Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estancias Clínicas III Código 661G01027
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 18
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I e II para poder cursar esta materia.
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Sanchez Álvarez, Carmen Mª
Moscoso Otero, Dulce
Sánchez Álvarez, Carmen María
Correo electrónico
carmen.sanchez@udc.es
dulce.moscoso@udc.es
carmen.sanchez1@udc.es
Profesorado
Conceiro Rua, Amalia
Moscoso Otero, Dulce
Sánchez Álvarez, Carmen María
Sanchez Álvarez, Carmen Mª
Correo electrónico
amalia.conceiro.rua@udc.es
dulce.moscoso@udc.es
carmen.sanchez1@udc.es
carmen.sanchez@udc.es
Web http://www.campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Estadías Clínicas que corresponden ó nivel II ou intermedio da aprendizaxe práctica orientadas a adquisición de competencias por parte dos estudantes para seren capaces de colaborar cos equipos de enfermaría nos coidados básicos aos usuarios con distintos problemas clínicos dende unha perspectiva de práctica científica, reflexiva e humanística. Relaciónase coas asignaturas da Área de Enfermaría que teñen como eixo central os Coidados de Enfermaría en distintas situacións i etapas do ciclo vital. A incorporación dos estudantes ó medio hospitalario orientase cara a integración de coñecementos teóricos, habilidades e actitudes en situacións de coidado real.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou sociosanitario A62
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
B14
B22
C1
C3
C4
C7
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias ou grupos. A62
B1
B7
B9
B10
B11
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Aplicar o PAE integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias. A62
B1
B6
B8
B9
B11
B12
B13
B16
B20
B24
C1
C3
C4
C7
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións hospitalarias, con rotatorios polas unidades medico-cirúrxicas, os quirófanos, as unidades de saúde mental e instucións sociosanitarias. - Realización do ingreso de doentes segundo protocolo.
- Manexo seguro do material estéril, material contaminado e punzantes, previndo os riscos.
- Medición, avaliación e rexistro de constantes vitais e parámetros antropométricos. Realización e interpretación do EKG básico.
- Realización de curas.
- Asistencia e circulación no quirófano. Instrumentación básica.
- Aplicación, segundo protocolo, de medidas de illamento (respiratorio, de contacto...)
- Recollida de mostras biolóxicas para análise.
- Axuda ó doente encamado nas actividades de autocoidado: hixiene, alimentación, eliminación e mobilidade.
- Mobilización e asistencia ó doente para adoptar e manter distintas posicións, exercicios básicos para previr problemas derivados da inmobilidade prolongada.
- Aplicación das medidas preventivas e de tratamento das úlceras por decúbito.
- Preparación e administración de fármacos por via oral, tópica, rectal, ótica, nasal, oftálmica, inhalatoria, vaxinal, subcutánea, intradérmica, intramuscular e intravenosa.
- Realización de venoclisis e soroterapia. Mantemento.
- Realización das técnicas básicas de fisioterapia respiratoria(clapping, aerosolterapia, drenaxe postural, tos asistida, uso de incentivadores...)
- Aplicación de medidas para o mantemento da temperatura corporal dentro dos límites fisiolóxicos.
- Realización de sondaxe vesical, rectal e nasogástrico. Mantemento.
- Aplicación de oxixenoterapia. Mantemento e avaliación.
- Adecuación da dieta do doente en función da sua doenza e tolerancia. Aplicación de coidados de alimentación enteral e/ou parenteral.
- Realización de balances hídricos.
- Realización e avaliación de glicemias.
- Administración e mantemento de transfusións sanguíneas.
- Realización de coidados postmortem. Relación de axuda e apoio ós familiares

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 0 30 30
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 0 2 2
Actividades iniciais A62 B1 B10 C11 1 0 1
Seminario A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 3 15 18
Presentación oral A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 3 2 5
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 360 30 390
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plano de coidados individualizado no último dos rotatorios clínicos.
Segundo a unidade de rotación, realizará un plano de coidados médico ou cirúrxico.
Portafolios do alumno O portafolio do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se explicarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia.
Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas.
Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema con técnicas de participación, discusión i elaboración de conclusións.
Realizaranse dous seminarios obrigatorios:
- Seminario sobre Historia Clínica Electrónica de 1 hora de duración. Previo á rotación polas unidades médicas.
- Seminario Cirúrxico previo á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais.
Presentación oral O traballo realizado coa metodoloxía de Solución de Problemas no último rotatorio clínico, será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís.
A presentación oral é obrigatorio e terá unha duración de 3 horas.
Prácticas clínicas As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades medico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaránse en circuitos integrados (con inclusión dos quirófanos, laboratorios e hospitáis de día) para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Portafolios do alumno
Presentación oral
Seminario
Descrición
A atención persoalizada relacionada coa solución de problemas ten como finalidade orientar os estudantes na realización e presentación dos Planos de Coidados que teñen que realizar en cada rotatorio clínico. Farase de xeito individual ou en grupo e será preferiblemente presencial. Ainda que as consultas puntuales poderánse facer a través da páxina web da asignatura.

A atención persoalizada relacionada co Portafolio do Alumno ten como finalidade dar unhas pautas orientativas na realización da Autoavaliación e do Diario Reflexivo de Prácticas Clínicas. A tal fin se colgarán os contidos orientativos na páxina web da asignatura e atenderánse as consultas dos estudantes polo mesmo canal.

A atención persoalizada relacionada cos Seminarios, ten como finalidade:

1- Formar a os estudantes no uso da Historia Clínica Electrónica como recurso básico no desenvolvemento da actividade de enfermaría.
2- Formar i entrenar aos estudantes nos usos mais habituales nas Salas Cirúrxicas previa ao seu rotatorio polos quirófanos. Farase mediante simulación teorico-práctica e sesión de preguntas, respostas, análise de situacións e conclusións.

A atención persoalizada relacionada coa Presentación Oral ten como finalidade orientar os estudantes no uso da comunicación oral e os medios audiovisuais existentes. Poderá realizarse de xeito presencial o a traves da páxina web da asignatura.

A atención persoalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento i avaliación dos coñecementos, habilidades e actitudes que o estudante debe acadar. Se fará de forma individualizada e presencial a través das visitas que as profesoras realizan á unidade de prácticas clínicas, outras consultas poderánse facer de xeito virtual mediante o correo electrónico y/ou páxina web da asignatura.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura.
50
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 O traballo de Solución de Problemas realizado no último rotatorio avaliarase cos seguintes criterios que estarán especificados na rúbrica que consta no Cuaderno do Estudante:
1. Presentación e capacidade de síntese do contido: máximo 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas: máximo 2 puntos
2. Razoamento diagnóstico: relación entre manifestacións de dependencia e diagnosticos de enfermaría: máximo 2 puntos
3. Determinación de prioridades, selección de problema ou problemas mais importantes tendo en conta o estado actual e os resultados esperados: máximo 2 puntos
4. Selección adecuada de intervencións de enfermaría e avaliación do plano de coidados segundo o planificado: máximo 2 puntos
5. Bibliografía actualizada e adecuada ao tema tratado, citada no texto do traballo e con referencias Vancouver: máximo 1 punto

O peso do traballo na nota total da asignatura e do 30%. A súa presentación e obrigatoria.
30
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Entregarase, de xeito obrigatorio, ó finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase:
1- A capacidade de síntese no análise da unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: ate 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: ate 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: ate 4 puntos
O peso total do Portafolio na nota final e do 5%.
5
Presentación oral A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 A presentación oral do traballo realizado ao final do último rotatorio é obrigatoria.
Realizarase nas datas asinadas polas profesoras e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación e se especifican na rúbrica publicada no Cuaderno do estudante:
- Calidade da presentación, clara, legible: máximo 2 puntos
- Axuste ao tempo previsto de exposición: máximo 2 puntos
- Capacidade de síntese, orde na exposición: máximo 2 puntos
- Dominio dos contidos, exposición fluida, terminoloxía científica e nivel de contacto co auditorio: máximo 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%.
5
Seminario A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 A asistencia ao Seminario de Historia Clínica electrónica e Seminario Cirúrxico é obrigatoria.

Se valorará a participación dos estudantes en cada un dos seminarios i eventualmente, poderán ter que realizar documentos de conclusións e/ou proba de coñecementos relacionados cos temas tratados en cada un dos Seminarios realizados.

Cada un dos seminarios terá un peso na nota final da materia de un 5%. Polo que o peso total será de un 10%
10
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes e obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estadías Clínicas III e ter superadas as Estadías Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. As ausencias serán recuperadas ao rematar os rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas, As profesoras publicarán o listado de recuperacións no taboleiro da Escola, ninguna recuperación fora de este listado será tida en conta. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

Para aprobar a materia e preciso superar de xeito independente todalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). 
A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. 
A cualificación numérica obteráse establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes. O sistema de cualificacións  expresaráse mediante numericamente de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

Os aspectos e criterios xeráis que a ter  en consideración ao avaliar as actividades que o estudante ten que realizar (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación oral, Seminario e Portafolios) serán:  
Asistencia, participación e compromiso individual/grupal, coherencia nos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica, na solución de problemas e no Portafolio do alumno; así como as competencias adquiridas para esta materia.

As probas superadas na convocatoria de maio- xuño conservarán a súa cualificación para a convocatoria de xullo, pero será preciso a superación de todas as probas para alcanzar a cualificación definitiva.  

Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Tendo en conta que as metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia, na que na maioria das actividades son presenciais ou relacionadas ca presenza en prácticas (práctica clínica, seminario, solución de problemas ), e polo tanto non recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial e non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

Fontes de información
Bibliografía básica BUTCHER HK, GM, DOCHTERMAN JM, WAGNER CM. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Ed. Elsevier. Madrid
MOORHEAD S, SWANSON E. JOHNSON M, MAAS ML, (2018). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Ed. Elsevier. Madrid
NANDA International (2018). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2018-2020. Ed. Elsevier. Madrid
Johnson, Marion et alter (2009). Interrelaciones NANDA, Noc, Nic. Diagnósticos enfermeros, resultados e intervenciones. Ed. Elsevier. Madrid
CHUAC (2008). Manual de Diagnósticos de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña..
CHUAC (2008). Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña..
CHUAC (2008). Manual para Personal del Bloque Quirúrgico.
Alfaro-Lefevre, R. (2009). Pensamiento Crítico y Juicio Clínico en enfermería. Ed. Elsevier. Madrid
NANDA International 2011 (2011). “Razonamiento Crítico para alcanzar resultados de salud positivos”. Ed. Elsevier-Masson. Madrid
A Bibliografía básica para esta asignatura, ademáis da relacionada neste apartado, está relacionada coa das materias que se recomenda ter cursadas no momento de comenzar as Estancias Clínicas III. Ver o apartado 9 Recomendacións. E recomendable, ademáis, a consulta da páxina web: https://www.fisterra.com/
Bibliografía complementaria Bardají Fandós T. (2008). El diario reflexivo como herramienta de autoaprendizaje en la formación de enfermería . Revista Nursing, Agosto-2008; 26(7):52-8
Kübler-Ross E. (1993). Sobre la muerte y los moribundos. Ed. Grijalbo. Barcelona
Bibliografía; que complementa os libros básicos da asignatura e que os docentes poden recomendar a través da páxina web da asignatura ó longo do curso académico.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012
Enfermaría da Saúde Mental/750G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Estancias Clinicas I/750G01025
Estancias Clinicas II/750G01026
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/750G01017
Enfermaría Xerontolóxica/750G01020

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas IV/750G01028
Estancias Clínicas V/750G01029
Estancias Clínicas VI/750G01030
Estancias Clínicas VII/750G01031
Practicum/750G01032

Observacións
Segundo establece o Título de Grao en Enfermaría e necesario ter superadas as Estancias Clínicas I e II para poder matricularse nesta materia. Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL, IMPORTANCIA DAS PERSOAS E IGUALDADE DE XÉNERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle ou correo electrónico, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe non sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. - Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías