Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estancias Clínicas VI Código 661G01030
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I, II, III para poder cursar esta materia
Departamento
Coordinación
Sánchez Flores, Paula
Correo electrónico
paula.sanchez.flores
Profesorado
Sánchez Flores, Paula
Correo electrónico
paula.sanchez.flores
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Son Estancias Clínicas que corresponden ó nivel intermedio da aprendizaxe práctico clinica que teñen como finalidade integrar os coñecementos e habilidades adquiridas que lles permitan entender, comprender , diagnósticar e participar no deseño e desenvolvemento dun plan de coidados nas muller durante o seu ciclo reprodutivo e en diferentes situacións de saúde e desenvolver habilidades de comunicación efectiva coas mulleres, familias e equipo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario das unidades de atención á muller (díada nai fillo/a). A62
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas mulleres atendidas, os seus familiares e grupos. A62
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos probelmas de saúde das mulleres (díada nai-fillo/a) nas diferentes etapas do ciclo vital. Colaborar/Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. A62
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades de coidado da muller durante o proceso de xestación, parto, posparto ou unidades de coidado relacionadas coa patoloxía obstétrico-xinecolóxica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 120 0 120
Estudo de casos A62 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 2 24 26
Lecturas A62 B24 B22 B19 B16 B12 B11 B10 B9 B8 B4 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 0 2 2
Actividades iniciais A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio de prácticas nunha unidade de atención a muller (ou diada nai fillo/a) no proceso de xestación, parto e posparto.

Desenvólvense no 1º cuadrimestre do cuarto curso e teñen como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das mulleres (díada nai-fillo/a) e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.
Os rotatorios clínicos realizaranse no Complexo Hospital Universitario da Coruña-Teresa Herrera ou centro de saúde.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Actividades iniciais Actividades que se leva a cabo antes do inicio das prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante deben acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada co Estudo de Caso ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A62 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 • Presentación escrita:2 puntos
O documento adáptase a todas as normas e estrutura preestablecidas.
Os apartados están perfectamente ordenados e compren os requisitos.
Excelente redacción. Non hai faltas de ortografía.
En todo o texto apreciase unha utilización excelente do léxico específico.
• Capacidade de síntesis: 1 punto
Demostra unha excelente capacidade para examinar, contrastar e resumir a información.
• Razoamento clínico: 5 puntos
Realiza unha recollida completa e sistemática de tódolos datos das necesidades/patróns.
Correcta formulación Diagnósticos de enfermería e a selección dos resultados
Prioriza correctamente os problemas tendo en conta as prioridades do paciente.
Argumenta a selección das intervención e identifica os puntos de vista diferentes , con base á evidencia científica
Establece criterios para avaliar a efectividade das intervencións

• Traballo autónomo e aportación personal: 1 punto
• Presentación oral do traballo realizado no Estudo de Caso: 1 punto

50
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias.
A asistencia é obrigatoria.
50
 
Observacións avaliación

 A aplicación das
porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a
que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo
estudante segundo os criterios que se establezan.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias
deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as
Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios
establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas
serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante
realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual antes do
inicio das mesmas.

Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar  a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a estudo de casos.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá
obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que
obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis
aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía
de práctica clínica.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións
sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar
unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se
realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e
a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos
persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a
perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía
de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas
actividades da materia de alumnas e alumnos.

- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado
que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.

 


Fontes de información
Bibliografía básica
· Fernández del Castillo, I. La nueva revolución del nacimiento. El camino hacia un nuevo paradigma. Editorial Ob Stare. 2014.
 · Fernández del Castillo, I. La revolución del nacimiento. Ediciones Granica, SA. (edición en e-book). 2006
· González, C. Un regalo para toda la vida. Guía de la lactancia materna. Temas de Hoy; 2012.
· Torrens Sigalés RM, Martinez Bueno C. Enfermería de la mujer. Madrid: Ediciones DAE grupo Paradigma;2009. 
· Liedloff, J. El Concepto del Continuum. Editorial Ob Stare. 4ª ed.2009 
· Claramubt, M.A. Parir sin miedo. El legado de Consuelo Ruiz Vélez-Frías. Editorial Ob Stare. 2009 
· Usandizaga JA. Tratado de obstetricia y ginecología. Vol.I. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2008. 
· Odent, M. El bebé es un mamífero. Editorial Ob Stare (2ª edic). 2007. 
· Seguranyes Guillot G. Enfermería Maternal. Barcelona: Masson SA; 2006. 
. Smulders, B. Parto Seguro. Una guía completa. Ediciones Medici, SA. 2002. 
· Smulders, B, Croon M. Embarazo seguro. La guía más completa y actual. Ediciones Medici, SA. 2001.
· The Boston Women´s Health Book Collective. Nuestros cuerpos, nuestras vidas. Plaza & Janes Editores S.A. 2000.
· Small, M.F. Nuestros hijos y nosotros. Ediciones B Argentina s.a. 1999.
· Calais-Germain, B. El periné femenino y el parto. Anatomía para el movimiento. Editorial La Liebre de Marzo, S.L. 1998.
· NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. Madrid: Elsevier
· Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Madrid: Elsevier
· Howard K. Butcher HK, Bulechek GM, Dochterman JM, Wagner CM (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Madrid: Elsevier
· NANDA International (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier

Bibliografía e enlaces especificados na materia Enfermería Materno-Infantil.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Fisioloxía/661G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas VII/661G01031

Materias que continúan o temario
Practicum/661G01032

Observacións

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título, é necesario ter superadas as materias Estadías Clínicas I, II e III para poder matricularse nesta asignatura.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías