Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Estancias Clínicas VII Código 661G01031
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I,II,III para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
Rei Serra, Teresa
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
Profesorado
Rei Serra, Teresa
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Estancias Clínicas VII correspóndese co nivel intermedio da aprendizaxe práctica tutelada e relaciónase directamente coa materia Enfermaría materno-infantil.
Pretende introducir ó estudante no coñecemento do contexto pediátrico, para o desenvolvemento de habilidades e destrezas nos coidados aplicados neste ámbito, co obxectivo primordial de que aprenda a planificar, prestar e avaliar os coidados de enfermaría á poboación infantil.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar/colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades de coidados infantís. A62
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva cos nenos ingresados nas unidades de coidados infantís e coas súas familias. A62
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C10
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde dos nenos enfermos e das súas familias. Colaborar e/ou executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade do neno. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C11
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamemto das institucións sanitarias A62
B5
B6
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B16
B24
C1
C4
C7
C11

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades de coidado infantil hospitalario.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A62 1 0 1
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 120 0 120
Solución de problemas A62 B1 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 2 20 22
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade de carácter obrigatorio. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, a realización do traballo (solución de problemas), así coma a forma de avaliación.
Prácticas clínicas Desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. Teñen como finalidade capacitar ós estudantes para identificar os problemas de saúde dos nenos enfermos e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados prestados ó neno e á súa familia. Os rotatorios clínicos realizaranse nunha unidade pediátrica do Hospital Teresa Herrera (Materno-infantil) e en quendas rotatorias de mañá ou tarde.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. A asistencia será obrigatoria. O estudante poderá elixir entre describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade; ou describir e analizar unha situación clínica concreta para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das técnicas ou procedementos ou na descrición do caso clínico. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A62 B1 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación: 1. Presentación oral e escrita: 2 puntos. 2.Capacidade de síntese: 2 puntos. 3. Razoamento clínico: 4 puntos. Argumenta a selección das intervencións e identifica os puntos de vista diferentes. Establece criterios para avaliar a efectividade das intervencións 4. Aportación persoal: 2 puntos. 50
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia será obrigatoria. 50
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I, II e III, tal e como consta na memoria do título de grao.

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.


Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán
presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadías
Clínicas.


As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


 

Avaliación 2ª oportunidade


Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade
para recuperar as actividades relativas á solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial


Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Aguilar Cordero MJ. Tratado de enfermería infantil. Cuidados pediátricos. Madrid: Elsevier Science; 2008.
  • Chaure López I, Inarejos García M. Enfermería Pediátrica. Barcelona: Elsevier Masson; 2007.
  • Ruiz González MD, Martínez Barellas MR, González Carrión P. Enfermería del niño y el adolescente. 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermería; 2009.
  • González Villanueva P. Enfermería de la infancia y la adolescencia. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces; 2011.
  • Gómez García CI, Díaz Gómez M, Ruiz García MJ. Enfermería de la infancia y la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2001.
  • Morales Gil IM, García Piñero JM. Guía de intervención rápida en Enfermería Pediátrica. Madrid: DAE; 2003.
  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2012-2014. Madrid: Elsevier; 2013.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. A Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.

Enlaces de interese

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Practicum/661G01032
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións

 Tendo en conta o especificado na materia do Título, é necesario ter superadas as materias Estancia Clínica I,II e III para poder matricularse.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías