Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Intermediación Turística e Transporte II Código 662G01021
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Caamaño Franco, Iria
Correo electrónico
iria.caamano@udc.es
Profesorado
Caamaño Franco, Iria
Correo electrónico
iria.caamano@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é describir, detallar e coñecer os elementos principais da xestión de intermediación e distribución dos produtos e servizos turísticos nas axencias de viaxes, de receptivo e especializadas, tendo en conta o espazo no que se desenvolven na actualidade, as infraestruturas, o marco legal, as novas tecnoloxías e os procedementos operativos. Abordarase tamén a organización e xestión dos eventos por parte dos intermediarios turísticos así como o servizo de información turística nos destinos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A22 Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo así como da nova sociedade do ocio. A3
A13
A24
A33
B2
B6
C1
C2
Demostrar unha adecuada comunicación oral e escrita na lingua nativa. A3
B2
C1
Empregar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos da intermediación turística. A22
B7
C1
Deseñar obxectivos, estratexias e políticas comerciais no ámbito da intermediación turística. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A11
A13
A14
A18
A22
A24
A32
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B5
B6
C1
C2
C5
C8
Comprender a arquitectura das axencias de viaxes en xeral, tanto físicas como online (OTAs). A3
A5
A6
A7
A12
A14
A18
A19
A22
A26
A27
B4
B7
C3
C4
C5
C6
Aprender e comprender as necesidades para a organización de eventos e os requisitos dos diferentes axentes que estén implicados. A6
A7
A11
A13
A32
B5
C2
C3
C5
Comprender, desenvolver e aplicar os fundamentos básicos da xestión na intermediación turística. A3
A5
A6
A7
B1
B4
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 3. Xestión de Oficinas de Turismo 3.1. Nacemento e concepto
3.2. Usuarios e profesionais
3.3. Catálogo de servizos
3.4. Exemplos de éxito


Tema 2. Turismo de MICE 2.1. Aproximación conceptual ao Turismo MICE
2.2. Estudio do mercado actual (oferta, demanda)
2.3. Os eventos corporativos
2.4. As fases da organización dun congreso/evento
Tema 1. Recordando que é a intermediación turística 1.1. O papel das axencias de viaxe
1.2. A clasificación das axencias de viaxe
1.3. As axencias de receptivo: introducción e exemplos de éxito
Tema 4. O futuro da intermediación turística 4.1. O impacto de Internet na intermediación turística
4.2. Retos aos que se enfronta
4.3. O perfil do turista do “futuro” e como adaptarnos as súas preferencias


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A32 C3 C4 C6 C7 C8 19 31 50
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 13 65 78
Presentación oral A13 A24 A33 A34 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C3 1 6 7
Prácticas clínicas A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A26 A33 A34 A35 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 1 0 1
Estudo de casos A1 A2 A4 A8 A19 A27 8 2 10
Proba mixta A3 A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Realizaranse distintos traballos tutelados relacionados co contido da materia durante todo o curso.
Para valorar a asistencia ás clases, os devanditos traballos poden ser realizados en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Prácticas clínicas Trátase dun proceso instrucional que deberá ter lugar nunha empresa de Intermediación Turística, no que o estudantado observará e participará en actividades clínicas reales para proporcionarlle a oportunidade de aplicar feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da profesión.
Estudo de casos Actividades desenvolvidas a través de reseñas das saídas de campo nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información... estudando o caso particular e interelacionando coa aprendizaxe adquirida na materia.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre celebrarase unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As clases veranse complementadas coa posibilidade para o estudante de acudir a titorías fóra da aula, onde a docente procederá a tratar individual e personalizadamente, as posibles dúbidas que puidesen xurdir da materia.
Se poderá realizar na aula ou vía Teams.

Datos de contacto:

Iria Caamaño Franco
Email: iria.caamano@udc.es


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A4 A8 A19 A27 Saídas de campo que requerirán a preparación por parte do alumnado seguindo as indicacións do docente así como unha reseña reflexiva onde se expoña o estudo de caso. 10
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia.
30
Presentación oral A13 A24 A33 A34 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C3 Presentación oral dun traballo tutelado 10
Proba mixta A3 A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. 40
Prácticas clínicas A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A26 A33 A34 A35 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 O alumnado deberá de superar satisfactoriamente un periodo de formación práctica nunha empresa de Intermediación Turística, a cal terá unha duración que se establecerá de común acordo polo responsable da materia e o coordinador/a de Prácticas. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou terceiro de maneira indistinta. 10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade. A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. Todas as partes incluidas na avaliación teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder calcular o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. No caso de que o alumnado non realice as prácticas clínicas por causa non imputable a él, a Proba Obxectiva pasaría a ter un peso do 50%.  

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia. Se lle poderán asignar actividades alternativas, tutorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas para non perxudicar a súa calificación.

2ª Oportunidade da 1ª Convocatoria e oportunidades de ulteriores convocatorias. Realizarase unha Proba Obxectiva que consistirá na realización dunha proba mixta. Esta proba representará o 100% da nota final. O alumando deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

Calificación de Non Presentado (NP).  O alumnado que non se presente a ninguna das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calqueira de elas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou supere a parte que lle falta para facer o cómputo final. Se pode dar o caso de que unha persoa suspenda alguna das partes pero que a suma co resto dé aprobado. Neste caso a nota será dun suspenso (o suspenso máis alto que aparezan suspensas) pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

Implicaciones del fraude académico en la realización de las pruebas o actividades de evaluación. La realización fraudulenta de las pruebas o actividades de evaluación, una vez comprobada, implicará directamente la calificación de suspenso en la convocatoria en que se cometa la falta y respecto de la materia en que se cometiese: el/la estudiante será calificado con “suspenso” (nota numérica 0) en la convocatoria correspondiente del curso académico, tanto si la falta se produce en la primera oportunidad como en la segunda. Para esto, se procederá a modificar su calificación en el acta de primera oportunidad, si fuese necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Carlson Wagonlit Travel Meetings & Events (2020). 2020 future trends in meetings and events.
Pastor, Ricador; Rivera-García, Jorge (2020). Airbnb y la intermediación turística. ¿Competición o coopetición? Percepción de los agentes de viajes en España. Revista de Empresa y Humanismo
Pérez Mesa, Juan Carlos; García Barranco, Carmen; Galdeano Gómez, Emilio (2014). Cadena de suministro turística en España: un análisis de la intermediación. Cuadernos de turismo
Albayrak, Tahir; Karasakal, Sezer; Kocabulut, Ozge; Dursun, Aslihan (2020). Customer Loyalty Towards Travel Agency Websites: The Role of Trust and Hedonic Value. Journal of Quality Assurance in Hospitality & Tourism
Capriello Antonella y Riboldazzi Sabina (2020). How can a travel agency network survive in the wake of digitalization? Evidence from the Robintur case study. Current Issues in Tourism
Quintana, T. A., Gil, S. M., y Peral, P. P (2016). How could traditional travel agencies improve their competitiveness and survive? A qualitative study in Spain. Tourism Management Perspectives
Organización mundial del turismo (2014). Informe global de la industria de reuniones.
Rodríguez Millares, Eulogio (2016). La imprescindible necesidad del OPC en la organización de cualquier evento. Gran Tour: revista de investigaciones turísticas
Bergazo, José Domingo; Torres Agurto, Ricardo (2007). Las agencias de viaje: de las comisiones por venta de pasajes a los cobros por servicios "fees". Gestión en el tercer milenio
UNAV (2020). Libro blanco de la sostenibilidad en las agencias de viajes.
Jiménez Castillo, David; Marín Carrillo, María Belén; Sánchez Pérez, Manuel (2007). Los convention bureaux. Coordinación, orientación e impacto en la comercialización del destino turístico. Papers de turisme
Tottino, Laura (2015). Una aproximación al trabajo que se realiza en las agencias de viajes: ¿Cómo es su organización?. Revista de estudios regionales
Abrate, Graziano et al., (2020). Which Future for Traditional Travel Agencies? A Dynamic Capabilities Approach. Journal of Travel Research
Flores Alberto, Davinia; Salazar Niebla, Lisandra; Santana Turégano, Manuel Ángel (2011). ¿Desaparecerán los touroperadores? El papel de los intermediarios en la distribución turística. PASOS

Todo o material obrigatorio será facilitado a través de Moodle ou poderase consultar na biblioteca da facultade.

Bibliografía complementaria De Borja Solé, Luis; Gomis, Joan Miquel (2009). El Nuevo Paradigma de la Intermediación Turística. Madrid: Editorial Pirámide
Castro, A. (2017). Gestión de eventos.
Albert Piñole, Isabel (2004). Gestión, productos y servicios de las agencias de viajes. Centro de Estudios Ramón Areces, Madrid
De la Serna, M.; Escudero, M. (2017). Guía de organización de congresos, eventos feriales y exposiciones.. Madrid: Editorial Síntesis
Ban, O.; Popa, A. L. (2015). Investigating digital divide in travel distribution: The use of internet and new media technologies in travel agencies of Bihor, Romania. Tourism, 63(4), 479–496


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ao alumnado ler o programa e as normas de avaliación. Tamén se recomenda que asista regularmente ás clases; realice os exercicios propostos polo docente; discuta os casos cos compañeiros(as) e participe activamente nos debates que se xeren na aula.

A entrega dos traballos que se realicen nesta materia remitiránse a través de Moodle en formato dixital. As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na aula e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta.

A bibliografía recomendada non será a única utilizada nas discusións. O docente recomenda que o alumnado traia para as clases, discusións da actualidade, que sexa xurdida na prensa escrita, quer na radiofónica ou televisiva (nos novos medios de comunicación, redes sociais, ou en medios tradicionais). Seguramente esa aplicación enriquecerá a aprendizaxe e facilitará a asimilación dos temas teóricos abordados.

Para facilitar a comprensión significativa dos coñecementos, o alumnado deberá revisar, antes das clases, o material posto á súa disposición por parte do docente. 

  • Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
  • Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías