Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estatística Código 662G01012
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Molina Nieto, Victoria
Correo electrónico
victoria.molina@udc.es
Profesorado
Molina Nieto, Victoria
Correo electrónico
victoria.molina@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende proporcionar ao estudantado unha primeira visión, moi simple, respecto ás técnicas máis elementais para proceder á análise das series de datos. Á súa finalización o alumnado debe ser capaz de analizar a distribución dunha variable relacionada co sector turístico e de estudar as relacións entre dous ou máis variables.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Buscar datos do sector turístico e utilizar ferramenta informática para a realización dos cálculos necesarios para analizar devandita información A5
B4
B6
B7
C3
C5
Elaborar e presentar un informe de resultados da análise da información A2
A23
B2
B3
B4
B5
C4
Familiarizarse coas técnicas e métodos estatísticos adecuados para a captación e tratamento da información dispoñible A1
B1
C1
C2
C3
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Elaboración de tablas de datos estatísticos

1.1 Datos estatísticos
1.2 Elaboración de tablas estatísticas unidimensionais
1.2.1 Tablas de distribucións de frecuencias con datos sen agrupar
1.2.2 Tablas de distribucións de frecuencias con datos agrupados
1.3 Representacións gráficas
Tema 2. Análise de datos estatísticos 2.1 Introdución
2.2 Medidas de posición de tendencia centrais e non centrais
2.3 Medidas de dispersión absolutas e relativas
2.4 Medidas de forma
2.5 Medidas de concentración
Tema 3. Números índices 3.1 Introdución
3.2 Números índices simples e complexos
3.3 Cambio de base e enlace de series
3.4 Índices de precios. Deflactación
Tema 4. Series temporais 4.1 Definición e representación gráfica
4.2 Componentes dunha serie de tempo
4.3 Análise da tendencia mediante o método das medias móviles
4.4 Análise das variacións estacionais mediante o método da razón á media móvil. Desestacionalización
4.5 Análise da evolución temporal dunha serie.
Tema 5. Distribucións bidimensionais 5.1 Tablas de correlación e continxencia
5.2 Distribucións marxinais
5.3 Distribucións condicionadas
5.4 Covariación
5.5 Correlación
Tema 6. Análise da regresión 6.1 Introdución
6.2 O axuste mínimo cuadrático ordinario
6.3 Propiedades do axuste
6.4 O coeficiente de determinación
6.5 O modelo múltiple

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A23 B1 B2 B5 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 21 42 63
Proba de resposta múltiple A1 B5 B6 1 8 9
Traballos tutelados A5 B7 C3 8 30 38
Solución de problemas B3 B4 B7 0 10 10
Aprendizaxe colaborativa A5 B1 B2 B3 B4 B6 10 0 10
Proba obxectiva A1 A2 A23 B1 B2 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición da materia teórica da asignatura por parte da profesora
Proba de resposta múltiple Proba tipo test con 10 preguntas con varias respostas posibles, soamente unha correcta
Traballos tutelados Traballo en grupo, a partir duns datos concretos, en soporte informático. Orientarase ao alumnado para a obtención dos datos e a realización dos cálculos.
Solución de problemas Formularanse problemas, relativos a cada tema, que o alumnado terá que resolver, e entregar, a partir dos coñecementos traballados na clase
Aprendizaxe colaborativa Exposición por parte do alumnado dos problemas propostos
Proba obxectiva Proba consistente en resolución de problemas como os vistos na clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Formularanse as dúbidas e ideas para a realización do traballo de grupo

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A23 B1 B2 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase, a proba final, en canto a procedemento e resultados. Non se poderá aprobar a materia cunha nota inferior a 4 (sobre 10) 60
Traballos tutelados A5 B7 C3 Avaliarase o traballo do alumnado en canto a corrección de datos, formato adecuado, claridade e presentación. A nota pode ser diferente para cada integrante do grupo. 10
Solución de problemas B3 B4 B7 Avaliarase a entrega dos exercicios propostos ao longo do cuadrimestre 10
Proba de resposta múltiple A1 B5 B6 Avaliarase (sobre 10) sumando 1 punto por cada resposta correcta e restando medio punto por cada resposta incorrecta 10
Aprendizaxe colaborativa A5 B1 B2 B3 B4 B6 Avaliarase a exposición, en canto a contido e claridade, da resolución dos exercicios entregados. 10
 
Observacións avaliación
  • 1ª Oportunidade: A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
  • Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia: Non se avaliará a metodoloxía aprendizaxe colaborativo. O traballo tutelado puntuará o dobre.
  • 2ª oportunidade ou adiantada: Non se avaliarán as metodoloxías solución de problemas e aprendizaxe colaborativa. A proba de resposta múltiple e os traballos tutelados puntuarán o dobre. O alumnado terá que repetir as metodoloxías non superadas na primeira oportunidade. A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
  • Cualificación de Non Presentado (NP): En todas as oportunidades o alumnado que non acuda ao exame final terá a cualificación de NON PRESENTADO
  • Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  • Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.





Fontes de información
Bibliografía básica

REY GRAÑA, C; RAMIL DÍAZ, M, 2007, Introducción a la Estadística Descriptiva, Ed. Netbiblo.

Bibliografía complementaria

PEÑA, D. e ROMO, J., 2003, Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales, Ed. McGraw-Hill.

CASAS, J.M.; DOMINGUEZ, J.; GARCÍA, C.; MARTOS, E.I.; RIVERA, L.F. y ZAMORA, A.I., 2010, Estadística para las Ciencias Sociales, Ed. Universitaria Ramón Areces.

CASAS, J.M.; GARCÍA, C.; RIVERA, L.F. e ZAMORA, A.I., 2006, Ejercicios de Estadística Descriptiva y Probabilidad, Ed. Pirámide.

URIEL, E. y MUÑIZ M., 1988, Estadística económica y empresarial, Ed. A. C.

MARTÍN-PLIEGO, F. J., 2007, Introducción a la Estadística económica y empresarial. Teoría y práctica, Ed. Thomson.

MARTÍN-GUZMÁN, P. e outros, 2006. Manual de Estadística descriptiva. Ed. Civitas


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Requírense coñecementos de matemáticas (álxebra e cálculo). É indispensable o uso da calculadora.   
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías