Identifying Data 2022/23
Subject (*) Cultural Heritage Code 662G01007
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Humanidades
Coordinador
Lezcano González, Mª Elvira
E-mail
m.lezcano@udc.es
Lecturers
Lezcano González, Mª Elvira
E-mail
m.lezcano@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
General description Dada a amplitude de ámbitos que abarca o concepto de Patrimonio Cultural, o obxectivo fundamental da materia é aproximar ao alumno a todos eles tendo en conta a súa vinculación co fenómeno turístico.
Ademais de proporcionar uns coñecementos básicos e xerais sobre a materia, preténdese mostrar o papel das persoas expertas en turismo en calquera programa de xestión do patrimonio e conciencialo da importancia da súa presencia no mesmo.


Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A30 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural.
A31 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
A33 Creatividade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Definir o concepto de Patrimonio Cultural e a súa relación co turismo A1
A3
A5
A8
A18
A29
A30
A33
B1
B2
B4
B5
B6
B7
C4
Coñecer e analizar as principais manifestacións artísticas de cada periodo histórico A1
A8
A18
A29
A30
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C4
Estudiar os principaies tipos de bens culturais e as súas características A1
A5
A18
A23
A29
A30
A33
B1
B2
B4
B5
B6
B7
C4
Profundizar no concepto de Xestión do Patrimonio A1
A2
A3
A8
A18
A19
A23
A29
A30
A31
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
Analizar e profundizar en cada unha das fases da cadea lóxica da xestión do patrimonio A1
A2
A3
A13
A14
A18
A19
A23
A29
A30
A31
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C2
C4
C5
C7
C8
Definir o significado do turismo cultural e a súa relación co patrimonio A1
A2
A3
A8
A18
A23
A27
A29
A30
A31
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C6
Aprender a terminoloxía artística básica no ámbito da arquitectura, escultura e pintura e os os diferentes estilos artísticos a través dos casos de A Coruña e Santiago A1
A8
A18
A30
A33
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C4

Contents
Topic Sub-topic
Bloque 1- Patrimonio cultural e Turismo. 1.1. Marco conceptual.
1.2. Clasificación dos bens culturais.
1.3.O Turismo Cultural.
Bloque 2- Especial referencia ao Patrimonio Artístico e Monumental. 2.1. O comentario da obra de arte.
2.2. Técnicas e terminoloxía artísticas.
2.3. Nocións xerais sobre os principais estilos.
Bloque 3- O Patrimonio galego. 3.1. Historia de Galicia.
3.2. Principais exemplos do patrimonio arquitectónico galego.
3.3. A cidade de A Coruña.
3.4. A Catedral de Santiago e a súa contorna.
Bloque 4- Xestión do Patrimonio: 4.1. Marco conceptual.
4.2. A protección do Patrimonio.
4.2.1. Lexislación (Especial atención á Lei galega).
4.2.2. Catalogación.
4.2.3. Conservación.
4.3. A Investigación.
4.4. A Difusión.
4.4.1. Patrimonio e museos (O caso galego).
4.4.2. A Interpretación do Patrimonio.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A8 A14 A18 A23 A27 A30 A31 B4 C2 C4 C5 C6 C7 C8 20 30 50
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A8 A13 A14 A18 A23 A30 A31 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C4 2 20 22
Oral presentation A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8 9 21 30
Simulation A3 A5 A8 A13 A23 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C8 5 30 35
Field trip A1 A2 A3 A5 A8 A18 A23 A30 A31 B1 B4 B5 B7 C4 C8 8 2 10
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. A asistencia á clase maxistral é obligatoria
Mixed objective/subjective test Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

A proba será idéntica que a do alumnado presencial.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

A proba será idéntica que a do alumnado presencial.
Simulation Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
El alumnado deberá elexir entre: Prácticas voluntarias Coruña Educa ou un traballo tutelado establecido pola profesora. Unha vez elixida a modalidade, no se permitirán cambios.
Field trip Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.

O alumnado da Modalidade On line estará exento destas saídas.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Description
A atención personalizada poderá ofrecerse durante os seminarios e titorías, ou dun xeito individual, se se precisa por parte dos alumnos

O alumnado de Modalidade On Line: Recibirá titorías grupais e individualizadas como orientación a través de TEAMS, así como atención por correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A8 A13 A14 A18 A23 A30 A31 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C4 Exame escrito ou oral no que se combina o comentario de texto co recoñecemento de imaxes e preguntas específicas sobre a materia.Para facer o cómputo coas demais porcentaxes, é preciso superar o exame nun 50% 40
Oral presentation A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Consisitirá nun traballo relacionado coa materia que será exposto en clase.
30
Simulation A3 A5 A8 A13 A23 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C8
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor
en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Traballo individual sobre as saídas de campo realizadas na materia, que será dinamizado nas titorías.
O alumnado de Grao en Turismo poderá elexir entre Prácticas voluntarias no Programa Coruña Educa ou outro, ou ben un exame oral sobre a cidade da Coruña.

O alumnado de Simultaneidade de Grao fará un exame oral sobre a cidade de Coruña en inglés (en colaboración coa materia de Inglés)

30
 
Assessment comments
A asistencia a clase é obrigatoria. 
De forma esporádica pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia.

As persoas que, por unha causa xustificada, non poidan asistir o día indicado para a súa presentación oral terán que acordar coa profesora outra data. 
As saídas de campo, conferencias ou outras actividades son unha obriga e poderán requirir a presentación dunha recensión, que servirá como demostración da asistencia. 

 As persoas que participen nas prácticas voluntarias non poderán cambiar de modalidade unha vez decidida a participación. 

 -Todas as partes teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder facer o cómputo final. 
 
O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa cualificación obtida na parte suspensa, ata que se poida facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 
 As instrucións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 
 Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade
O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. 
 Está prohibido acceder á aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ ou almacenamento de información. 

 Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Poderán seguir a modalidade de avaliacion do alumnado a distancia.
 En todas as modalidades, a detección de plaxio ou calquera evidencia de falsidade serán penalizadas co suspenso na materia ata a seguinte oportunidade ou convocatoria.

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: 
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.

Sources of information
Basic FATÁS , G. e BORRÁS, G (1999). Diccionario de términos de arte. Alianza Editorial, Madrid
NIETO ALCAIDE,V. et al. (2000). Historia del arte. Ed. Nerea, Madrid
HARTT, F. (1989). Arte.Historia de la pintura, esculturaa y arquitectur. Ed. Akal, Madrid
LEZCANO GONZÁLEZ, M.E. (2011). El Sanatorio Riazor, una auténtica experiencia interpretativa.. Boletín de Interpretación nº 25, AIP.www.interpretaciondelpatrimonio.com/boletin
ROTH, L (1999). Entender la arquitectura, sus elementos, historia y significado. Ed. Gustavo Gilli, Barcelona
PÉREZ SANTOS, E. (2000). Estudios de visitantes en museo. Metodología y aplicaciones. . Ed. Trea, Gijón
BALLART, J. e JUAN i TRESSERAS, J (2001). Gestión del Patrimonio Cultural. Ed. Ariel, Barcelona
HATJE, U. et al. (1989). Historia de los estilos artísticos (2 vols). Ed. Istmo, Madrid
AZNAR, S. Y CÁMARA, A. (2002). Historia del Arte. UNED, Madrid
GOMBRICH, E.H. (1996). Historia del Arte. Ed. Debate, Madrid
MARTÍN GONZÁLEZ, J.J. (1992). Historia del Arte (2 vols.). Ed. Gredos, Madrid
SORALUCE BLOND, J.R. (2015). Historia del Arte para incrédulos. Tórculo Eds. A Coruña
ESPINO, J. Y MORÁN, M ( 1996). Historia General del Arte Español. SGEL, Madrid
JANSON, H.W. (1995). Historia General del Arte(4 vols.). Alianza Editorial, Madrid
GONZÁLEZ, M., LEZCANO, M.E., e SERANTES, A. (2014). Interpretación do Patrimonio Artístico. Guía para profesionáis do turismo. CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, Oleiros
TUGORES, F. e PLANAS, R. (2006). Introducción al Patrimonio Cultural. Edics.Trea, Gijón
BORRÁS,J, et al. (1996). Introducción general al arte. Ed. Istmo, Madrid
TILDEN, F. (2006). La interpretación de nuestro patrimonio. Asociación para la Interpretación del Patrimonio, Sevilla
LAJO, R. (1990). Léxico de Arte. Ed. Akal, Madrid
QUEROL, María Ángeles (2020). Manual de Gestión del Patrimonio Cultural. Akal
CRESPI, M. E PLANELLS, M. (2003). Patrimonio Cultural. Síntesis, Madrid
MORALES, A.J. ( 1996). Patrimonio histórico-artístico. Historia 16, Madrid

Engadiranse referencias bibliográficas no transcurso da materia.

En Moodle inclúense as referencias bibliográficas e documentos sobre A Coruña e a Catedral de Santiago

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

A asistencia ás aulas é unha obriga

A asistencia ás saídas de campo é fundamental, pois supoñen a preparación da  Simulación (Prácticas voluntarias ou Exame oral da cidade)



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.