Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Contabilidade Financiera Código 662G01011
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Empresa
Turismo
Coordinación
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Profesorado
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Web
Descrición xeral A través do estudo da asignatura, preténdese un acercamiento á estructura e contido do sistema contable español, destacando as particularidades que pola súa incidencia no ámbito turístico e das PEMES revisten un maior interese.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Xestionar e contabilizar os recursos financeiros e comprender o marco legal que regula as actividades turísticas A1
B1
C1
-Desenvolver a capacidade de análise e síntese. A2
B2
C2
-Saber resolver problemas cun razoamento crítico A4
B3
B4
C3
C6
-Desenvolver unha aprendizaxe autónoma con adaptación a novas situacións A9
B7
C4
-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía crítica capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións basadas no coñecemento e orientadas ao ben común A10
B5
C6
C7
C8
-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras A14
B6
C5

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución ao Plan Xeral Contable de
Pequenas e Medianas Empresas (RD 1515/2007).
1. 1.- Ámbito de aplicación e criterios contables específicos para
microempresas.

1. 2.- Marco conceptual da contabilidade.

1. 3.- Normas de rexistro e valoración.

1. 4.- Contas anuais.

1. 5.- Cadro de contas.

1. 6.- Definicións e relación contables
TEMA 2.-Marco conceptual da Contabilidade. 2. 1.- Imaxe fiel.

2. 2.- Requisitos da información a incluir nas contas anuais.

2. 3.- Principios contables.

2. 4.- Elementos das contas anuais.

2. 5.- Criterios de rexistro ou recoñecemento contable dos elementos das contas anuais.

2. 6.- Criterios de valoración.

2. 7.- Principios e normas de contabilidade xeralmente aceptados.
TEMA 3.- Normas de rexistro e valoracións para PEMES. 3. 1.- Desenvolvemento do marco conceptual da contabilidade.

3. 2.- Inmobilizado material.

3. 3.- Normas particulares sobre inmobilizado material.

3. 4.- Inversións inmobiliarias.

3. 5.- Inmobilizado intanxible.

3. 6.- Normas particulares sobre o inmovilizado intanxible.

3. 7.- Arrendamentos e outras operacións de naturaleza similar.
TEMA 4:- Existencias 4. 1.- Valoración inicial e valoración posterior.
TEMA 5.- Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e Imposto sobre Sociedades (IS) 5. 1.- Problemática contable do IVE.

5. 2.- Contabilización e liquidación do IVE.

5. 3.- Imposto de Sociedades
TEMA 6.- Contas anuais. 6. 1.-Formulación e estrutura.

6. 2.-Balance e conta de Perdas e Ganancias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B6 2.5 9.75 12.25
Traballos tutelados B5 B7 C1 C2 C3 C5 C6 0 10 10
Aprendizaxe colaborativa C4 C7 C8 25 62.5 87.5
Sesión maxistral A1 A2 A4 A9 A10 A14 15 24 39
 
Atención personalizada 1.25 0 1.25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Corresponde ao examen final da materia
Traballos tutelados Con esta metodoloxía deseñada para promover o aprendizaxe autónomo dos/as estudantes, preténdese que os/as estudantes asuman responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais proporase a realización dun traballo individual.
Aprendizaxe colaborativa O/a alumno/a, en grupo ou individualmente, resolverá casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados.
Sesión maxistral O profesor exporá os conceptos teórico-prácticos contidos no programa da materia realizando preguntas para favorecer a intervención dos/as alumnos/as.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As clases veranse complementadas coa posibilidad para o/a alumno/a de acudir a titorías fóra da aula, onde o profesor procederá a tratar, individual e personalizadamente, as posibles dúbidas que puidesen xurdir da materia.
A forma e o momento no que se desenvolverán indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B6 Exame final 70
Sesión maxistral A1 A2 A4 A9 A10 A14 O profesor exporá os conceptos teórico-prácticos contidos no programa da materia realizando preguntas para favorecer a intervención dos/as alumnos/as 5
Traballos tutelados B5 B7 C1 C2 C3 C5 C6 Con esta metodoloxía deseñada para promover o aprendizaxe autónomo dos/as estudantes, preténdese que os/as estudantes asuman responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais proporase a realización dun traballo individual. 5
Aprendizaxe colaborativa C4 C7 C8 Ao longo do cuatrimestre realizaranse varias probas que permitan repasar conceptos aprendidos. Estes traballos serán levados a cabo polo/a alumno/a 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao final do curso.

En xullo, o examen será o 100% da nota final. Do mesmo xeito sucederá para os alumnos que soliciten convocatoria anticipada.

Considerarase coma non presentado só a aquelas persoas que non acudan ao exame final da asignatura.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías