Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Socioloxía do Turismo Código 662G01001
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é estudar as teorías que explican os comportamentos dos actores turísticos, coñecer modelos de planificación para o desenvolvemento turístico sostible, describir procedementos de elaboración de produtos turísticos, así como adquirir coñecementos mínimos para saber avaliar socialmente a repercusión do turismo.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer as teorías que expliquen os comportamentos dos turistas e dos actores (empresarios, Administración, etc.) do sistema turístico. A1
A3
A5
A7
A19
A23
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
- Saber formular modelos prácticos de planificación para o desenvolvemento turístico sostible. A1
A3
A5
A7
A19
A23
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
- Comprender como se constrúe un produto turístico, a imaxe que se proxecta e como se percibe. A1
A3
A5
A7
A19
A23
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
- Saber avaliar/analizar socialmente a repercusión do turismo para os turistas e para as sociedades receptoras A1
A3
A5
A7
A19
A23
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. As distintas concepcións sociolóxicas da realidade aplicadas ao turismo.
1.1 Opción multiparadigmática e integrada.
1.2 Paradigmas consenso-conflito.
1.3 Outras teorías aplicadas ao turismo.
2. Métodos e técnicas de investigación aplicados ao turismo.
2.1 Metodoloxía pluralista.
2.2 Métodos cuantitativo e cualitativo.
2.3 Técnicas de recollida e tratamento de datos dos devanditos métodos.
2.4 Fases do método cuantitativo-deductivo aplicado ao turismo.
3. Cambio social e turismo: a evolución do turismo en relación cos grandes cambios sociais.
3.1 Turismo de nobleza e de burguesía.
3.2 Turismo de masas.
3.3 Turismo del siglo XXI.
4. Tendencias do turismo no futuro. 4.1 Tendencias segundo a OMT.
4.2 Riscos mundiais ou locais e posibles variacións das previsións turísticas.
4.3 Sociedades da información.
5. As funcións do turismo para os turistas. As motivacións dos turistas. 5.1 Funciones do turismo: perspectiva da liberación e realización humanas, perspectiva crítica.
5.2 As motivacións dos turistas.
6. A construción social dos produtos turísticos. 6.1. Fases na construción social dos recursos-produtos turísticos e das necesidades dos turistas.
6.2. Obxectivación dos recursos turísticos. Perspectiva da autenticidade.
6.3. O ciclo de vida dos recursos-produtos-destinos turísticos
7. Repercusións do turismo no desenvolvemento integral das sociedades.
7.1. O paradigma do desenvolvemento integral do espazo social.
7.2. Distintos capitais que contribuen ao desenvolvemento integral.
7.3. Metodoloxía de análise.
8. Os planes estratéxicos de desenvolvemento turístico: contidos, estrutura e metodoloxía.
8.1. Modelos de planificación turística.
8.2. Contidos e estrutura do plan.
8.3. Metodoloxía.
8.4. Exemplos de planes turísticos.
9. Imaxe proxectada e percibida dos produtos turísticos. 9.1 A creación da imaxe proxectada.
9.2 A imaxe percibida, satisfacción e comportamento do consumidor.
10. O comportamento do consumidor turístico. 10,1 Estudos macrosociolóxicos da demanda turística.
10.2 Estudos microsociolóxicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 30 40
Proba mixta A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 2 9 11
Sesión maxistral A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 22 37.5 59.5
Estudo de casos A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 5 12.5 17.5
Lecturas A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 5 15 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso o/a alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. Farase seguemento e control dos traballos tutelados nas titorías.
Proba mixta Exame mixto de dúas partes: test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas impartiranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia.
Estudo de casos Visionado de películas ou audiovisuais e traballos de clase que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será plantexada e debatida nos seminarios (clases interactivas).
Lecturas Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será plantexada e debatida nos seminarios (clases interactivas).

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Os traballos tutelados, estudos de casos e lecturas supoñen un control e seguemento que se traballará nas titorías en pequenos grupos en clase ou a través de Teams (en caso necesario), nos seminarios (clases interactivas) ou como traballo autónomo.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental e reflexión sobre o tema. 10
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo está suxeito a exposición oral. Ao comezo de curso facilitaranse as pautas a seguir e tipo de turismo a seleccionar (consensuado entre o grupo). Aquel/a alumno/a que non participe no traballo grupal, terá que facelo de forma individual.

Aspectos avaliables: participación activa, capacidade de síntesis, traballo colaborativo, procura documental, capacidade expositiva e capacidade de reflexión crítica.
20
Proba mixta A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 O/A alumno/a deberá obter no exame unha cualificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior a 4 nalguna das partes. En caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. 60
Estudo de casos A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental e reflexión sobre o tema. 10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%.

Traballos tutelados, estudo de casos e lecturas son traballos obrigatorios para a avaliación continua (40%) e o/a alumno/a ten que obter un mínimo de 5 (sobre 10), entre as tres metodoloxías, para facer media co exame (60%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

Nos casos en que o/a alumno/a non supera unha das partes da materia, xa sexa en 1ª ou 2ª oportunidade, a cualificación final máxima será dun 4.

O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Convocatoria adiantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación de 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá poñerse en contacto co/a profesor/a con
suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma
individual e as datas de entrega.

Dispensa académica: o alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, terá que facer os traballos obrigatorios non presenciais e facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que o/a alumno/a se poña en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.


Fontes de información
Bibliografía básica Huertas Roig, Assumpció (2014). Comunicación de los territorios, los destinos y sus marcas. Editorial UOC
Muntaner Montejano, Jordi (2014). Psicosociología del Turismo. Editorial Síntesis
Álvarez Sousa, Antonio; Mantecón, Alejandro; Puertas- Cañaveral, Inmaculada (2019). Sociología del Turismo. Centro de Investigaciones Sociológicas
Alvarez Sousa, Antonio (2009). Sociología del Turismo. Madrid, Centro de Estudios Financieros
Mazón Martínez, Manuel Tomás (2001). Sociología del Turismo. Editorial Universitaria Ramón Areces
Alvarez Sousa, Antonio (2023). Turismo y Desarrollo Social. Editorial Síntesis
Gascón, Jordi y Cañada, Ernest (2005). Viajar a todo tren. Turismo, Desarrollo y Sostenibilidad. Editorial Icaria

Bibliografía complementaria Abad Galzacorta, M. y Fernández-Villarán, A. (2022). Diseñando experiencias sostenibles en turismo. Editorial Tirand Humanidades
Molina, S. (2006). El posturismo, Turismo y posmodernidad. Editorial Trillas
Bourdieu, P (1989). La distinción. Madrid, Taurus
Kuhn, T (1975). La estructura de las revoluciones científicas. México, Fondo de Cultura Económica
Goffman, Erving (1971). La presentación de la persona en la vida cotidiana. Buenos Aires, Amorrortu
Maslow, A.H. (1963). Motivación y personalidad. Barcelona, Sagitario
Dumazedier, Kaes René y otros (1971). Ocio y sociedad de clases. Barcelona, Fontanella
Knebel, H. J. (1960). Sociología del Turismo. Cambios estructurales en el turismo. Editorial Hispano Europea
Veblen, T. (1971). Teoría de la clase ociosa. México, Fondo de Cultura Ecocómica
Ritzer, G. (1993). Teoría sociológica contemporánea. México Mc Graw-Hill
Vicente de Paula Censi Borges y Jakson Renner Rodrigues Soares (Coord.) (2021). Turismo y Desarrollo: contextos diversos. Thomson Reuters Aranzazi
Rial Boubeta, A (2008). Una aplicación turística para el estudio de la imagen de marca de un destino turístico. Pasos, Vol 6


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas/662G01005
Introdución ao Turismo/662G01009

Materias que continúan o temario
Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo/662G01024

Observacións

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías