Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estancias Clinicas II Código 661G01026
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superada a Estancia Clínica I para poder cursar esta materia
Departamento
Coordinación
Cereijo Garea, Carmen
Correo electrónico
carmen.cereijo@udc.es
Profesorado
Cereijo Garea, Carmen
Correo electrónico
carmen.cereijo@udc.es
Web
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondestes ó nivel I ou básico da aprendizaxe práctica, dirixidas á adaptación dos estudantes ó entorno asistencial, e á integración dos coñecementos teóricos en situacións reais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Distingiuir o rol da enfermeira e identificar o rol dos diferentes membros do equipo. Demostrar disposición para o traballo cooperativo dentro do equipo asistencial. A62
B1
B5
B6
B7
B9
B14
B15
B16
C1
C3
C12
Poñer en práctica os elementos básicos da comunicación enfermeira-persoa enferma. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B24
C1
C12
Aplicar na práctica sistecial os coñecementos aprendidos do proceso de atención de enfermaría. Executar as técnicas e protocolos garantindo a seguridade e de acordo o establecido na institución asistencial. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B24
C1
C3
C7
C10
C11
C12
Respetar as opinións, valores, creenzas das persoas e garantir a confidencialidade e privacidade da información persoal e clínica. Cumprir as normas de fucionamento das unidades ou servizos A62
B1
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B14
B16
B20
B24
C1
C7
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades de hospitalización. Permiten os estudantes a adaptación a un entorno clínico hospitalario, así como a comprensión da función das/os enfermeras/os, e a integrar e desenvolver os coñecementos teóricos, as actitudes e as habilidades.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A62 B5 B6 B9 B10 B14 B20 2 0 2
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C7 C10 C11 C12 120 0 120
Solución de problemas A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B19 C1 C3 C7 C10 C11 C12 1 20 21
Prácticas a través de TIC A62 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B19 C3 C10 C11 C12 3 0 3
Presentación oral A62 B1 B3 B7 B8 B9 B11 B13 B15 C1 C12 1 2 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización de dous rotatorios de prácticas, un deles nunha unidade de hospitalización da área médica, e outro nunha unidade de hospitalización da área cirúrxica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde.
Prácticas a través de TIC Actividade que permite ó alumnado aprender de forma efectiva as tecnoloxías da información e comunicación utlilizadas para o tratamento da información clínica enfermeira nun contorno hospitalario.
Presentación oral Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a valoración e planificación dos coidados de enfermaría dunha situación clínica concreta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Solución de problemas A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B19 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos.
5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos.
50
 
Observacións avaliación

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo aO regulamento de Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado no Regulamento de Estadís Clínicas do Centro. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas. Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadias Clinicas. Avaliación 2º oportunidade. Dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar o relativa a avaliación de solución de problemas.


Adianto de oportunidade con estudantes con matrícula parcial: dado que a práctica clínica e unha actividade presencial non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.


Fontes de información
Bibliografía básica Berman A, Snyder SJ, Kozier B, Erb G (2008). Fundamentos de Enfermería. Conceptos, proceso y práctica. Madrid

A bibliografía referenciada nas materias de Coidados Básicos de Enfermaría, Fundamentos de Enfermaría , Psicoloxía e Nutrición.

  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2012-2014. Madrid: Elsevier; 2013.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2014.
  • Bulechek GM, Butcher HK, Dochterman J M, Wagner. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 6ª ed. Barcelona: Elsevier; 2014
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidado. Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.

Fisterra

http://www.fisterra.com/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Psicoloxía/661G01003
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Estancias Clinicas I/661G01025
Enfermaría Clínica I/661G01034
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Clínica II/661G01035

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas III/661G01027
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031
Practicum/661G01032

Observacións
Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estancia Clínica I para poder matricularse.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías