Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Introdución ao Turismo Código 662G01009
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
de Carreño de Vicente, María de las Mercedes
Correo electrónico
m.decarreno@udc.es
Profesorado
de Carreño de Vicente, María de las Mercedes
Rodríguez Pallas, Angel
Correo electrónico
m.decarreno@udc.es
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia preténdese a aproximación do alumnado ao turismo en todos os seus ámbitos dun modo introductorio. A adquisición dunha cultura turística e a comprensión dos distintos aspectos e organización da actividad dende un punto de vista transversal, son obxectivos básicos a alcanzar no transcurso da mesma e imprescindibles para que o alumnado se familiarice coa realidade turística e a súa terminoloxía.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos do turismo A1
A2
A3
A4
A7
A23
A27
B1
B2
B4
B6
Coñecer as diferentes dimensións do turismo e as súas interrelacións A1
A2
A3
A4
A7
A8
A23
A27
B1
B2
B4
B7
Estudiar as tendencias turísticas e os factores de inestabilidade no turismo A1
A2
A3
A4
A7
B1
B4
B5
B6
Comprender que todos os aspectos e cualidades inciden directa ou indirectamente na calidade do turismo A1
A3
A5
A8
B1
B4
B5
B6
C4
Manexar fontes de información relacionadas co turismo A1
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C1
C2
C3
C4
C7
Propoñer criterios de turismo sostible A1
A3
A5
A19
A23
B1
B3
B4
B5
C4
Saber abordar o turismo dende unha perspectiva histórica ate o momento actual A1
A3
A23
A27
B1
B4
Saber entender o turismo como motor de desenvolvemento das sociedades humanas A3
Coñecer os cambios que se experimentan nos procesos de desenvolvemento turístico A1
A3
B1
B4
Coñecer o papel do lecer na sociedade actual e as tendencias de futuro A1
A3
Empregar as fontes sociais e históricas para extraer e interpretar información sobre o desenvolvemento do turismo A1
A3
A14
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Extrapolar experiencias e tomar decisións a partir da análise das características de diversos modelos turísticos, a súa potencialidade e evolución A3
B1
B4
B6
Coñecer a importancia da investigación en turisno A5
B1
B2
B3
B4
B6
C4
C6
C8
Identificar situacións e realidades nas que se atopa inmerso o sector A1
A3
A5
A19
A27
B1
B3
B4
C2
C4
C5
C6
Analizar, interpretar e inferir datos e resultados para a aplicación da investigación aos fines propostos A1
A3
A5
A19
B1
B3
B4
B6
B7
C1
C4
C5
C7
C8
Coñecer e recoñecer os principais axentes que actúan no mercado turístico nacional e internacional A1
A3
A7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ao turismo 1.1. Concepto e definicións.

2. A Actividade Turística 2.1. O suxeito do turismo - Tipoloxías de turismo
2.2. Motivacións
2.3. Correntes turísticas
2.4. O sistema turístico
3. Evolución Histórica 3.1. Dende as orixes ata o século XXI.
3.2. Evolución histórica do turismo en España.

4. O Mercado Turístico 4.1. Demanda turística
4.2. Oferta turística
4.3. Estacionalidade

5. Impactos do Turismo 5.1. Económicos
5.2. Ambientais
5.3. Socioculturais

6. Agentes del Turismo I 6.1. Aloxamentos e restauración.
6.2. Transportes e outros provedores.
6.3. Produción e distribución.
7. Agentes del Turismo II 7.1. A Administración pública turística.
7.2. Organizacións supranacionais
8. Política Turística 8.1. Concepto
8.2. Evolución da política turística en España
9. Gestión de Destinos: Sostenibilidad 9.1. Planificación
9.2. Tecnoloxía
9.3. Accesibilidade
10. O Turismo como Ciencia Reflexión e Debate

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 20 39 59
Saídas de campo A5 A8 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C4 C6 C8 1 4 5
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 2 18 20
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A7 A23 A27 B4 B5 C2 C4 C5 C6 C8 21 41 62
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Neste curso realizarase un traballo en grupo no que, a partir dun caso elexido xunto coa profesora, se tratarán todos os temas aprendidos ao longo da materia (daranse as pautas necesarias para realizalo ao inicio das clases).
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
A profesora dispón dun horario de tutorías para atención personalizada



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Durante o curso, estableceranse diferentes exercicios, actividades interactivas e/o traballos, que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo sobre un caso ou tema aprobado pola/o profesora/profesor que se relacionará co contido de materia e que se irá realizando ao longo do curso (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización).
Na avaliación continua terase en conta todos as actividades realizadas durante o curso para a mellor comprensión e adquisición de conceptos, -como comentarios, exercicios, procuras propostas pola/o profesora/profesor, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas etc.- así como o traballo final.
Na súa valoración considerarase: a exposición ou redacción, a capacidade de sintesis, a capacidade de análise, a achega persoal, a coordinación con compañeiros, o rigor e a actualización das fontes utilizadas.
40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Nas datas marcadas para exames, realizarase unha proba mixta co fin de valorar os coñecementos adquiridos no curso.
As preguntas poderán ser de resposta curta, de ensaio e/o calquera tipo de proba obxectiva.
Unha vez aprobada, computará un 60% da avaliación final.
60
 
Observacións avaliación

A cualificación final derívase de dous partes: Avaliación Continua ou traballo realizado durante o curso  e Proba mixta.

É necesario obter polo menos un cinco (5) sobre dez (10) en cada unha das 2 partes descritas anteriormente para aprobar a materia e que se proceda ao cálculo da cualificación final en base ás porcentaxes propostas. No caso de suspender unha das partes a materia quedará suspensa e indicarase como cualificación final a cualificación obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa de Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. 

Cualificación de Non Presentado: O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da oportunidade de que se trate), será cualificado cun "NP" (Non Presentado), aínda no caso de realizar, presentado e exposto traballos ou outras actividades que computen na avaliación.

Segunda Oportunidade: A avaliación será igual na primeira e na segunda oportunidade. A recuperación da Presentación oral realizarase o día previsto para a proba obxectiva. 

No caso de superar algunha das partes avaliables en primeira oportunidade, a cualificación será gardada para a segunda oportunidade.

A convocatoria adiantada: A proba obxectiva supoñerá o 100% da cualificación.

Alumnado con dispensa académica: O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios en formato non presencial, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. No caso de que non puidesen realizar presentacións orais durante o curso, realizarase unha Proba oral o día previsto para a Proba obxectiva.  

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou calquera actividade avaliable, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, cos servizos dispoñibles na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/) ou, na súa falta, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autoras/é de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e alumnos...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitude sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica FERNÁNDEZ FUSTER, L (1991). Geografía general del turismo de masas. MadridAlianza Universidad
BAYÓN MARINÉ, F., MARCOS VALDUEZA, H., VOGELER RUÍZ, C. e GONZÁLEZ DE SOUZA, M.A. (coord.) (2000). 50 años del turismo español. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces S.A
URIEL, E. y HERNÁNDEZ, R. (coord.) (2004). Análisis y tendencias del turismo. Madrid, Pirámide
BLANCO, A. ET AL. (2021). Diccionario de Turismo. Madrid, Cátedra
ESTEVE, R. E FUENTES, R ( 2000). Economía, historia e instituciones del turismo en España. Madrid, Pirámide
BLANCO, R. & ESTEBAN, J. (2016). Ecoturismo, Hacia una gestión sostenible moderna. Madrid, Síntesis
VOGELER RUIZ, C. e HERNÁNDEZ ARMAND, E. (2000). El mercado turístico. Madrid, Ed. Centro de Estudios Ramón Areces S.A.
MONTANER MONTEJANO, J. (2008). Estructura del mercado turístico. Madrid, Síntesis
PULIDO FERNÁNDEZ, J. I. y CÁRDENAS GARCÍA, P. J. (Coord)s) (2013). Estructura Económica de los Mercados Turísticos. Madrid, Síntesis
RIVAS GARCÍA, JESÚS (2008). Estructura y economía del mercado turístico. Oviedo, Septem Edics
FERNÁNDEZ FUSTER, L. (1991). Historia general del turismo de masas. Madrid, Alianza Universidad
SÁEZ, A. (coord.) (2014). Introducción a la estructura del mercado turístico. Madrid, Síntesis
OMT (1998). Introducción al turismo. Madrid, OMT
VOGELER RUIZ, C. e HERNÁNDEZ ARMAND, E. (2018). Introducción al Turismo: Análisis y Estructura.. Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces.
IRANZO, JUAN E. et al. (2003). La estructura económica de los mercados turísticos. Madrid, Instituto de Estudios Económicos
CANDELA G. & FIGINI P. (Eds.) (2012). The Economics of Tourism Destinations. Springer
PAGE, S.J. (2019). Tourism Management. Routledge
RODRÍGUEZ-ZULAICA, A. (2016). ¿Cómo diseñar una experiencia turística?. Barcelona, UOC

Utilizarase como libro de referencia o libro de Vogeler e Hernández (2018) "Introdución ao Turismo", da Editorial Universitaria Ramón Areces

IN ENGLISH - BASIC

COOPER, C. (2022) Essentials of tourism. Sage. Book

GOELDNER, C.R. & RITCHIE, B. (2011) Tourism: principles, practices, philosophies. Wiley. Book

HOLLOWAY J.C. & HUMPHREYS, C. (2022) The business of tourism. Sage. Book

INKSON, C. & MINNAERT, L. (2022) Tourism Management. An introduction. Sage. Book

PAGE, S.J. (2019) Tourism management. Routledge. Book

SWAIN S.K. & MISHRA, J.M (2011) Tourism: principles and practices. Oxford University Press. Book

WEAVER, D. & LAWTON, L. (2022) Tourism management. Wiley. Book

Bibliografía complementaria

IN ENGLISH - COMPLEMENTARY

EARL, A. & HALL, C.M. (2021) Institutional theory in tourism and hospitality. Routledge. book

ELLIOTT, J. (1997) Tourism. Politics and public sector management. Routledge. Book

COOK, R., HSU, H.C. & TAYLOR, L.L. (2017) Tourism: the business of hospitality and travel. Pearson. Book

HANNAM, K. & KNOX, D. (2010) Understanding tourism. A critical introduction. Sage. Book

LICKORISH, L. & JENKINS C.L. (1997) Introduction to tourism. Routledge. Book

MASON, P. (2020) Tourism impacts, planning and management. Routledge. Book

PENDER, L. & SHARPLEY, R. (2004) The management of tourism. Sage. Book

SHELLER, M. & URRY, J. (2004) Tourism mobilities. Places to play, places in play. Routledge. Book

SHARPLEY, R. (2018) Tourism, tourists and society. Routledge. Book

WILLIAMS, S. & LEW, A.A. (2015) Tourism geography. Critical understandings of place, space and experience. Routledge. Book


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia ás aulas é unha obriga



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías