Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estancias Clinicas I Código 661G01025
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Rodríguez San Adrián, Belén
Correo electrónico
b.rodriguez3@col.udc.es
Profesorado
Brandariz Pereira, Juan Manuel
Fernández Pombo, Carmen Neri
González Nisarre, Mª Carmen
Perez Taboada, Monica
Rodríguez San Adrián, Belén
Rossi López, Miriam
Correo electrónico
juan.brandariz@udc.es
carmen.neri.fernandez.pombo@col.udc.es
c.gonzalez.nisarre@col.udc.es
monica.perez1@udc.es
b.rodriguez3@col.udc.es
miriam.rossi@udc.es
Web http://http://www.campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondestes ó nivel I ou básico da aprendizaxe práctica, dirixidas á adquisición de habilidades na realización de intervencións, técnicas e procedemantos de coidados de enfermaría, a través da simulación. Pretendese que o estudantado adquira certas competencias que garanticen a sua propia seguridade e a das/os usuarias/os antes do inicio do rotatorio clínico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A61 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo e con avaliación final de competencias.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir o obxectivo, material e pasos necesarios para a realización das tecnicas e procedementos. A37
A61
B1
C1
Identificar os factores de risco e aplicar as normas de prevención e seguridade A37
A61
B6
B20
C4
C10
C12
Identificar as actividades apropiadas para a sua delegación na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría A37
A61
B5
B7
B10
B11
B13
B14
C3
C7
Identificar e analizar cuestións relacionadas coa confidencialidade, privacidade e dignidade na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A61
B3
B5
B6
B16
B24
C4
Identificar os resultados esperados (seguros e eficaces), e inesperados (problemas potenciais) e a sua resolución na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría A61
B1
B7
B9
B10
B11
B13
C3
C7
Desenvolver habilidades na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A37
A61
B8
B9
B19
C3
Desenvolver habilidades de comunicación terapéutica . A61
B7
B9
B11
B14
B15
B16
B24
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- INFORMACIÓN E APOIO AO USUARIO NO PASO POLO SISTEMA SANITARIO. Rexistros e informes.
TEMA 2.- SEGURIDADE E BENESTAR DA USUARIA-O. Seguridade da persoa
Benestar da persoa
Mecánica corporal
Suxecións
Seguridade da persoa
Seguridade do traballador

Seguridade do traballador
TEMA 3.- HIXIENE Baño e coidado da pel.
Coidados do entorno da persoa
TEMA 4.- CONSTANTES VITAIS Temperatura corporal
Frecuencia cardíaca
Frecuencia respiratoria
Presión arterial
TEMA 5.- ELIMINACIÓN Eliminación urinaria.
Sondaxe vesical.
TEMA 6.- CONTROL DA INFECCIÓN Asepsia
Técnica estéril
Lavado de mans
TEMA 7.- MEDICACIÓNS Preparación da medicación para a súa administración
Vías de administración: oral, nasal, oftálmica, ótica, tópica, rectal, intramuscular, subcutánea, intradérmica, intravenosa, intraósea
Sueroterapia. Cálculo da velocidade de administración
Canalización VVP e a súa fixación
Hemoterapia
TEMA 8.- PROCEDEMENTOS ESPECIAIS Recollida de mostras
Electrocardiograma
Glucemia capilar
Extracción de analítica sanguínea e hemocultivos
TEMA 10.- NUTRICIÓN Nutrición enteral
Nutrición parenteral
TEMA 9.- OSIXENACIÓN Osixenoterapia. Sistemas de administración de osíxeno
Aerolterapia
Pulsioximetría e gasometría
Fisioterapia respiratoria
Aspiración de secrecións
Drenaxe torácico
Traqueostomías
TEMA 11.- APÓSITOS E COIDADOS DA FERIDA Vendaxes
Coidado das feridas
Cura en ambiente húmedo. Productos sanitarios
Prevención e manexo das UPP
TEMA 12.- COIDADOS POSTOPERATORIOS Ostomías
Drenaxes cirúrxicos
Retirada de grapas
TEMA 13.- COMUNICACIÓN TERAPÉUTICA Elementos de la comunicación terapéutica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B11 1 0 1
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C4 C7 80 4 84
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C10 C12 40 18 58
Lecturas B1 B3 B8 B11 C3 0 5 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación pormenorizada da materia, obxetivos, horarios, contidos e criterios de avaliación.
Prácticas de laboratorio Actividade na que o estudiantado a través da realización de actividades prácticas adquire destreza na realización de técnicas e procedementos de enfermaría.
A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria no día e hora que corresponda.
Simulación Actividade na que a profesora-or configura situacións clínicas reais que favorezcan o desenvolvemento da capacidade para tomar decisións e integrar os coñecementos. Utilizase como metodoloxía de aprendizaxe e como procedemento da avaliación.
A asistencia as actividades de simulación é obrigatoria no día e hora que corresponda.
Lecturas Actividade na que o estudiantado a través da lectura de textos e protocolos profundiza no coñecemento do fundamento dos distintos pasos dunha actividade uo intervención

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Simulación
Descrición
-A atención personalizada relacionada coas prácticas de laboratorio ten como finalidade orientar ao estudiantado na adquisición de destrezas, correción de erros na realización das diferentes técnicas e procedementos de enfermaría e na toma de decisións na secuencia de actividades nas distintas situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.



-A atención personalizada relacionada coa simulación ten como finalidade orientar o estudiantado na toma de decisións e na secuencia de actividades nas distintas situacións clínicas. O seguemento farase de forma individual ou en pequeños grupos.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C4 C7 -A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria o día e hora que corresponda
-Avaliarase o progreso, as actitudes (puntualidade, iniciativa, disposición, interese e motivación) e as aptitudes (coñecementos, habilidade e destreza práctica demostrada) do alumnado, en cada unha das sesións prácticas de laboratorio o longo do curso.
-A falta de asistencia non xustificada a unha sesion práctica supon un descenso de 1 punto na nota final da asignatura.
-A falta de asistencia non xustificada a mais do 10% das practicas de laboratorio supón a no superación da asignatura nesta convocatoria.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.
30
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C10 C12 -A asistencia ás actividades de simulación é obrigatoria o día e hora que corresponda.
-Consistirá en presentar ao estudantado situacións clínicas reais para valorar a sua capacidade na toma de decisions e a integración dos coñecementos científicos que a sustentan. Valorarase a habilidades na sua aplicación e a utilización correcta do material.
-Cada sesión puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
-É preciso superar, cunha nota de 5 sobre 10, catro das seis probas das simulacións para poder realizar a media desta metodoloxía avaliativa. A nota final da simulación será a resultante de facer a media ponderada das simulacións realizadas.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.
70
 
Observacións avaliación

-Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías o estudiantado debe aprobar, con nota de 5 sobre 10, cada unha das metodoloxías de avaliación  da asignatura.

-As partes superadas na 1ª oportunidade conservaranse até a segunda oportunidade.

-Non poderán acceder á 2º oportunidade o alumnado que non supere a metodoloxía de prácticas de laboratorio por falta de asistencia non xustificadas. A falta de asistencia a mais do 10% das prácticas de laboratorio supón a non superación da materia nesta convocatoria

-2º oportunidade: Simulación 100%. Utilizaranse as mesmas características e criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade.

-Estudantado con matricula parcial: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia os criterios de avaliación son os mesmos que para os estudantes a tempo completo.

-Adianto de oportunidade: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



Fontes de información
Bibliografía básica
  • Perry Potter. Enfermería clínica: técnicas y procedimientos. 4ªed. Ed. Harcourt. Mosby-Elsevier 2003.
  • Proehl JA. Enfermería de urgencias. Técnicas y procedimientos. Elsevier. 2005.
  • Berman A, Snyder SJ. Kozier B, Erb G. Fundamentos de enfermería: conceptos, procesos y prácticas (volumen 1). 8ªed. Madrid, 2008. Pearson Educación SA.
  • Javier Ruiz Moreno, María Cruz Martín Delgado, Rosa García-Perché Sánchez. Procedimientos y técnicas de enfermería. Ediciones Rol SL. Barcelona, 2006
  • Jamierson EM, McCall J, Whyte LA. Procedimientos de enfermería clínica. Elsevier 2008.
  • Manual de CTO Enfermería. Madrid:Grupo CTO. 2011
  • Manual de Procedimientos de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).

Enlaces de interese

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Fisioloxía/661G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica I/661G01034

Materias que continúan o temario
Estancias Clinicas II/661G01026
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

NO CASO DE QUE A ENTREGA dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías