Identifying Data 2019/20
Subject (*) Clinical Placement V Code 661G01029
Study programme
Grao en Enfermaría
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites Ter superadas as Estancias Clínicas I, II,III para poder cursar esta materia.
Department
Coordinador
Souto Fernández, Estela
E-mail
estela.souto@udc.es
Lecturers
Souto Fernández, Estela
E-mail
estela.souto@udc.es
Web
General description Estas estadías clínicas correspóndense a un nivel intermedio da aprendizaxe práctica tutelada do estudante, tendo como finalidade integrar os coñecementos e habilidades adquiridos na materia Enfermaría Clínica I, II, III. Están dirixidas á incorporación dos alumnos no ámbito dos coidados críticos, de xeito que lles permita comprender, diagnósticar e participar no deseño e desenvolvemento dun plano de coidados nas persoas en situación crítica de saúde, e desenvolver habilidades de comunicación efectiva cos doentes, familias e equipo.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Cooperar colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades coidados criticos. A62
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas ingresadas nas unidades de coidados críticos e as súas familias. A62
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C10
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas adultas en situación critica. Colaborar e/o executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C11
Actuar segundo os principios éticos y legáis que guían a profesión. A62
B5
B6
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B16
B24
C1
C4
C7
C11

Contents
Topic Sub-topic
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención as persoas adultas en situación crítica. Permiten ao estudante integrar os coñocementos teóricos e as habilidades adquiridas; así como comprender, diagnosticar os problemas de saude, deseñar un plan de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación especifica de saúde .

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 120 0 120
Problem solving A62 B1 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 2 20 22
Oral presentation C1 C3 C12 0 3 3
Introductory activities A62 1 0 1
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Clinical practice placement Actividade formativa que se desenvolve no 1º cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.

Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde
Problem solving Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. O estudante poderá elexir entre:

- Describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade onde se rota no que a colaboración ou responsabilidade do profesional enfermeiro sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia)

A asistencia será obrigatoria

Oral presentation Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, do protocolo, técnica, procedemento ou caso clínico desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición.
Introductory activities Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.


Personalized attention
Methodologies
Clinical practice placement
Problem solving
Description
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada.

A atención personalizada relacionada coa Solución de Problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das técnicas ou procedementos ou descrición do caso clínico. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, de forma presencial, ou a través do correo electrónico segundo sexa preciso.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos.
50
Problem solving A62 B1 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de Avaliacion:

1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos.
5. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos.

45
Oral presentation C1 C3 C12 O traballo realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación (ata 1 punto cada apartado):
1. Capacidade de resposta: ata 1 punto
2. Xestión do tempo: ata 0,5 puntos
3. Estructura da exposición: ata 1 punto
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 1,5 puntos
5
 
Assessment comments

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa ás Estadías Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

O finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

 


Sources of information
Basic

A bibliografía básica para esta materia está relacionada fundamentalmente coa especificada nas seguintes materias: Enfermaría Clínica I, II e III.

-NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2018-2020. Madrid: Elsevier; 2018.
-Moorhead S,  Swanson E.Johnson M, Maas ML. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2018
-BULECHEK GLORIA M, BUTCHER HOWARD K, DOCHTERMAN JOANN;M,WAGNER;CHERYL M. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). (7ª ed). Madrid: Elsevier; 2018.
-NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Nutrition/661G01009
Pharmacology/661G01011
Professional Ethics, Legal Framework and Philosophy of Care/661G01016
Clinical Nursing III/661G01017
Gerontological Nursing/661G01020
Clinical Placement I/661G01025
Clinical Placement II/661G01026
Clinical Placement III/661G01027
Clinical Nursing I/661G01034
Clinical Nursing II/661G01035
Foundations of Nursing/661G01107

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Practicum/661G01032
Final Dissertation/661G01033

Other comments

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estancia Clínica I, II,e III para poder matricularse.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.