceso de Envellecemento e Teorías
Tema 3. Demografía da ancianidade
Unidade Didactica II: Aspectos sociais, antropolóxicos e económicos do envellecemento Tema 4. Socioloxía da ancianidade
Tema 5. Aspectos Económicos da vellez
Tema 6. Entorno arquitectónico na calidade de vida das persoas maiores
Unidade Didactica III: A persoa maior san. Necesidades Básicas humanas asociadas ao proceso do envellecemento. Tema 7. Concepto de anciano san e anciano fráxil
Tema 8. Valoración de enfermería a persoa maior
Tema 9. Necesidade de osixenación
Tema 10. Necesidade de alimentación
Tema 11. Necesidade de eliminación
Tema 12. Necesidade de movemento
Tema 13. Necesidade de descanso e soño
Tema 14. Necesidade de manter a temperatura corporal
Tema 15. Necesidade de Comunicarse e de expresión sexual.
Unidade Didactica IV: A persoa maior enferma. Características das enfermidades no ancián. Procesos patolóxicos mais frecuentes Tema 16. Características das enfermidades do ancián
Tema 17. Terapéutica no ancián
Tema 18. ACV
Tema 19. Parkinsón
Tema 20. As Demencias
Unidade didactica V: A atención sociosanitaria en España Tema 21: Recursos formais e informais no coidado da persoa anciá con problemas de saúde y/o dependencia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A49 A50 A51 A52 B1 C4 26 26 52
Estudo de casos A49 A50 A51 A52 B1 B2 B3 B8 B9 B13 C10 C11 C12 14 21 35
Traballos tutelados A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 1 10 11
Proba mixta A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C10 2 28 30
Análise de fontes documentais A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B9 C4 2 5 7
Proba obxectiva A49 A50 A51 A52 B1 B2 B8 B9 B13 C4 C10 1 10 11
Actividades iniciais C4 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba obxectiva Tratarasese dunha "proba de coñecemento dos temas" a traves de metodoloxía on line co fin de facer avaliación continua.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba mixta
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, de forma presencial ou a través do correo electrónico, moodle ou da plataforma Teams.

A atención personalizada relacionada coa proba mixta e coa leccion maxistral ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, de modo presencial ou a través do correo electrónico, moodle ou da plataforma Teams.

A atención personalizada relacionada coa proba objectiva ten como finalidade orientar os estudantes na realización da mesma. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico. moodle ou da plataforma Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A49 A50 A51 A52 B1 B2 B3 B8 B9 B13 C10 C11 C12 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 10% da cualificación final. A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes criterios: valoración por necesidades básicas, Razoamento diagnóstico e planificación de resultados e intervencións de enfermaría.
Entregarase unha rúbrica ao estudantado cos criterios de avaliación.
A asistencia a os grupos de traballo será obrigatoria.





10
Traballos tutelados A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar.
Entregarase unha rúbrica ao estudantado cos criterios de avaliación do traballo tutelado.
20
Proba mixta A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C10 Proba escrita con pregunta curta, tipo test e a resolución de casos prácticos para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe das competencias.
Sendo condición indispensable para superar a materia haber superado o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 60% da cualificación final.
60
Proba obxectiva A49 A50 A51 A52 B1 B2 B8 B9 B13 C4 C10 Probas de coñecemento dos temas: Realizarase 1 proba por un ou varios temas, será tipo test, con 4 opcións de resposta, a través da plataforma Forms, relacionada con coñecementos dos temas.
Para a superación da materia será necesario a entrega do 100% das probas propostas.
Se non acadase o 100% da entrega dos test propostos impedirá a superación da materia.
10
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro).

·  As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).

·  Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que soliciten adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas curtas e estudos de casos, e suporá o 100% da nota.

·  Os estudantes que opten a matricula de honra deberán ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto de metodoloxías coa nota máxima.

·  Matricula de honra: será outorgada automáticamente aos estudantes que alcancen maior cualificación, sempre que sexa igual ou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse ós estudantes con mellor nota media nos estudos de casos e traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos estudos de casos e traballos tutelados adxudicaranse ós estudantes con mellor nota da proba mixta.

·  Os estudantes que non presenten os estudos de casos e/ou traballo tutelado e/o probas objectivas, obterán un no presentado, aínda que realicen a proba mixta.

·  Non presentado: no acta de cualificacións figurará como non presentado (NP) aquel estudante que non se presente a proba mixta final.       

·  A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

·  A entrega dos traballos tutelados, farase a través da plataforma Moodle na tarea asignada.

·  Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.


Fontes de información
Bibliografía básica Nursing. Edición española (). .
Enfermería Clínica (). .
Gerokomos (). .
Revista Española de Geriatría y Gerontología (). .
American Journal of Nursing (). .
D¨Hyver, Gutierrez Robledo LM. (2014). Geriatría. 3ª ed.. México: Editorial El Manual moderno
García Hernández M, Medina Aragón F J, Gallo Estrada J. (2011). Atención enfermera en los grandes síndromes geriátricos. Madrid: Fuden
Howard K. Butcher, ...[et al.] 7ª ed (2019). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona : Elsevier,
MOORHEAD S, JOHNSON M, MAAS ML, SWANSON E (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC) : medición de resultados en salud Edición 5ª ed . Madrid: Elsevier
Heather Herdman T (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2021-23. Barcelona: Elsevier España S. L
García Meilán JJ, Criado Gutierrez JM. (2017). Enfermedad de Alzheimer y otras demencias neurodegenerativas. Barcelona: Elsevier.
Charlotte Eliopoulos (2019). Enfermería Geriátrica y Gerontológica.9ª ed.. Barcelona: Wolters Kluwer
Willians PA. (2020). Enfermería Geriátrica. 7ª ed.. Barcelona: Elsevier.
García Hernández M, Martínez Sellares R. (2012). Enfermería y Envejecimiento. Barcelona: Elsevier Masson;
Millán Calenti (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e intervención. Madrid:Médica Panamericana
Luis Rodrigo MT. (2013). Los Diagnósticos Enfermeros. Revisión crítica y guía práctica. 9ª ed. Barcelona: Masson;
Gómez Batiste- Alentorn X, Amblâs Novellas j, Lasmarias MArtínez C, Calsina-Berna A. (2017). Manual de atención integral de personas con enfermedades crónicas avanzadas: aspectos clínicos.. Barcelona: Elsevier.
Bermejo C, Rodriguez J (2017). Manual terapéutico en Geriatria. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica PAnamericana
Abizanda Soler P, Cano Gutierrez C. et al. (2020). Medicina Geriátrica, una aproximación basada en problemas.2ª ed.. Madrid: Elsevier;
Rodríguez García R, Lazcano Botello G.A (2011). Práctica de la Geriatría. 3ª ed.. México: McGraw-Hill. Interamericana
Agüera Ortiz L, Martín Carrasco M, Sánchez Pérez M. (2021). Psiquiatría Geriátrica. 3ª ed.. Barcelona: Elsevier.
Cifu DX, LewHL, Oh-Park M. (2019). Rehabilitación Geriátrica. Barcelona: Elsevier.
Guillén Llera F, Pérez del Molino Martín J, Petidier Torregrosa R. (2008). Síndromes y cuidados en el paciente geriátrico. 2ª ed. Barcelona: Elsevier Masson;
Suñer Soler R. (2014). Tratado de Enfermería Neurológica. La persona, la enfermedad y los cuidados. 3ª ed.. Barcelona: Elsevier.
Abizanda Soler P, Rodríguez Mañas L. (2020). Tratado de Medicina Geriátrica. Fundamento de la atención sanitaria a los mayores.2ª ed.. Barcelona: Elsevier

Enlaces de interés:

https://www.nice.org.uk/guidance/ng97

https://www.nice.org.uk/guidance/ng71/resources/parkinsons-disease-in-adults-pdf-1837629189061

https://www.nice.org.uk/guidance/ng97/resources/dementia-assessment-management-and-support-for-people-living-with-dementia-and-their-carers-pdf-1837760199109

Fisterra;

http://www.fisterra.com/

https://www.fisterra.com/guias-clinicas/paciente-confuso

https://www.fisterra.com/guias-clinicas/enfermedad-parkinson/

https://www.fisterra.com/guias-clinicas/demencia-tipo-alzheimer/

www.guiasalud.es/:

https://portal.guiasalud.es/wp-content/uploads/2018/12/GPC_561_Enfermedad_Parkinson.pdf

https://portal.guiasalud.es/wp-content/uploads/2018/12/GPC_484_Alzheimer_AIAQS_compl.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/750G01001
Psicoloxía/750G01003
Fundamentos da Enfermaría/750G01007
Nutrición/750G01009
Farmacoloxía/750G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Estancias Clinicas I/750G01025
Estancias Clinicas II/750G01026
Enfermaría Clínica I/750G01034
Enfermaría Clínica II/750G01035
Fisioloxía/750G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/750G01017
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Estadías Clínicas III/750G01027

Materias que continúan o temario

Observacións
Esta materia ten en conta recomendación de :SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

-Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías