Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Idioma Moderno: Inglés Código 662G01006
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Montoya Reyes, Ana
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
Profesorado
Montoya Reyes, Ana
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
sarah.moss@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia foi deseñada para potenciar a comprensión auditiva, a expresión oral, a comprensión lectora e a expresión escrita na lingua inglesa mediante a utilización de diverso material referente ao ámbito turístico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender textos escritos e orais en lingua inglesa procedentes de diversas fontes e específicos do ámbito turístico. A1
A7
A13
A15
A29
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C2
C4
C5
C7
C8
Expresar información en lingua inglesa, tanto a nivel escrito como oral, sobre temática específica do ámbito turístico, utilizando adecuadamente o vocabulario e as estruturas gramaticais necesarias estudadas previamente. A1
A6
A13
A15
A29
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Dominar o vocabulario necesario e as estruturas gramaticais precisas para poder expresarse correctamente en lingua inglesa, tanto a nivel escrito como oral, en contextos propios do ámbito turístico. A1
A6
A13
A15
A29
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
An introduction to the language of Tourism Reasons for travel over the centuries and in contemporary society
Types of travel and tourist
The structure of the tourism industry - chain of distribution/supply services, etc.
Describing trends in Tourism (numbers, graphs, statistics)
Gastronomy Culinary tourism
Describing dishes / menus to visitors
Gastronomy in Galicia
Working with visitors Providing information about attractions and amenities.
Giving directions and practical information.
Describing monuments /sites of interest (built and environmental heritage)
Guided tours - working as a guide
The persuasive language of tourism Writing and talking about a destination; the use of specific language (adjectives, verbs, collocations, etc.).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A13 A15 A33 A34 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 33 58 91
Proba oral A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 3 18 21
Lecturas A13 A15 B1 B3 B4 B6 C2 C4 C7 2 8 10
Proba mixta A1 A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 2 12 14
Análise de fontes documentais A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Clases prácticas nas que o estudantado traballará en clase co material necesario e recibirá a información precisa para o desenvolvemento das súas habilidades comunicativas, tanto a nivel escrito como a nivel oral.
Proba oral Actividades orais tanto improvisadas como guiadas que se realizarán ao longo do cuadrimestre para avaliar a habilidade comunicativa a nivel oral do estudantado, mellorar a fluidez e a expresión espontánea.
Lecturas Lectura de artigos relacionados co sector turístico para discusión e debate en clase.
Proba mixta Proba que se realizará ao final do cuadrimestre para avaliar a expresión escrita e a comprensión lectora dos estudantes ademáis do dominio de gramática, sintaxe e campos semánticos especializados.
Análise de fontes documentais Exercicios y actividades basados en materiais audiovisuais

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Lecturas
Obradoiro
Descrición
Tanto os talleres como as diversas presentacións orais conlevan unha atención personalizada segundo as necesidades de cada alumno. Ademais, os estudantes poderán solicitar consellos sobre a súa aprendizaxe autónoma.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 Exame final escrito que consistirá en calquera combinación das seguintes tarefas:
exercicios de vocabulario, comprensión lectora, gramática, redacción, traducción e resumo.
50
Proba oral A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Avaliaráns exposicións/presentacións dentro y fora da aula relacionadas cos contidos da materia. 30
Obradoiro A13 A15 A33 A34 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Avaliaránse tarefas / probas realizadas dentro e fora da aula
20
 
Observacións avaliación

Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

    Os/As estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de avaliación (proba mixta, obradoiro, e proba/as oral/es) para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.


DISPENSA ACADÉMICA

O/A alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado/a seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O/A alumno/a terá que poñerse en contacto co/coa profesor/a tan pronto como teña concedida a dispensa.

2ª OPORTUNIDADE

    O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as alumnos deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do taller, este consistirá dunha tarefa adicional que se incluirá na proba mixta objetiva/subxetiva (exame escrito).

    Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.

Os/As alumnos da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (70%) e unha proba oral (30%).

Calificación de NON PRESENTADO/A

Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Perspectivade Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativasde aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografíade autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos ealumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



Fontes de información
Bibliografía básica P. Strutt (2013). English for International Tourism. Intermediate. Pearson
P. Strutt (2013). English for International Tourism. Intermediate Workbook. Pearson
P. Strutt (2013). English for International Tourism. Upper Intermediate. Pearson
P. Strutt (2013). English for International Tourism. Upper Intermediate Workbook. Pearson

Proporcionarase fontes bibliográficas adicionais ao longo do cuadrimestre

Bibliografía complementaria M.Hewings (2005). Advanced Grammar in Use. Cambridge
R. Murphy (2004). English Grammar in Use . Cambridge

Proporcionarase fontes bibliográficas adicionais ao longo do cuadrimestre


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés/662G01015
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés/662G01028
Inglés no Contorno Profesional/662G01045

Observacións
Aínda que non se trata dun curso de inglés xeral, o nivel sitúase no B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. 

A adquisición de competencias en linguas estranxeiras require constancia, continuidade e autoaprendizaxe.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías