Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estancias Clínicas III Código 661G01027
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 18
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I e II para poder cursar esta materia.
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Sanchez Álvarez, Carmen Mª
Correo electrónico
carmen.sanchez@udc.es
Profesorado
Garcia Fraguela, Berta
Sanchez Álvarez, Carmen Mª
Correo electrónico
berta.fraguela@col.udc.es
carmen.sanchez@udc.es
Web http://www.campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Son estadías clínicas, correspondentes ao nivel intermedio da aprendizaxe práctica, na que se lle esixe ao estudante un maior grao de profundización e integración dos coñecementos adquiridos, dirixidos á incorporación dos estudantes en institucións de ámbito hospitalario. Pretende a integración de coñecementos teóricos, habilidades e actitudes nunha situación real.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou sociosanitario A62
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
B14
B22
C1
C3
C4
C7
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias ou grupos. A62
B1
B7
B9
B10
B11
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Aplicar o PAE integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias. A62
B1
B6
B8
B9
B11
B12
B13
B16
B20
B24
C1
C3
C4
C7
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións hospitalarias, con rotatorios polas unidades médico-cirúrxicas, os quirófanos, as unidades de saúde mental e institucións sociosanitarias. - Realización do ingreso de doentes segundo protocolo.
- Manexo seguro do material estéril, material contaminado e punzantes. Prevención de riscos.
- Medición, avaliación e rexistro de constantes vitais e parámetros antropométricos. Realización e interpretación do EKG básico.
- Realización de curas.
- Asistencia e circulación no quirófano. Instrumentación básica.
- Aplicación, segundo protocolo, de medidas de illamento (respiratorio, de contacto...)
- Recollida de mostras biolóxicas para análise.
- Axuda ó doente encamado nas actividades de autocoidado: hixiene, alimentación, eliminación e mobilidade.
- Mobilización e asistencia ó doente para adoptar e manter distintas posicións, exercicios básicos para previr problemas derivados da inmobilidade prolongada.
- Aplicación das medidas preventivas e de tratamento das úlceras por decúbito.
- Preparación e administración de fármacos por via oral, tópica, rectal, ótica, nasal, oftálmica, inhalatoria, vaxinal, subcutánea, intradérmica, intramuscular e intravenosa.
- Realización de venoclisis e soroterapia. Mantemento.
- Realización das técnicas básicas de fisioterapia respiratoria(clapping, aerosolterapia, drenaxe postural, tos asistida, uso de incentivadores...)
- Aplicación de medidas para o mantemento da temperatura corporal dentro dos límites fisiolóxicos.
- Realización de sondaxe vesical, rectal e nasogástrico. Mantemento.
- Aplicación de oxixenoterapia. Mantemento e avaliación.
- Adecuación da dieta do doente en función da sua doenza e tolerancia. Aplicación de coidados de alimentación enteral e/ou parenteral.
- Realización de balances hídricos.
- Realización e avaliación de glicemias.
- Administración e mantemento de transfusións sanguíneas.
- Realización de coidados postmortem. Relación de axuda e apoio ós familiares

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 0 30 30
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 0 2 2
Actividades iniciais A62 B1 B10 C11 1 0 1
Seminario A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 3 15 18
Presentación oral A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 3 2 5
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 360 30 390
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plan de coidados individualizado no último dos rotatorios clínicos.
Segundo a unidade de rotación, realizará un plan de coidados médico ou cirúrxico.
Portafolios do alumno O portafolios do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se explicarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia.
Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas.
Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema con técnicas de participación, discusión i elaboración de conclusións.
Realizaranse dous seminarios obrigatorios:
- Seminario sobre Historia Clínica Electrónica de Enfermería ao inicio do rotatorio.
- Seminario Cirúrxico previo á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais.
Presentación oral O traballo realizado coa metodoloxía de Solución de Problemas no último rotatorio clínico, será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís.
A presentación oral é obrigatorio e terá unha duración de 3 horas.
Prácticas clínicas As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades médico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaranse en circuitos integrados (con inclusión dos quirófanos, laboratorios e hospitáis de día) para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Portafolios do alumno
Presentación oral
Seminario
Descrición
A atención personalizada relacionada coa solución de problemas ten como finalidade orientar os estudantes na realización e presentación do Plan de Coidados que teñen que realizar no segundo rotatorio clínico. Farase de xeito individual ou en grupo e será preferiblemente presencial. Inda que as consultas puntuais poderanse facer a través do correo electrónico e/ou o campus virtual da materia.

A atención persoalizada relacionada co Portafolios do Alumno ten como finalidade dar unhas pautas orientativas na realización da Autoavaliación e do Diario Reflexivo de Prácticas Clínicas. A tal fin se colgarán os contidos orientativos no campus virtual da materia e atenderanse as consultas dos estudantes polo mesmo canal ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos Seminarios, ten como finalidade:

1- Formar aos estudantes no uso da Historia Clínica Electrónica como recurso básico no desenvolvemento da actividade de enfermaría.
2- Formar e entrenar aos estudantes nas actividades mais habituais nas Salas Cirúrxicas previo ao seu rotatorio polos quirófanos.
Farase mediante simulación teórico-práctica e sesión de preguntas, respostas, análise de situacións e conclusións.

A atención personalizada relacionada coa Presentación Oral ten como finalidade orientar os estudantes no uso da comunicación oral e os medios audiovisuais existentes. Poderá realizarse de xeito presencial e/ou a través do campus virtual da materia.

A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, habilidades e actitudes que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada e presencial a través das visitas que as profesoras realizan ás unidades de práctica clínica, outras consultas poderanse facer de xeito virtual mediante o correo electrónico e/ou o campus virtual da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura.
50
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 O traballo de Solución de Problemas realizado no último rotatorio avaliarase cos seguintes criterios que estarán especificados na rúbrica que consta no Cuaderno do Estudante:
1. Presentación e capacidade de síntesis do contido: máximo 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas: uso da entrevista, agrupamento dos datos, uso de escalas, manifestación de dependencia: máximo 2 puntos
3. Razoamento diagnóstico: relación entre manifestacións de dependencia e diagnosticos de enfermaría: máximo 2 puntos
4. Determinación de prioridades, selección de problema ou problemas mais importantes tendo en conta o estado actual e os resultados esperados: máximo 2 puntos
5. Selección adecuada de intervencións de enfermaría e avaliación do plano de coidados segundo o planificado: máximo 2 puntos
6. Bibliografía actualizada e adecuada ao tema tratado, citada no texto do traballo e con referencias Vancouver: máximo 1 punto
O peso do traballo na nota total da asignatura e do 30%. A súa presentación e obrigatoria.
30
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Entregarase, de xeito obrigatorio, ao finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase segundo a rúbrica publicada no Caderno do Estudante:
1- A capacidade de síntese no análise da unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: máximo 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: máximo 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: máximo 4 puntos
O peso total do Portafolios na nota final e do 5%.
5
Presentación oral A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 A presentación oral do traballo realizado ao final do último rotatorio é obrigatoria.
Realizarase nas datas asinadas polas profesoras e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación e se especifican na rúbrica publicada no Cuaderno do estudante:
- Calidade da presentación, clara, legible: máximo 2 puntos
- Axuste ao tempo previsto de exposición: máximo 2 puntos
- Capacidade de síntese, orde na exposición: máximo 2 puntos
- Dominio dos contidos, exposición fluida, terminoloxía científica e nivel de contacto co auditorio: máximo 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%.
5
Seminario A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 A asistencia ao Seminario de Historia Clínica electrónica e Seminario Cirúrxico é obrigatoria.
Se valorará a participación dos estudantes en cada un dos seminarios i eventualmente, poderán ter que realizar documentos de conclusións e/ou proba de coñecementos relacionados cos temas tratados en cada un dos Seminarios realizados.
Cada un dos seminarios terá un peso na nota final da materia de un 5%. Polo que o peso total será de un 10%
10
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes é obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estadías Clínicas III e ter superadas as Estadías Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría. 

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. As ausencias serán recuperadas ao rematar os rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas, as profesoras publicarán o listado de recuperacións no campus virtual da materia, ninguna recuperación fóra de este listado será tida en conta. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no campus virtual da materia antes do inicio das mesmas.

Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas.

Para aprobar a materia é preciso superar de xeito independente tódalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). 
A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. 
A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes. 

Avaliación 2ª oporunidade: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, os estudantes so poderán rempregar a 2ª oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral.

Adianto de portunidade e estudantes con matrícula parcial: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obteviera mais nota. En caso de ugualdade de puntuación e habendo mais aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica.

A realización freudulenta das robas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualifiación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Butcher HK, Bulechek GM, Dochterman JM, Wagner CM (2019). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML. (2019). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2021-2023. Barcelona: Elsevier
CHUAC (2008). Manual de Diagnósticos de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña..
CHUAC (2008). Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña..
CHUAC (2008). Manual para Personal del Bloque Quirúrgico.
Alfaro-Lefevre, R. (2021). Pensamiento crítico, razonamiento clínico y juicio clínico en enfermería. Barcelona:Elsevier
Johnson M, Moorhead S, Bulechek GM, Butcher HK, Maas ML, Swanson E. (2012). Vínculos de NOC y NIC a Nanda-I y diagnósticos médicos. Barcelona: Elsevier
Lunney M. (2011). “Razonamiento Crítico para alcanzar resultados de salud positivos”. Madrid: Elsevier-Masson

A Bibliografía básica para esta materia, ademáis da relacionada neste apartado, está relacionada coa das materias que se recomenda ter cursadas no momento de comenzar as Estadías Clínicas III. Ver o apartado 9 Recomendacións. E recomendable, ademáis, a consulta da páxina web: https://www.fisterra.com/


Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A. (2013). Manual de enfermería intensiva. Documenta Universitaria.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423

 

Martín-Romo Mejías, J. (Coord.). (2014). Actuación de Enfermería en urgencias (2a. ed.). Editorial ICB.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo I. Editorial CEP, S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50560

 

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo II. Editorial CEP, S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50561

 

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo III. Editorial CEP, S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50562

 

Barranco Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Editorial CEP, S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50563

Bibliografía complementaria Bardají Fandós T. (2008). El diario reflexivo como herramienta de autoaprendizaje en la formación de enfermería . Revista Nursing, Agosto-2008; 26(7):52-8
Kübler-Ross E. (1993). Sobre la muerte y los moribundos. Ed. Grijalbo. Barcelona

Bibliografía; que complementa os libros básicos da asignatura e que os docentes poden recomendar a través do campus virtual da materia ó longo do curso académico.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031
Practicum/661G01032

Observacións

Segundo establece o Título de Grao en Enfermaría e necesario ter superadas as Estadías Clínicas I e II para poder matricularse nesta materia.

Esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIOAMBIENTAL, IMPORTANCIA DAS PERSOAS E IGUALDADE DE XÉNERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle ou correo electrónico, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe non sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías