Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Clínica II Código 661G01035
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Profesorado
Fernández Fraga, María Ines
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
maria.garciam@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptándoos ao ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas.
Plan de continxencia 1.Non se realizarán cambios nos contidos
2. Mantéñense as metodoloxías realizando as adaptacións necesarias para a modalidade virtual
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Ademais da incorporación de materiais documentais, establecerase “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas do Centro. De 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 5-6 persoas), onde se realizarán discusións dirixidas para a resolución de problemas e permitir o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifican as metodoloxías, só se transformaran á modalidade virtual as probas que na planificación estivesen en modalidade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica

Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
A60 Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos. A34
B1
B3
B4
B6
B9
C1
C3
C11
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B11
B15
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C11
Identificar os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B11
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C8
C10
C11
C12
Planificar coidados de enfermaría as persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Identificar as necesidades específicas de coidados e planificar coidados de enfermaría as persoas con enfermidade avanzada e terminal e as súas familias. A34
A35
A36
A37
A38
A60
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
C11

Contidos
Temas Subtemas
Unidade didáctica VI: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función endócrina e metabólica. Recordo anatomo-fisilóxico.
Atención de enfermería as persoas con:
Diabetes mellitus.
Trastornos da hipófise.
Trastornos da glándulas suprarrenais.
Trastornos de tiroide.
Trastornos de paratiroide.
Unidade didáctica VII: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función dixestiva. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería as persoas con:
Trastornos gástricos e duodenais.
Trastornos intestinais e rectais.
Trastornos hepáticos.
Trastornos biliares.
Trastornos pancreáticos.
Unidade didáctica VIII: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función muscular e esquelética. Atención de enfermería as persoas con:
Alteracións traumáticas do aparello locomotor.
Trastornos dexenerativos do aparello locomotor.
Trastornos inflamatorios do aparello locomotor.
Trastornos infeciosas do aparello locomotor.
Unidade didáctica IX: Atención de enfermaría ao paciente queimado. Concepto, tipos de lesión por queimadura, clasificación. Valoración.
Atención extrahospitalaria e hospitalaria. Tratamento.
Plan de coidados estandarizado para as persoas con queimaduras.
Unidade didáctica X: Atención de enfermaría as persoas en situación de enfermidade avanzada e terminal. Fundamentos dos Coidados Paliativos
Visión social da morte
Comunicación co paciente terminal e a sua familia
Coidados de Enfermaría no paciente terminal.
Control de síntomas.
Vías e técnicas de administración de fármacos.
A agonía.
O duelo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B6 B7 B8 B9 B12 B15 B16 B19 B24 C3 C4 C8 C10 C11 20 20 40
Análise de fontes documentais A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 1 3 4
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 20 20 40
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 1 15 16
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 2 46 48
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Nas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
As docentes realizarán atención personalizada da/o estudante para seguimento, consultas, orientación do estudio e elaboración dos traballos. O espazo de comunicación será a titoría presencial, virtual síncrona (Teams) e asíncrona (Moodle e correo-e)

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de resultados (NOC) e intervencións de enfermería (NIC). 20
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia. As probas constarán de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. 50
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As/os estudantes resolveran situacións de saúde descritas nos casos clínicos. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo e na que se avaliará a adquisición de competencias específicas e transversais. O desenvolvemento da metodoloxía inclúe probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da/o estudante na actividade grupal.
30
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da
materia quedará suxeita ás seguintes condicións: obter unha cualificación
mínima de 4,5 na proba mixta e nos traballos tutelados e estudo de casos unha
cualificación mínima de 5.

2ª oportunidade: Os criterios de avaliación da segunda oportunidade
(xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade (maio/xuño). Os
estudantes con metodoloxías non superadas de proba mixta e estudo de casos,
realizaranse coincidindo coa data oficial do exame da materia da segunda
oportunidade; o traballo tutelado, deberá desenvolverse de xeito individual e a
data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª
oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%. Inclúe preguntas relativas o
desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de
casos. 

Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e realizar as probas escritas
presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de xeito individual
ou grupal, segundo acordo co/a estudante.


Fontes de información
Bibliografía básica NAVARRO CAMPOAMOR, JUAN (2009). Cuidados Paliativos : guía práctica . Madrid : Médica Panamericana
Rol de Enfermería (). .
http://www.fisterra.com/ (). .
http://061.sergas.es (). .
Enfermería Clínica (). .
Metas de Enfermería (). .
Nursing (). .
GONZÁLEZ BARÓN M (2007). Tratado de Medicina Paliativa y tratamiento de soporte del paciente con cáncer. Madrid: Médica Panamericana
BAYÉS R (2006). Afrontando la vida, esperando la muerte. Madrid: alianza editorial
SMELTZER SC, BARE BG, HINKLE JL. (2013). BRUNNER Y SUDDARTH. Enfermería Médico-Quirúrgica (2 vol.). Barcelona: Lippincott-Willians
BUTCHER HK, GM, DOCHTERMAN JM, WAGNER CM. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, JOHNSON M, MAAS ML, SWANSON E. (2018). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
ASTUDILLO W, MENDINUETA C, ASTUDILLO E. (2008) (2008). Cuidados del enfermo en el final de la vida y atención a su familia. Pamplona: Eunsa
EDUARDO BRUERA (2010). Cuidados paliativos : guías para el manejo clínico . Washington, D.C. : Organización Panamericanana de la Salud
BRUERA E, LIMA L (). Cuidados paliativos. Guías para el manejo clínico . [en línea]. [S.I.]: ORGANIZACIÓN PANAMERICANA DE LA SALUD, [s.a]. Disponible en: http://www.paho.or.
SÁNCHEZ MANZANERA R (2007). Cuidados Paliativos: Avances sin final. Jaén: CEP
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier Masson
N.A.N.D.A. Internacional (2019). Diagnósticos enfermeros: Definiciones y clasificación 2018-2020. Barcelona: Elsevier
MORILLO RODRIGUEZ J, FERNANDEZ AYUSO D (2016). Enfermería Clínica I. Cuidados generales y especialidades médico-quirúrgicas. Barcelona: Elsevier
LÓPEZ IMEDIO, E (2003 reimp). Enfermería en cuidados paliativos. Madrid: Médica Panamericana
LEWIS SM, HEITKEMPER MM, DIRKSEN SR. (2004). Enfermería Medicoquirúrgica. Valoración y Cuidados de Problemas Clínicos (2 vol.). . Madrid: Elsevier-Mosby
SEIDEL HM, BALL JW, DAINS JE, FLYNN JA, SOLOMON BS, STEWART RW (2011). Exploración Física. Barcelona: Elsevier
SOCIEDAD ESPAÑOLA DE CUIDADOS PALIATIVOS ( SECPAL) (). Guía de Cuidados Paliativos . [en línea].. [S.I.]: SECPAL, [s.a.]. Disponible en: http://www.secpal.com/guiacp/index.php.
(2008). GUÍA DE PRÁCTICA CLÍNICA SOBRE CUIDADOS PALIATIVOS. Bilbao: Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco
MENCIA SECO V R, DÍEZ CAGIGAL R A (2006). Manejo del enfermo terminal en su domicilio. Actitudes y aptitudes de los profesionales ante la enfermedad, la agonía y la muerte. Jaén: Formación Alcalá
GÓMEZ SANCHO M (2005). Morir con Dignidad. Madrid: Arán Ediciones SL
ALLUE M. (1996). Perder la piel. Barcelona: Planeta/Seix Barral
KÜBLER ROSS E (1989). Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona: Grijalbo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Psicoloxía/661G01003
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013
Estancias Clinicas I/661G01025
Enfermaría Clínica I/661G01034
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Estancias Clinicas II/661G01026

Materias que continúan o temario
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Farmacoterapia/661G01024
Estancias Clínicas III/661G01027
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Practicum/661G01032

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías