Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución ao Dereito Código 662G01003
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Profesorado
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Web
Descrición xeral O Obxectivo da materia é comprender a noción de dereito e os principais fundamentos xurídicos do turismo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Impartiranse os mesmos contidos previstos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Esencialmente a metodoloxía será o máis similar posible, pero a través de outros medios

*Metodoloxías docentes que se modifican

-Sesión maxistral: Pasa a ser pola aplicación Teams, mantendo o seu horario habitual
-Estudo de casos: En lugar de facerse de xeito presencial na aula os/as alumnos/as débenos facer pola súa conta e remitirllos ao profesor, que llos devolverá corrixidos de xeito individualizado
-Proba obxectiva: Tratará de realizarse presencialmente mantendo a distancia de seguridade. De non ser posible pola situación do momento, realizarase de xeito telemático a través de Moodle e/ou Teams
-Análise de fontes documentais: Desenvolverase polo/a alumno/a pola súa conta sendo apoiada de xeito telemático (correo electrónico e Teams) polo profesor.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

-Teams. Entre dúas e tres veces por semana. Dúas para sesións teóricas para todo o grupo e unha terceira (ou máis de ser preciso) para grupos máis reducidos, segundo as súas necesidades
-Moodle. Utilizarase entre dúas e tres veces á semana, esencialmente para subir documentación que se utilizará na asignatura.
-Correo electrónico. Utilizarase diariamente. A través do mesmo resolveranse dúbidas dos alumnos/as e tamén se procederá á entrega e corrección de prácticas.

4. Modificacións na avaliación:

Práctica: 60%
Teoría: 40% (a través dunha proba)

*Observacións de avaliación: Para o alumnado que non seguise a avaliación continua desde o inicio do curso, estará obrigado a entregar todas as tarefas requiridas ao longo do curso nas datas que se indiquen, antes da data de peche da acta de xuño.

Modalidade online: Para a modalidade online, contemplada na Memoria de Grao, seguiranse os mesmos criterios de avaliación, dado que non poden ter exames presenciais.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas no ámbito do Dereito do turismo A14
B1
B4
B6
C4
C7
Coñecemento das principais institucións xurídicas no ámbito do Dereito do turismo A14
B1
B4
B6
C4
C7
Capacidade para a localización e manexo básico de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais) A5
B1
B3
C3
C6
C8
Capacidade para a localización e manexo básico de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais) A5
B1
B3
C3
C6
C8
Familiaridade no manexo de memorias, contratos e outros documentos xurídicos A5
A6
A13
B1
B2
B6
B7
C4
Familiaridade no manexo de memorias, contratos e outros documentos xurídicos A5
A6
A13
B1
B2
B6
B7
C4
Resolución de problemas básicos no ámbito do Dereito do turismo A5
A6
A14
B1
B3
B4
B6
C5
Resolución de problemas básicos no ámbito do Dereito do turismo A5
A6
A14
B1
B3
B4
B6
C5
Aplicación dun pensamento crítico, lóxico e creativo A5
A14
B1
B3
B4
C4
C6
Aplicación dun pensamento crítico, lóxico e creativo A5
A14
B1
B3
B4
C4
C6
Traballo de forma autónoma con iniciativa e de forma colaborativa A6
A13
B3
B5
B7
C1
C2
C4
Traballo de forma autónoma con iniciativa e de forma colaborativa A6
A13
B3
B5
B7
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas

PARTE XERAL
LECCIÓN 1ª.- NOCIÓNS INTRODUCTORIAS 1. O ordenamento xurídico e as súas ramas: Dereito Público e Dereito Privado. O sector turístico como obxecto do Dereito.
2. As fontes do Dereito. Marco normativo do turismo.
3. A norma xurídica: concepto, efectos e término de vixencia.
LECCIÓN 2ª.- A PERSOA 1. Concepto e clases.
2. A capacidade das persoas: capacidade xurídica e capacidade de obrar.
3. A persoa xurídica. Concepto e clases.
4. A representación.
5. O empresario turístico. Dereitos e obrigas
6. Os usuarios de servicios turísticos. Dereitos e obrigas
LECCIÓN 3ª.- A OBRIGACIÓN 1. Concepto e caracteres.
2. Clases.
3. O pago ou cumprimento.
4. O incumprimento.
5. Extinción.
LECCIÓN 4ª.- O CONTRATO EN XERAL 1. Concepto e clasificación dos contratos.
2. Requisitos do contrato: A) O consentimento. B) O obxecto. C) A causa.
3. Formación e perfección do contrato.
4. Eficacia e dinámica do contrato.
5. Ineficacia e invalidez dos contratos.
6. Incumprimento do contrato e responsabilidade contractual.
7. Contratación pública
§
II. PARTE ESPECIAL
LECCIÓN 5ª.- O CONTRATO DE ALOXAMENTO 1. Aloxamento en establecimentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros e o contrato de reserva de prazas de aloxamento en réxime de continxente.
2. Aloxamiento en establecimientos turísticos de aproveitamento por turno.
3. O contrato de hospedaxe.
4. O contrato de xestión hotelera.
LECCIÓN 6ª.- O CONTRATO DE TRANSPORTE 1. Concepto e clases. Especial atención ao contrato de chárter.
2. O transporte de pasaxeiros: A) Concepto e normativa aplicable. B) Formalización e contido do contrato. C) Supostos de incumprimento e réxime de responsabilidade.
3. Os cruceiros turísticos.
4. O arrendamento de vehículos.
LECCIÓN 7ª.- O CONTRATO DE VIAXE COMBINADA E OS SEGUROS TURÍSTICOS 1. O contrato de viaxe combinada: A) A intermediación e as empresas turísticas de intermediación. B) Concepto e regulación. C) Elementos do contrato, contido e modificación dos elementos do contrato. D) Extinción do contrato. E) Incumprimento e responsabilidade.

2. Os seguros turísticos: A) Concepto e clases. B) Elementos do contrato. C) Contido. D) Seguro de asistencia en viaxe e seguro de equipaxe.
LECCIÓN 8ª.- RESTAURACIÓN E INFORMACIÓN TURÍSTICAS 1. Restauración turística: A) Concepto. B) O contrato de hostalería. C) O contrato de catering.
2. Información turística: guías de turismo.
LECCIÓN 9ª.- A DISCIPLINA TURÍSTICA: INSPECCIÓN TURÍSTICA 1. Ámbito de actuación
2. Funcións da inspección turística
3. Facultades da inspección turística
4. Deberes para coa inspección turística
5. Deberes dos inspectores
6. Actas de inspección e de infracción
LECCIÓN 10ª.- A DISCIPLINA TURÍSTICA: RÉXIME SANCIONADOR 1. A actividade sancionadora no ámbito do turismo.
2. Infraccións
3. Sancións.
4. O procedemento sancionador.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A13 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C7 25 0 25
Estudo de casos A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C8 6 32 38
Análise de fontes documentais A5 A14 B1 B3 B4 B7 C3 C4 C6 C8 4 7 11
Proba obxectiva B2 B3 B4 B6 C7 4 62 66
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura.

Modalidade online: Facilitaranse os contidos dos temas a través de Moodle, explicándose os mesmos a través de Teams e aclarando as dúbidas existentes por este sistema ou por correo electrónico.
Estudo de casos Trátase de que os alumnos apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos que xa foron resoltos polos Tribunais ou que ben son susceptibles de plantearse na práctica xurídica.

Modalidade online: Os/as alumnos/as realizarán diversos casos relacionados co contido da materia que remitirán por correo electrónico ao profesor e este lles devolverá correxidos sinalando os erros comentidos.
Análise de fontes documentais Consistirá no manexo de textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión a fin de que os alumnos poidan desenvolver esta competencia no seu futuro profesional.

Modalidade online: Os alumnos acreditarán esta análise a través dun caso práctico que se remitirá por correo electrónico. As dúbidas que xurdan ao respecto serán resoltas por correo electrónico ou por Teams.
Proba obxectiva Os alumnos deberán examinarse dos contidos que conforman a materia do curso. Con independencia da modalidade de exame que se poña en práctica o alumno deberá respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Descrición
Ademáis das indicacións de carácter xeral, os alumnos recibirán de maneira individualizada ou por grupos de traballo as orientacións que sexan precisas para o correcto desenvolvemento dos seus traballos.

Modalidade online: as prácticas e casos realizados serán correxidos e remitidos de xeito individualizado polo profesor que, ademais, resolverá cantas dúbidas lles xurdan aos alumnos a través de correo electrónico ou de Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B4 B6 C7 Oa alumnos deberán respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen. 60
Estudo de casos A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C8 Os alumnos deberán analizar e resolver supostos de feito susceptibles de plantearse na práctica profesional.

Modalidade online: Os/as alumnos/as realizarán diversos casos relacionados co contido da materia que remitirán por correo electrónico ao profesor e este lles devolverá correxidos sinalando os erros comentidos.
35
Análise de fontes documentais A5 A14 B1 B3 B4 B7 C3 C4 C6 C8 Os alumnos deberán localizar e manexar textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión.

Modalidade online: Os alumnos acreditarán esta análise a través dun caso práctico que se remitirá por correo electrónico. As dúbidas que xurdan ao respecto serán resoltas por correo electrónico ou por Teams.
5
 
Observacións avaliación

Modalidade presencial:

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao final do curso. 

En xullo, o examen será o 100% da nota final.

Modalidade online:
Para superar a materia é imprescindible ter realizado e entregado máis dun 70% das tarefas online e que a nota media nese apartado sexa dun un 4 ou superior.

1ª Oportunidade: a parte de actividades online ten un valor dun 40%, a parte de exame teórico ten un valor dun 60%.

2ª Oportunidade: gárdase a nota da parte de actividades online obrigatorias realizadas, no caso de ter mínimo un 4 na mesma, durante o curso (40%). O exame teórico ten un valor do 60%.


Fontes de información
Bibliografía básica BARBA DE VEGA, J. y CALZADA CONDE, M.ª A. (). Introducción al Derecho Privado del Turismo. Cizur Menor / Thomson - Aranzadi
AURIOLES MARTÍN, A (). Introducción al Derecho turístico. Madrid / Tecnos
GARCÍA MACHO, R. y RECALDE CASTELLS (). Lecciones de Derecho del Turismo. Valencia / Titant lo Blanch

É imprescindible o uso das fontes normativas directas, consultando as leis no BOE.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías