Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estancias Clinicas I Código 661G01025
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Rossi López, Miriam
Garcia Fraguela, Berta
Correo electrónico
miriam.rossi@udc.es
berta.fraguela@col.udc.es
Profesorado
Garcia Fraguela, Berta
Mosquera Ferreiro, Elena
Rodríguez San Adrián, Belén
Rossi López, Miriam
Correo electrónico
berta.fraguela@col.udc.es
elena.mosquera.ferreiro@udc.es
b.rodriguez3@col.udc.es
miriam.rossi@udc.es
Web http://http://www.campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondestes ó nivel I ou básico da aprendizaxe práctica, dirixidas á adquisición de habilidades na realización de intervencións, técnicas e procedemantos de coidados de enfermaría, a través da simulación. Pretendese que os estudantes adquiran certas competencias que garanticen a sua propia seguridade e a dos usuarios antes do inicio do rotatorio clínico.
Plan de continxencia Cambios de contido
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
* Metodoloxías de ensino que se manteñen
Sesión maxistral síncrona
Practicas de laboratorio: debido as características da aprendizaxe non é posible substituíla por outra metodoloxía para a adquisición de competencias.
Proba práctica: debido as características , material e contorno necesario para realizar a proba non e posible substituíla por outra metodoloxía.
Simulación: si para o desenvolvemento da sesión e preciso utilizar material especifico non poderá desenvolverse fora do laboratorio.
Lecturas
* Metodoloxías de ensino que se modifican
Simulación realizarase a través da plataforma Teams dependendo da posibilidade segundo a técnica ou procedemento de usar o material necesario fora do laboratorio.
Proba mixta realizarase a través da plataforma Moodle
3. Mecanismos de atención personalizada aos estudantes
O tempo á atención personalizada ao alumno para o seguimento, consulta e orientación do estudo realizarase a través do correo electrónico ou a través de Teams segundo demanda.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizan modificacións
* Observacións de avaliación:
Non se realizan modificacións
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións. O material de traballo será entregado dixitalmente en Moodle.



Competencias do título
Código Competencias do título
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A61 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo e con avaliación final de competencias.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir o obxectivo, material e pasos necesarios para a realización das tecnicas e procedementos. A37
A61
B1
C1
Identificar os factores de risco e aplicar as normas de prevención e seguridade A37
A61
B6
B20
C4
C10
C12
Desenvolver habilidades na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A37
A61
B8
B9
B19
B20
C3
Desenvolver habilidades de comunicación terapéutica . A61
B7
B9
B11
B14
B15
B16
B24
C1
C4
Identificar as actividades apropiadas para a sua delegación na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría A37
A61
B5
B7
B10
B11
B13
B14
C3
C4
Identificar os resultados esperados (seguros e eficaces), e inesperados (problemas potenciais) e a sua resolución na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría A61
B1
B7
B9
B10
B11
B13
C3
C7
Identificar e analizar cuestións relacionadas coa confidencialidade, privacidade e dignidade na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A61
B3
B5
B6
B16
B24
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- INFORMACIÓN E APOIO AO USUARIO NO PASO POLO SISTEMA SANITARIO. Rexistros e informes.
TEMA 2.- SEGURIDADE E BENESTAR DO USUARIO. Seguridade do Usuario
Benestar do Usuario
TEMA 3.- HIXIENE Baño e coidado da pel.
Coidados do entorno do usuario.
Prevención das úlceras por presión
TEMA 4.- CONSTANTES VITAIS Temperatura corporal
Frecuencia cardíaca
Frecuencia respiratoria
Presión arterial
TEMA 5.- ELIMINACIÓN Eliminación urinaria.
Sondaxe vesical.
TEMA 6.- CONTROL DA INFECCIÓN Asepsia
Técnica estéril
TEMA 7.- MEDICACIÓNS Preparación da medicación para a sua administración
Medicacións orais e tópicas
Medicacións parenterais.
Terapia intravenosa
Hemoterapia
TEMA 8.- PROCEDEMENTOS ESPACIAIS Recollida de mostras
Electrocardiograma
TEMA 10.- NUTRICIÓN Nutrición enteral
Nutrición parenteral
TEMA 9.- OSIXENACIÓN Osixenoterapia. Sistemas de administración de osíxeno
Aerolterapia
Pulsioximetría e gasometría
Fisioterapia respiratoria
Aspiración de secrecións
Drenaxe torácico
Traqueostomías
TEMA 11.- APÓSITOS E COIDADOS DA FERIDA Vendaxes
Feridas crónicas. Valoración
Coidado das feridas
Cura en ambiente húmedo. Productos sanitarios
Suturas
TEMA 12.- COIDADOS POSTOPERATORIOS Ostomías
Drenaxes cirúrxicos.
TEMA 13.- COMUNICACIÓN TERAPÉUTICA Elementos de la comunicación terapéutica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B11 1 0 1
Sesión maxistral B1 B3 B8 B11 B19 B24 C1 C3 C4 C7 25 5 30
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B20 60 0 60
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C12 C10 35 5 40
Lecturas B1 B3 B8 B11 C3 0 4 4
Proba mixta B3 B8 B11 C1 1.5 5 6.5
Proba práctica B3 B7 B8 B9 B13 B14 C1 1.5 5 6.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación pormenorizada da materia, obxetivos, horarios, contidos e criterios de avaliación.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
A asistencia é obrigatoria.
Os contidos teóricos da materia serán impartidos a través da plataforma Teams na medida do posible

Prácticas de laboratorio Actividade na que o estudante a través da realización de actividades prácticas adquire destreza na realización de técnicas e procedementos de enfermaría.
A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria no día e hora que corresponda.
Simulación Actividade na que o profesor configura situacións clínicas reais que favorezcan o desenvolvemento da capacidade para tomar decisións e integrar os coñecementos. Utilizase como metodoloxía de aprendizaxe e como procedemento da avaliación.
A asistencia as actividades de simulación é obrigatoria no día e hora que corresponda.
Lecturas Actividade na que o estudante a través da lectura de textos e protocolos profundiza no coñecemento do fundamento dos distintos pasos dunha actividade uo intervención
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e/o tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos.
Proba práctica Proba practical de técnicas nun entorno de simulación en relación aos contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Proba práctica
Proba mixta
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada relacionada coas prácticas de laboratorio e a simulación ten como finalidade orientar aos estudantes na adquisición de destrezas, correción de erros na realización das diferentes técnicas e procedementos de enfermaría e na toma de decisións na secuencia de actividades nas distintas situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.

A atención personalizada relacionada coa proba mixta e a proba práctica ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C12 C10 A asistencia ás actividades de simulación é obrigatoria o día e hora que corresponda.
Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual ou entre dous participantes.

Criterios de avaliación:
Cada falta suporá un descenso de 0,5 puntos en este apartado.
Realizaranse varias sesión de avaliación con esta metodoloxía, cada sesión puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A nota será a media ponderada das sesións realizadas, para súa superación e necesario obter unha media de 5 sobre 10.

En cada sesión de avaliación valorarase a capacidade de comunicación e o desenvolvemento das diferentes intervencións, técnicas e procedementos de enfermaría. Na avaliación das técnicas e procedementos terase en conta a:
• Selección adecuada dos materiais específicos para cada actividade.
• Aplicación das medidas de seguridade requiridas en cada situación.
• Demostración de destreza na execución de técnicas e procedementos.
• Fundamento das accións en coñecementos teóricos.
40
Proba práctica B3 B7 B8 B9 B13 B14 C1 Valorarase a capacidade de comunicación e o desenvolvemento das diferentes intervencións, técnicas e procedementos de enfermaría. Na avaliación das técnicas e procedementos terase en conta a:
• Selección adecuada dos materiais específicos para cada actividade.
• Aplicación das medidas de seguridade requiridas en cada situación.
• Demostración de destreza na execución de técnicas e procedementos.
• Fundamento das accións en coñecementos teóricos.

Para a superación desta proba é necesario aprobar tres dos catro partes. A nota final será a resultante da media da nota das catro partes.
20
Proba mixta B3 B8 B11 C1 A proba constará de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas có saber das competencias da materia.
O exame terá catro partes. Para a superación da proba é preciso acadar o 50% das respostas correctas en a lo menos dúas partes.
A nota final da proba mixta será a resultante de facer a media das catro partes.
20
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B20 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria o día e hora que corresponda .

Criterios de avaliación:
Cada falta suporá un descenso de 0,5 puntos en este apartado.
Avaliarase o progreso, as actitudes (puntualidade, iniciativa, disposición, interese e motivación) e as aptitudes (coñecementos, habilidade e destreza práctica demostrada) do alumnado, en cada unha das sesións prácticas de laboratorio o longo do curso.
20
 
Observacións avaliación

Para promediar a porcentaxe das
diferentes metodoloxías os estudantes deben aprobar cada unha das partes.

As partes superadas na 1ª
oportunidade conservaranse até a segunda oportunidade.

 

2º oportunidade: Simulación 60%
, proba mixta 20% e proba práctica 20% utilizaranse as mesmas características e
criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día
coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade.

Estudantes con matricula parcial: dada a
natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia os criterios
de avaliación son os mesmos que para os estudantes a tempo completo.

 

Adianto de oportunidade: dada a
natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia non é
posible establecer unha avaliación diferente para estes casos. O estudante que
desenvolvese a materia o curso anterior e non superase algunha das metodoloxías
de avaliación poderá recuperará soamente a metodoloxía non superada ese curso
(proba mixta, proba práctica ou simulación).


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Perry Potter. Enfermería clínica: técnicas y procedimientos. 4ªed. Ed. Harcourt. Mosby-Elsevier 2003.
  • Proehl JA. Enfermería de urgencias. Técnicas y procedimientos. Elsevier. 2005.
  • Berman A, Snyder SJ. Kozier B, Erb G. Fundamentos de enfermería: conceptos, procesos y prácticas (volumen 1). 8ªed. Madrid, 2008. Pearson Educación SA.
  • Javier Ruiz Moreno, María Cruz Martín Delgado, Rosa García-Perché Sánchez. Procedimientos y técnicas de enfermería. Ediciones Rol SL. Barcelona, 2006
  • Jamierson EM, McCall J, Whyte LA. Procedimientos de enfermería clínica. Elsevier 2008.
  • Manual de CTO Enfermería. Madrid:Grupo CTO. 2011
  • Manual de Procedimientos de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).

Enlaces de interese

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Fisioloxía/661G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica I/661G01034

Materias que continúan o temario
Estancias Clinicas II/661G01026
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías