Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) As TIC Aplicadas ao Turismo Código 662G01023
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Ramos Montes, Óscar
Correo electrónico
oramos@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web http://https://gradotur.wordpress.com/
Descrición xeral A finalidade desta materia e adquirir as competencias xenéricas en Tecnoloxías da Información e a Comunicación para traballar e estudar en rede. Pór en práctica estratexias de aprendizaxe, de traballo e de estudo nunha contorna virtual a partir da adquisición dunha serie de habilidades co uso das TIC.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A20 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integrar a planificación e a organización como habilidades de estudo e traballo colaborativo na contorna virtual da UDC. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C6
C7
C8
Adquirir un estilo de comunicación virtual no marco dunha comunidade de aprendizaxe. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de traballo en equipo en contornas virtuais. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de análises, tratamento e interpretación da información dixital. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de elaboración e estructuración da información dixital. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir habilidades de presentación da información dixital e multimedia. A12
A13
A20
A24
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Grado y Grado online
Módulo I. Tratamento dixital de datos numéricos con EXCEL
- Entorno de traballo
- Organización de celdas, follas e libros
- Introducción de datos
- Fórmulas: copia relativa, absoluta e mixta
- Formato e impresión da folla de cálculo
- Gráficos
- Funcións
- Formato condicional
- Manexo de bases de datos: táboas
- Ordenar, filtrar e subtotalizar datos
- Táboas dinámicas
- Buscar obxetivos, escenarios, Solver
Grado y Grado online
Módulo II. Tratamento dixital de base de datos con Access
- Creación dunha base da datos
- Creación dunha táboa: tipos de campos, relación de táboas
- Vinculación, importación e exportación de datos
- Ordenación, procura, filtrado e impresión
- Creación de Consultas: de selección, de acción, totais
- Creación de Formularios
- Creación de Informes.
Dobre Titulación
Módulo I. Análise e visualización da información con Excel. Paneis de control.
- Modelización e limpeza dos datos.
- Componentes básicos dun panel de control: gráficos, minigráficos,
formato condicional, táboas dinámicas.
- Componentes avanzados dun panel de control: gráficos de
tendencias, gráficos de rendimiento, gráficos interactivos, macros,
Dobre Titulación
Módulo II. Ferramentas da Intelixencia de Negocios
- Toma de Decisións
- Modelos de Intelixencia de Negocios
- Extracción, análise e Visualización de Datos
- Importación e transformación de datos (ETL) con Power Query (Excel).
- Modelización e limpeza dos datos en Power Pivot (Excel)
- Métricas e cálculos avanzados con DAX
- Visualización da información en Excel (Power View e Power Mape)
- Informes e paneis de control en Excel.
- Power BI
Grao e Dobre Titulación
Módulo III: Xestión hoteleira con Micros Opera
- Perfís de Clientes
- Reservas
- Recepción
- Chegadas con e sen reservas
- Asignación de tarifas e habitacións
- Housekeeping
- Consulta e cambio de estado de habitacións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 18 32 50
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 32 42
Prácticas a través de TIC A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 42 54
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Grao online: este tipo de metodoloxía non será de aplicación no caso de impartición online.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos individuais que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: resolución de casos prácticos, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá a posibilidade de contactar co profesor usando os métodos en liña habituais: moodle, correo electrónico e ferramentas 2.0.

Grao online: a atención ao alumno relizarase mediante as canles online ao uso, a saber: correo electrónico e ferramentas de comunicación da platafroma Moodle).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A proba obxectiva consistirá no desenvolvemento de varias cuestións de carácter teórico que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En relación cos traballos tutelados valorarase:
A profundidade e rigor do contido.
O tratamento orixinal e imaxinativo.
A utilización de ferramentas complementarias.
40
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

  • Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase:

    a) Traballos tutelados e prácticas.

    b) Un exame escrito sobre os contidos da materia dividido en dúas partes, unha teórica e outra práctica.

    Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase. A cualificación final da materia obterase da ponderación da proba obxectiva (60%) e traballos tutelados (40%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida. Así mesmo, o alumno quedará liberado na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) das partes aprobadas na 1ª oportunidade.
  • Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase:  un exame escrito sobre os contidos da materia (100%). Só Grao presencial.
  • O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá tamén optar á opción A. Só Grao presencial.

Fontes de información
Bibliografía básica

Alexander, Michael. Excel Dashboards and Reports for Dummies, 3rd Edition. Ed. John Wiley & Sons.

Rigollet, Pierre. Cuadros resumen y cuadros de mando - Tratamiento y análisis de datos con Excel 2016. Ed. ENI

VV.AA. Excel 2016. Ed. ENI

VV.AA. Microsoft Access 2016. Ed. ENI

Recursos web:

Videotitorial Excel 2010 básico: https://www.youtube.com/playlist?list=PLU8oAlHdN5BkCs-P-AnQhxsSyxSxv9jfI

Videotitorial Excel 2010 avanzado: https://www.youtube.com/playlist?list=PLFED09792AB0E606F

Videotitorial Access 2010 básico: https://www.youtube.com/playlist?list=PLDA8B66B264169835

Videotitorial Access 2010 avanzado: https://www.youtube.com/playlist?list=PL87EB5DB749276DAF

Bibliografía complementaria

Alexander, Michael; Walkenbach, John. Excel Dashboards & Reports (2nd Edition - 2013). Ed. John Wiley & Sons.

Nelson, Stephen L. Excel Data Analysis For Dummies, 2nd edition. Ed. John Wiley & Sons.

Charte, Francisco. Excel 2016 (Manual avanzado). Ed. ANAYA MULTIMEDIA

Recursos web:

MOOC EDX:Analyzing and Visualizing Data with Power BI

MOOC: Analyzing and Visualizing Data with Excel

MOOC: Data Analysis: Building Your Own Business Dashboard

MOOC: Data Analysis: Visualization and Dashboard Design


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías