Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Enfermaría Laboral Código 661G01022
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rumbo Prieto, José María
Correo electrónico
jose.maria.rumbo@udc.es
Profesorado
Rumbo Prieto, José María
Correo electrónico
jose.maria.rumbo@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Con esta materia preténdese concienciar ao alumno/a sobre a relación entre traballo e saúde. Abordaranse principalmente aquelas formas e condicions laborais do persoal sanitario que poden influír negativamente na saúde e a identificación de riscos ocupacionais no ambito sanitario e como prevenilos

Competencias do título
Código Competencias do título
A28 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A56 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C13 CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir a normativa legal vixente en materia de saúde laboral e prevención de riscos laborais A29
A30
A38
A56
B6
B9
B12
B20
B21
C1
C7
C13
Diferenciar os riscos para a saúde derivados do traballo A28
A29
A30
A38
A56
B5
B7
B10
B12
C1
C6
C13
Identificar e aplicar os sistemas de avaliación e as medidas de prevención dos riscos para a saúde no ámbito laboral. A28
A29
A30
A38
A56
B5
B6
B7
B10
B12
B20
C6
C10
C13

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1. Conceptos xerais de Saúde laboral. Marco conceptual da enfermaría do traballo. 1.1. Conceptos xerais de traballo e saúde
1.2. Normativa legal sobre saúde laboral e xestión medioambiental
1.3. Marco conceptual e lexislativo da especialidade de enfermaría do traballo
Unidade 2: Área preventiva. Técnicas de prevención de riscos laborais 2.1. Seguridade no traballo
2.2. Hixiene industrial
2.3. Ergonomía e psicosocioloxía aplicada a prevención
Unidade 3. Promoción da saúde no traballo. Vixiancia da saúde 3.1. Modalidades de organización da saúde laboral
3.2. Promoción da saúde laboral
3.3. Exames de saúde e protocolos de vixiancia sanitaria
3.4. Vacunacións
Unidade 4: Alteracións da saúde e patoloxías de orixen laboral 4.1. Accidentes de traballo
4.2. Incapacidad laboral e invalidez
4.2. Enfermidades profesionais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A30 A38 A56 B5 B6 B12 B21 C6 4 20 24
Traballos tutelados A28 A29 A30 A38 A56 B5 B6 B7 B10 B12 B20 C1 C6 C7 C13 4 20 24
Proba mixta A29 A30 A38 A56 C1 C10 2 20 22
Estudo de casos A28 A29 A30 A38 A56 B5 B6 B9 B12 B20 C1 C6 C7 8 20 28
Sesión maxistral A28 A29 A30 A38 A56 B5 B10 B20 C1 C6 C7 C13 22 28 50
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O seguimento farase a través do correo electrónico, da plataforma Moodle e a plataforma Teams, a demanda do estudante e respectando os horarios de grupo reducido
Proba mixta Integra preguntas tipo test de respuesta única o de preguntas de tipo respuesta corta.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Sesión maxistral Exposición oral presencial complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
Durante o curso, a/o profesora/o da materia dedicará tempo a atención personalizada do estudante para seguimento, consultas e orientación do estudo e elaboración dos traballos. O espazo de comunicación pode ser con titoría de forma presencial, non presencial a través do correo electrónico, da plataforma Moodle ou da plataforma Teams, según as demandas dos estudantes, e respectando os horarios establecidos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A28 A29 A30 A38 A56 B5 B6 B7 B10 B12 B20 C1 C6 C7 C13 A realización do traballo supervisado será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a avaliación de competencias específicas e transversais. Puntuará un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 30% da nota final.

En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación as normas de elaboración segundo o tipo de traballo presentado.
- A metodoloxía adecuada do traballo entregado.
- A profundidade do contido da materia estudada.
- O dominio das ferramentas ou aplicacións utilizadas na elaboración do tema.
- O uso de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e claridade na redacción do traballo.
30
Proba mixta A29 A30 A38 A56 C1 C10 Haberá unha proba escrita na data oficial do exame da materia. As probas consistirán en preguntas curtas e tipo test, relacionadas con contido teórico, lecturas, estudos de caso e traballos tutelados. Puntuarán un mínimo de 0 e un máximo de 10. Para acadar o aprobado o punto de corte se situará no 50% de respostas acertadas.

Esta proba representará o 50% da nota final.
50
Estudo de casos A28 A29 A30 A38 A56 B5 B6 B9 B12 B20 C1 C6 C7 O avance, interese e habilidades dos estudantes valoraranse durante as clases. Avaliarase a realización dos traballos necesarios ao longo do curso. Valorarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Suporá o 20% da nota final. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario superar tódalas partes avaliables desta. Cada unha dás artes considérase superada ó alcanzar a metade do seu valor de avaliación.

MATRICULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra os alumnos/as cuxa media supere o 9,5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos/as estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

CUALIFICACIÓN NON PRESENTADO: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario da UDC". 

OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario da UDC".

MATRICULA PARCIAL: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na matrícula ordinaria e os traballos en grupo adaptaranse para a realización de forma individual polo alumno/a. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Rexerase polos mesmos criterios que a primeira. Se o alumno/a non realizou ou superou os traballos, terá que presentar o traballo ou traballos que previo contacto co profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica Consellería de Sanidad (2015). DECRETO 38/2015, de 26 de febrero, de residuos sanitarios de Galicia.. Santiago de Compostela: DOG
Vidal Lacosta V. (2019). El estrés laboral Análisis y prevención. Zaragoza Prensas de la Universidad de Zaragoza
Lousada Arochena JF, et al. (2018). La protección de la salud laboral de las personas trabajadoras especialmente sensibles a determinados riesgos. Albacete: Bomarzo
Jefatura del Estado (1995). Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de prevención de Riesgos Laborales. . Madrid: BOE
Ministerio de Trabajo (1959). Orden de 21 de noviembre de 1959 por la que se aprueba el Reglamento de los Servicios Médicos de Empresa.. Madrid: BOE
Ministerio de Sanidad y Política Social (2009). Orden SAS/1348/2009, de 6 de mayo, por la que se aprueba y publica el programa formativo de la especialidad de Enfermería del Trabajo. Madrid: BOE
Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (1997). Real Decreto 39/1997, de 17 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de los Servicios de Prevención. Madrid: BOE
Ruiz Frutos C, et al. (2013). Salud laboral: conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales . Barcelona: Elsevier Masson
Guixà Mora J. (2017). Técnicas generales de análisis, evaluación y control de riesgo : seguridad y salud laboral. Barcelona: Universitat Politecnica de Catalunya, Iniciativa Digital Politècnica, 2017
Monereo Pérez JL, et al. (2012). Tratado de salud laboral . Cizur Menor: Aranzadi

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Farmacoloxía/661G01011
Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Practicum/661G01032
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO: 

- A entrega dúas traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través do campus virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. Non caso de que a entrega dúas traballos, fose en papel: - Non se empregarán plásticos, - Realizaranse impresións a dobre cara, - Empregarase papel reciclado, - Evitarase a impresión de borradores. 

- Na realización dúas traballos tutelados, ou plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa dá súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. 

- Teranse en conta vos principios éticos relacionados cos valores dá sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero;velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro dá aula ou non contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías