Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Farmacoterapia Código 661G01024
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
estela.souto@udc.es
Profesorado
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
estela.souto@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O propósito desta materia é capacitar a/o estudante para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios, conforme á norma reguladora que autoriza dita dispensación as enfermeiras/os co fin de satisfacer as necesidades de coidado da persoa, apoiado no xuizo clínico enfermeiro.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
A5 Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
A6 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e valorar o uso e indicación de medicamentos e produtos sanitarios de prescripción independente A4
A5
A6
A38
B2
B4
B5
C1
C4
C7
C10
C12
Describir o uso e indicación de medicamentos e produtos sanitarios de prescrición colaborativa individualizada. A4
A5
A6
A38
B2
B4
B5
C1
C4
C7
C10
C12
Describir o uso e indicación de medicamentos e produtos sanitarios de prescrición colaborativa estandarizada. A4
A5
A6
A38
B2
B4
B5
C1
C4
C7
C10
C12

Contidos
Temas Subtemas
PRESCRICIÓN INDEPENDENTE Apósitos e produtos para cura en ambiente húmido
Medicamentos para:
A- Tracto alimentario e metabolismo
B- Sangue e órganos hematopoiéticos
C- Sistema cardiovascular
D- Dermatolóxicos
G- Sistema xenitourinario e hormonas sexuais
L- Axentes antineoplásicos e inmunomoduladores
M- Sistema musculoesquelético
N- Sistema nervioso
P- Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
R- Sistema respiratorio
S- Órganos dos sentidos
PRESCRICIÓN COLABORATIVA INDIVIDUALIZADA
Medicamentos para:
A- Tracto alimentario e metabolismo
B- Sangue e órganos hematopoiéticos
C- Sistema cardiovascular
D- Dermatolóxicos
G- Sistema xenitourinario e hormonas sexuais
L- Axentes antineoplásicos e inmunomoduladores
M- Sistema musculoesquelético
N- Sistema nervioso
P- Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
R- Sistema respiratorio
S- Órganos dos sentidos
PRESCRICIÓN COLABORATIVA ESTANDARIZADA Medicamentos para:
A- Tracto alimentario e metabolismo
B- Sangue e órganos hematopoiéticos
C- Sistema cardiovascular
D- Dermatolóxicos
G- Sistema xenitourinario e hormonas sexuais
L- Axentes antineoplásicos e inmunomoduladores
M- Sistema musculoesquelético
N- Sistema nervioso
P- Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
R- Sistema respiratorio
S- Órganos dos sentidos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C1 C4 C7 1 0 1
Sesión maxistral A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C4 C10 C12 21 21 42
Análise de fontes documentais A4 A5 A6 A38 B2 C1 C4 C7 C10 C12 3 15 18
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 14 42 56
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 A38 B2 B4 C4 C7 C10 C12 2 30 32
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral on line a través de Teams, actividad síncrona, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e
varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.



Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Proba de resposta múltiple
Descrición
A atención personalizado relacionada coa Proba de Resposta Múltiple ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo dos bloques temáticos da materia. Farase de forma individualizada, de maneira presencial (na aula ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.

A atención personalizada relacionada coas tarefas da Aprendizaxe Colaborativa ten como finalidade orientar, apoiar e motivar ás/aos estudantes na realización dos traballos, así como favorecer a aprendizaxe autónoma da/do estudante. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial (nas sesións de grupo de 20 persoas ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 A38 B2 B4 C4 C7 C10 C12 A proba incluirá preguntas sobre os 3 bloques temáticos que compoñen a materia. 70
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 Realizarase en grupos de 5 persoas ou menos. Cada grupo deberá solucionar as tarefas propostas pola docente. Para a avaliación empregarase unha rúbrica específica onde se valorará:
- Presentación (escrita e oral): 2 puntos
- Estrutura: 2 puntos
- Contidos: 4 puntos
- Fontes consultadas: 2 puntos
A asistencia e participación nesta actividade, a través dos grupos de traballo é obrigatoria. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas, subindo semanalmente o traballo desenvolto ao Moodle para o seu seguimento e avaliación final.
30
 
Observacións avaliación

O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.

MATRICULA ORDINARIA: A superación da materia queda suxeita a que a Proba de Respuesta Múltiple (PRM) sexa superada pola estudante, debendo acadar o 50% da puntuación da nota máxima. Para poder conseguir alomenos o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa (AC) é preciso asistir e participar, como mínimo, no 80% das clases e ter colaborado activamente co grupo no 80% das tarefas propostas. A nota final da materia obterase sumando á porcentaxe da PRM (siempre que estea aprobada) a porcentaxe obtida na AC, independentemente do seu valor. O aprobado conseguirase cando a suma das porcentaxes resulte igual ou superior ao 50%. No suposto de que a PRM estea aprobada, pero non AC e a suma das porcentaxes non acaden o 50%, a/o alumna estará suspensa e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para poder acadar unha nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes chegue ao 50%.

Na segunda oportunidade da materia manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independientemente do seu valor), cuxo porcentaxe será sumado á nota obtenida na PRM, sendo preciso acadar o 50% para superar a materia.

MATRÍCULA PARCIAL: No caso de estudantes con matrícula parcial, dispoñen de dúas opcións, a primeira consiste en presentarse á PRM, supoñendo o seu resultado o 100% da evaluaciónPara optar a dita opción, o alumnado con matrícula parcial, deberá solicitalo a través do correo electrónico despois da sesión de actividades iniciais e  antes da primeira sesión de grupo semanal de 20 persoas. Se non solicita esta primeira opción as metodoloxías e porcentaxes serán os indicados no apartado de avaliación e a asistencia será obrigada cando estea planificado desenvolver, segundo calendario, as tarefas da AC (independentemente da dispensa que lle exima da asistencia, nos termos que indica a norma reguladora). 

ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Opción Múltiple suporá o 100% da avaliación.

cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. 

Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


Fontes de información
Bibliografía básica Zabalegui A (2020). Administración de medicamentos y cálculo de dosis. Barcelona: Elsevier
(2021). Catálogo de produtos farmacéuticos para indicación, uso e autorización da dispensación por parte da enfermaría. https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Catalogo-de-Medicamentos-enfermeria
Castells S, Hernández Pérez M (2012). Farmacología en Enfermería. Barcelona: Elsevier
Somoza B, Cano MV, Guerra P (2020). Farmacología en enfermería: teoría y casos prácticos. Madrid: Panamericana
(2018). RD 954/2015. Indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos y productos sanitarios de uso humano por parte de los enfermeros. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-14028
(2020). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/los enfermeras/os de: Heridas. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-13190
(2022). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os: Quemaduras. https://www.boe.es/boe/dias/2022/07/18/pdfs/BOE-A-2022-11945.pdf
(2022). Resolución. Guías para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/los enfermeras/os de: Hipertensión / Diabetes mellitus 1 y 2. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-11127

 

Bibliografía complementaria Lorenzo P (2012). Velázquez: Manual de farmacología básica y clínica. Madrid: Panamericana
(). Agencia española del medicamentos y productos sanitarios. https://www.aemps.gob.es/?lang=gl
Rang HP (2008). Farmacología. Madrid: Elsevier
Florez J (2014). Farmacología humana. Barcelona: Elsevier
Adams MP (2009). Farmacología para enfermería: un enfoque fisiopatológico. Madrid: Pearson Prentice Hall
Ruiz M (2013). Fundamentos de farmacología básica y clínica. Madrid: Panamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía/661G01002
Fisioloxía I/661G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fisioloxía II/661G01010
Farmacoloxía/661G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021
Estancias Clínicas III/661G01027

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031
Practicum/661G01032

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías