Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estancias Clínicas V Código 661G01029
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I, II,III para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
estela.souto@udc.es
Profesorado
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
estela.souto@udc.es
Web
Descrición xeral Estas estadías clínicas correspóndense ó nivel intermedio da aprendizaxe práctica tutelada do estudante, tendo como finalidade integrar os coñecementos e habilidades adquiridos na materia Enfermaría Clínica III. Están dirixidas á incorporación dos alumnos no ámbito dos coidados críticos, de xeito que lles permita comprender, diagnósticar e participar no deseño e desenvolvemento dun plano de coidados nas persoas en situación crítica de saúde, e desenvolver habilidades de comunicación efectiva cos doentes, familias e equipo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docenDado que o 80% da planificación corresponde a actividade practico clínica non é posible establecer outra metodoloxía para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe e competencias.tes que se manteñen


*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades coidados criticos. A62
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas ingresadas nas unidades de coidados críticos e as súas familias. A62
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C10
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas adultas en situación critica. Colaborar e/o executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C11
Actuar segundo os principios éticos y legáis que guían a profesión. A62
B5
B6
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B16
B24
C1
C4
C7
C11

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención ás persoas adultas en situación crítica. Aplicación e integración dos coñecementos teóricos e habilidades adquiridos ata o momento de realización das prácticas.
Comprender e diagnosticar problemas de saúde reais ou potenciais, diseñar un plan de coidados acorde e desenvolvelo tendo en conta a situación específica de saúde do doente.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 110 10 120
Traballos tutelados A62 B24 B22 B20 B19 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 2 20 22
Presentación oral B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 2 3 5
Actividades iniciais A62 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas O ensino clínico enténdese como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas. Isto lles proporciona a oportunidade que supón a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.

Estas prácticas desenvólvense no 1º cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde reais ou potenciais das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.

Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudante, baixo a tutela do profesor e en escenarios profesionais variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Concretamente nesta materia o estudante deberá elexir entre describir e analizar unha técnica, procedemento ou protocolo específico da unidade onde rota, no que a colaboración ou responsabilidade da enfermeira/o sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia).
Presentación oral Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, da técnica, procedemento ou protocolo desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición.
Actividades iniciais Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.


Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes e realizar o seguimento dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada.

A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.

Para realizar a atención personalizada de forma presencial ou a través de Teams, manterase o horario marcado para a titoría presencial: martes de 15 a 17 horas, ou en outro horario previo acordo entre alumnado e docente.


A atención personalizada ó alumnado realizarase según demanda a través do MOODLE ou o correo electrónico da Universidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B24 B22 B20 B19 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación:

1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos
40
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de avaliación e seguimento específico para esta materia. 50
Presentación oral B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 O traballo realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación:
1. Capacidade de resposta: ata 3 puntos
2. Xestión do tempo: ata 1 puntos
3. Estructura da exposición: ata 2 punto
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 3 puntos
10
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas para poder ser avaliados.

Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ó traballo tutelado e á súa presentación.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

 


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía básica para esta materia está relacionada fundamentalmente coa especificada nas seguintes materias: Enfermaría Clínica I, II e III. Os documentos subidos ó Moodle desta materia serán de lectura obrigada. 

Bibliografía complementaria Martín-Romo Mejías, J. (Coord.) (2014). Actuación de Enfermería en urgencias. LIBRO ELECTRÓNICO. Editorial ICB
Howard K. Butcher HK, Bulechek GM, Dochterman JM, Wagner CM (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Madrid: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Madrid: Elsevier
NANDA International (2018). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2018-2020. Madrid: Elsevier
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A (2013). Manual de enfermería intensiva. LIBRO ELECTRÓNICO. Documenta Universitaria
NANDA International (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier

ACCESO ÓS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC EN ELIBRO):

https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423

https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Practicum/661G01032
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estadía Clínica I, II,e III para poder matricularse.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías