Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Introdución ao Dereito Código 662G01003
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Profesorado
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é comprender a noción de dereito e os principais fundamentos xurídicos do turismo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas no ámbito do Dereito do turismo A14
B1
B4
B6
C4
C7
Capacidade para a localización e manexo básico de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais) A5
B1
B3
C3
C6
C8
Familiaridade no manexo de memorias, contratos e outros documentos xurídicos A5
A6
A13
B1
B2
B6
B7
C4
Resolución de problemas básicos no ámbito do Dereito do turismo A5
A6
A14
B1
B3
B4
B6
C5
Aplicación dun pensamento crítico, lóxico e creativo A5
A14
B1
B3
B4
C4
C6
Traballo de forma autónoma con iniciativa e de forma colaborativa A6
A13
B3
B5
B7
C1
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
LECCIÓN 1ª.- NOCIÓNS INTRODUCTORIAS 1. O ordenamento xurídico e as súas ramas: Dereito Público e Dereito Privado. O sector turístico como obxecto do Dereito.
2. As fontes do Dereito. Marco normativo do turismo.
3. A norma xurídica: concepto, efectos e término de vixencia.
LECCIÓN 2ª.- A PERSOA 1. Concepto e clases.
2. A capacidade das persoas: capacidade xurídica e capacidade de obrar.
3. A persoa xurídica. Concepto e clases.
4. A representación.
5. O empresario turístico. Dereitos e obrigas
6. Os usuarios de servizos turísticos. Dereitos e obrigas
LECCIÓN 3ª.- A OBRIGA 1. Concepto e caracteres.
2. Clases.
3. O pago ou cumprimento.
4. O incumprimento.
5. Extinción.
LECCIÓN 4ª.- O CONTRATO EN XERAL 1. Concepto e clasificación dos contratos.
2. Requisitos do contrato: A) O consentimento. B) O obxecto. C) A causa.
3. Formación e perfección do contrato.
4. Eficacia e dinámica do contrato.
5. Ineficacia e invalidez dos contratos.
6. Incumprimento do contrato e responsabilidade contractual.
7. Contratación pública
LECCIÓN 5ª.- O CONTRATO DE ALOXAMENTO 1. Aloxamento en establecimentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros e o contrato de reserva de prazas de aloxamento en réxime de continxente.
2. Aloxamiento en establecimientos turísticos de aproveitamento por turno.
3. O contrato de hospedaxe.
4. O contrato de xestión hotelera.
LECCIÓN 6ª.- O CONTRATO DE TRANSPORTE 1. Concepto e clases. Especial atención ao contrato de chárter.
2. O transporte de pasaxeiros: A) Concepto e normativa aplicable. B) Formalización e contido do contrato. C) Supostos de incumprimento e réxime de responsabilidade.
3. Os cruceiros turísticos.
4. O arrendamento de vehículos.
LECCIÓN 7ª.- O CONTRATO DE VIAXE COMBINADA E OS SEGUROS TURÍSTICOS 1. O contrato de viaxe combinada: A) A intermediación e as empresas turísticas de intermediación. B) Concepto e regulación. C) Elementos do contrato, contido e modificación dos elementos do contrato. D) Extinción do contrato. E) Incumprimento e responsabilidade.

2. Os seguros turísticos: A) Concepto e clases. B) Elementos do contrato. C) Contido. D) Seguro de asistencia en viaxe e seguro de equipaxe.
LECCIÓN 8ª.- RESTAURACIÓN E INFORMACIÓN TURÍSTICAS 1. Restauración turística: A) Concepto. B) O contrato de hostalería. C) O contrato de catering.
2. Información turística: guías de turismo.
LECCIÓN 9ª.- A DISCIPLINA TURÍSTICA: INSPECCIÓN TURÍSTICA 1. Ámbito de actuación
2. Funcións da inspección turística
3. Facultades da inspección turística
4. Deberes para coa inspección turística
5. Deberes dos inspectores
6. Actas de inspección e de infracción
LECCIÓN 10ª.- A DISCIPLINA TURÍSTICA: RÉXIME SANCIONADOR 1. A actividade sancionadora no ámbito do turismo.
2. Infraccións
3. Sancións.
4. O procedemento sancionador.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A13 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C7 25 0 25
Estudo de casos A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C8 7 30 37
Análise de fontes documentais A5 A14 B1 B3 B4 B7 C3 C4 C6 C8 6 6 12
Proba de resposta breve B2 B3 B6 C7 1.5 12 13.5
Proba obxectiva B2 B3 B4 B6 C7 2.5 50 52.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura.
Estudo de casos Trátase de que os/as alumnos/as apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos que xa foron resoltos polos Tribunais ou que ben son susceptibles de plantearse na práctica xurídica.
Análise de fontes documentais Consistirá no manexo de textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión a fin de que os/as alumnos/as poidan desenvolver esta competencia no seu futuro profesional.
Proba de resposta breve Os/as alumnos/as deberán realizar unha proba consistente en resolver brevemente as cuestións que se lles realicen
Proba obxectiva Os/as alumnos/as deberán examinarse dos contidos que conforman a materia do curso. Con independencia da modalidade de exame que se poña en práctica o/a alumno/a deberá respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Descrición
Ademáis das indicacións de carácter xeral, os/as alumnos/as recibirán de maneira individualizada ou por grupos de traballo as orientacións que sexan precisas para o correcto desenvolvemento dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B4 B6 C7 Os/as alumnos/as deberán respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen. 55
Estudo de casos A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C8 Os/as alumnos/as deberán analizar e resolver supostos de feito susceptibles de plantearse na práctica profesional. 20
Análise de fontes documentais A5 A14 B1 B3 B4 B7 C3 C4 C6 C8 Os/as alumnos/as deberán localizar e manexar textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión. 10
Proba de resposta breve B2 B3 B6 C7 Os/as alumnos/as deberán respostar brevemente as cuestións que se lles realicen 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao final do curso.

Na segunda oportunidade, o examen será o 100% da nota final. Do mesmo xeito sucederá para os alumnos/as que soliciten convocatoria anticipada.

Considerarase coma non presentado só a aquelas persoas que non acudan ao exame final da asignatura.

Implicaciones da fraude
académica na realización das probas ou actividades de avaliación
: a realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual,
auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a
cada cuatrimestre académico, cos servizos dispoñibles na UDC, coa
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade
de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Rodríguez, Carmen (). Derecho administrativo del turismo. Marcial Pons
BARBA DE VEGA, J. y CALZADA CONDE, M.ª A. (). Introducción al Derecho Privado del Turismo. Cizur Menor / Thomson - Aranzadi
AURIOLES MARTÍN, A (). Introducción al Derecho turístico. Madrid / Tecnos
GARCÍA MACHO, R. y RECALDE CASTELLS (). Lecciones de Derecho del Turismo. Valencia / Titant lo Blanch
Dir. Enrique Ortega Burgos, Mª Teresa Echevarría de Rada; Coord. Mª Medina Alcoz, Mª Rosa Tapia (). Manual de derecho privado del turismo. Tirant lo Blanch

É importante o uso das fontes normativas directas, consultando as leis no BOE.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías