Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Estancias Clínicas IV Código 661G01028
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I,II,III para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
García Rodríguez, María Teresa
Seijo Bestilleiro, Rocio
Correo electrónico
m.t.garcia.rodriguez@udc.es
r.seijob@udc.es
Profesorado
García Rodríguez, María Teresa
Seijo Bestilleiro, Rocío
Seijo Bestilleiro, Rocio
Correo electrónico
m.t.garcia.rodriguez@udc.es
r.seijob@udc.es
rocio.seijo.bestilleiro@sergas.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Estas estancias clínicas correspóndense a un nivel intermedio da aprendizaxe práctica tutelada do estudante, tendo como finalidade integrar os coñecementos e habilidades adquiridos na materia Enfermaría Comunitaria I e II. Están dirixidas á incorporación dos estudantes no ámbito da atención primaria de salud, co fin de que aprendan a proporcionar ás persoas e ás familias coidados integrais e continuos, diagnosticando os problemas de saúde, diseñando os planos de coidados, desenvolvendoos e avaliandoos, tendo en conta a situación de saúde das persoas, o seu contorno e ciclo vital, co obxectivo de promover, manter ou mellorar a súa saúde. Asi mesmo, considerarase un obxectivo primordial o desenvolvemento de habilidades de comunicación cos usuarios, as familias e o equipo do centro de saúde.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar có equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario. A62
B1
B5
B10
B13
B14
B22
C4
C7
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias e grupos. A62
B7
B10
B14
B15
C1
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B8
B9
B11
B12
B19
B20
C3
C10
C11
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. A62
B1
B3
B6
B8
B9
B11
B13
B16
B20
B24
C4
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas realizadas en centros de atención primaria de saúde. Permiten ao estudante integrar os coñocementos teóricos e as habilidades adquiridas; así como comprender, diagnosticar os problemas de saude, deseñar un plan de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación especifica de saúde .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B8 B11 1 0 1
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 240 12 252
Simulación B1 B3 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22 B24 C1 C4 C11 2 10 12
Estudo de casos B1 B3 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C7 C10 C12 2 30 32
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no contorno da atención primaria de saúde. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
Prácticas clínicas Actividade formativa que conleva un contacto coa realidade profesional ó desenvolverse en centros de atención primaria de saúde e na comunidade, nas que os estudantes observan e participan nas actividades do equipo de saúde, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. Cada alumno terá asignado ó inicio do curso un centro de saúde para realizar o rotatorio.
Simulación Ponse ao estudante ante unha situación habitual da práctica de enfermaría en atención primaria na cal se proba o seu comportamento , os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Estudo de casos Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante, consistindo na selección dunha situación clínica concreta validada pola profesora responsable da materia, para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira. Deberá realizarse a presentación oral a outors/as estudantes e ás profesoras.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Estudo de casos
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada co Estudo de Casos e simulación ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación B1 B3 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22 B24 C1 C4 C11 Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria
2.Desenvolvemento das habilidades na entrevista centrada na persoa: 5 puntos
3. Valoración focalizada y determinación de intervenciones específicas: 5 puntos



20
Estudo de casos B1 B3 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C7 C10 C12 Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación do caso ( síntese do contido e orixinalidade,redación e sintaxis, presentación e bibliografía; puntuación total 2 punto)
3. Análise da situación e correcta formulación dos DdE (puntuación total 4 puntos)
4. Selección de resultados e intervencións de enfermaría (puntuación total 3 punto)
5. Exposición oral (presentación, postura corporal, contido, xestión de tempo, destreza verbal;puntuación total 1 punto?)

30
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12

A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos.
50
 
Observacións avaliación

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola  e na páxina web antes do inicio das mesmas.

O finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a estudio de casos e simulación.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.


Fontes de información
Bibliografía básica

 

  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2018-2020. Madrid: Elsevier; 2018.
  • Moorhead S,Swanson E, Johnson M, Maas ML.  Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2018.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 7ª ed. Madrid: Elsevier; 2018.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Arias Vázquez JM, Blanco Rial ML, Constenla Castro A. Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade;2005.
  • Delgado Fernández R, Pérez Vázquez A, Rodríguez Iglesias FJ. Manual de prevención e tratamento de úlceras por presión. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade; 2005.
  • Luis Rodrigo MT. Los diagnósticos enfermeros. Revisión crítica y guía práctica. 8ª ed. Barcelona: Elsevier; 2008.
  • Martín Zurro A, Jodar Sola G. Atención familiar y salud comunitaria: Coneptos y materiales para docentes y estudiantes. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • http://www.fisterra.com/

 

A bibliografía especificada na materia de Enfermaria Comunitaria I e II

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Clínicas V/661G01029
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031

Materias que continúan o temario
Practicum/661G01032

Observacións

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título, é necesario ter superadas as materias Estadías Clínicas I, II e III para poder matricularse nesta asignatura.

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

 

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías