Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enfermaría Clínica I Código 661G01034
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Profesorado
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptándoos ao ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos. A34
B1
B3
B4
B6
B9
C1
C3
C11
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B11
B15
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C11
Identificar os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B11
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C8
C10
C11
C12
Planificar coidados de enfermaría as persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Unidade didáctica I: Xeneralidades Bases conceptuais da Enfermaría clínica.
O proceso inflamatorio.
Coidado das feridas.
Atención de enfermaría as persoas con síndrome hemorráxico.
Atención de enfermaría as persoas con dor.
Unidade didáctica II: Atención de enfermaría as persoas sometidas a intervención cirúrxica. Periodo preoreratorio.
Periodo intraoperatorio.
Periodo posoperatorio.
Unidade didáctica III: Atención de enfermería as persoas con trastornos da función respiratoria. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería as persoas con:
Trastornos das vías respiratorias superiores
Asma bronquial.
Enfemidade pulmonar obstructivo crónica.
Infeccións respiratorias.
Tumores pulmonares.
Trastornos torácicos.

Unidade didáctica IV: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función vascular. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería as persoas con:
Trastornos arteriais.
Trastornos venosos.
Trastornos sistema linfático.
Unidade didáctica V: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función renal e urinaria. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería as persoas con:
Insuficiencia renal aguda.
Insuficiencia renal cronica.
Transplante renal.
Síndrome nefrítico.
Síndrome nefrótico.
Infeccións urinarias/cistite, pielonefrite
Uropatía obstructiva/urolitiase.
Tumores prostáticos e vesicais.
Hipertensión arterial.
Trastornos hidroelectrolíticos e ácido-base.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B15 B16 B19 B24 C3 C4 C8 C10 C11 20 20 40
Análise de fontes documentais A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 0 2 2
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 20 20 40
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 0 6 6
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 2 58 60
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. A/o alumna/o sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso, .
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Nas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba mixta
Traballos tutelados
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Descrición
A profesora da materia dedicará tempo a atención personalizada do estudante para seguimento, consultas, orientación do estudio e elaboración dos traballos. O espazo de comunicación será con titoría presencial e a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. Constará de preguntas curtas, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados. 70
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais. 10
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias específicas e transversais. 20
 
Observacións avaliación

A aplicación das
porcentaxes na avaliación final quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías
que computen na avaliación sexan superadas, segundo os criterios establecidos
en cada metodoloxía.

Os criterios de avaliación da
segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade
(xaneiro).

As probas superadas na primeira
oportunidade (xaneiro) conservaranse para a segunda oportunidade (xullo).

Os estudantes con matricula a
tempo parcial realizarán traballos tutelados (10% da nota final) e exame de
proba mixta que constará de preguntas curtas e casos clínicos (90% da nota
final).

Os estudantes que soliciten
adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que
constará de preguntas curtas e estudos de casos. Suporá o 100% da nota.


Fontes de información
Bibliografía básica http://www.fisterra.com/ (). .
Metas de Enfermería (). .
Rol de Enfermería (). .
Enfermería Clínica (). .
Nursing (). .
http://061.sergas.es (). .
SMELTZER SC, BARE BG, HINKLE JL. (2013). BRUNNER Y SUDDARTH. Enfermería Médico-Quirúrgica (2 vol.). . Barcelona: Lippincott-Willians
BUTCHER HK, GM, DOCHTERMAN JM, WAGNER CM. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, JOHNSON M, MAAS ML, SWANSON E. (2018). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier Masson
N.A.N.D.A. Internacional (2019). Diagnósticos enfermeros: Definiciones y clasificación 2018-2020. Barcelona: Elsevier
KIDD PS, WAGNER KD. (1997). Enfermería clínica avanzada. Atención a pacientes agudos. Madrid: Editorial Síntesis
MORILLO RODRIGUEZ J, FERNANDEZ AYUSO D (2016). Enfermería Clínica I. Cuidados generales y especialidades médico-quirúrgicas. Barcelona: Elsevier
ÁRIAS J, ALLER MA, ARIAS JI, ALDAMENDI I. (2000). Enfermería Médico-Quirúrgica (2 vol.). Madrid: Tebar
BARRACHINA BL. (2000). Enfermería Médico-Quirúrgica: Generalidades. Barcelona: Masson
BARDAJÍ FANDOS T, NAVARRO GÓMEZ MV. (2000). Enfermería Médico-Quirúrgica: Necesidad de movimiento.. Barcelona: Masson
OTO CAVERO I, ARQUÉ BM, BARRACHINA BL (2001). Enfermería Médico-Quirúrgica: Necesidad de oxigenación.. Enfermería Médico-Quirúrgica: Necesidad de oxigenación. Barcelona: Masson
LEWIS SM, HEITKEMPER MM, DIRKSEN SR. (2004). Enfermería Medicoquirúrgica. Valoración y Cuidados de Problemas Clínicos (2 vol.). . Madrid: Elsevier-Mosby
SEIDEL HM, BALL JW, DAINS JE, FLYNN JA, SOLOMON BS, STEWART RW (2011). Exploración Física. Barcelona: Elsevier
NAVARRO GÓMEZ MV, NOVEL MARTÍ G. (2005). Médico-Quirúrgica: Necesidad de Comunicación y seguridad.. Barcelona: Masson
ALLUE M. (1996). Perder la piel. Barcelona: Planeta/Seix Barral
CHUAC (2002). PLANES DE CUIDADOS. Complexo hospitalario Universitario Juan Canalejo. A Coruña
NANDA Internacional. (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos.. Barcelona: Elsevier
CANOBBIO M. (1996). Serie Mosby de Enfermería Clínica: Trastornos cardiovasculares. Barcelona: Mosby
WILSON S, THOMPSON,J. (1996). Serie Mosby de Enfermería Clínica: Trastornos respiratorios. Barcelona: Mosby

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Psicoloxía/661G01003
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013
Estancias Clinicas I/661G01025

Materias que continúan o temario
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Farmacoterapia/661G01024
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Practicum/661G01032
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías