Identifying Data 2022/23
Subject (*) Tourism Research Methods and Techniques Code 662G01024
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Pérez García, Antonia
E-mail
antonia.perezg@udc.es
Lecturers
Pérez García, Antonia
E-mail
antonia.perezg@udc.es
Web
General description Proporcionar ao alumnado coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo, o método a seguir, as técnicas a empregar, as fontes de datos e a forma de redacción.
A materia divídese en varias partes, tendo como obxectivo xeral aprender a realizar tanto un traballo de investigación coma un informe para unha empresa, institución ou organización turística.


Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
-Proporcionar ao alumno os coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo. -Coñecer os métodos e técnicas a empregar para o deseño dun traballo de investigación. -Coñecer as fontes de datos e o manexo destas. -Coñecer as fases e saber redactar un traballo de investigación, informe, etc. A5
A6
A13
A24
A33
A34
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1: Métodos nas ciencias sociais 1.1 Regras xerais do método científico
1.2 Métodos nas ciencias sociais: causal, funcional, estruturalista, formal e tipolóxico.
1.3 Concepto de método e técnica.
1.4 Método inductivo ou empírico. Método deductivo.


Tema 2: Fases da investigación social (aplicado ao sector turístico): formulación, obxectivos, revisión de fontes bibliográficas, marco teórico, metodoloxía, tratamento de datos e conclusións.


2.1 Revisión de fontes bibliográficas: procura de base de datos na rede (libros dixitais, revistas, catálogos de consultas e bibliotecas universitarias)
2.2 Fase de preparación: formulación do problema, marco teórico, obxectivos e deseño da investigación. Elección de ferramentas válidas e fiables. Selección da mostra representativa.
Tema 3: Fases da investigación social (aplicado ao sector turístico): formulación, obxectivos, revisión de fontes bibliográficas, marco teórico, metodoloxía, tratamento de datos e conclusións.
3.1 Recollida de datos: papel do investigador, calidade dos datos.
3.2 Análise e interpretación dos datos: codificación, construción de táboas e cadros. Interpretación dos datos. Elaboración das conclusións.
3.3 Redacción do informe.
Tema 4: Técnicas de investigación social aplicadas ao turismo. 4.1. Observación participante e non particpante. Tipos de estratexias.
4.2. Análise de contido. Pasos metodolóxicos.
4.3. A entrevista en profundidade, procedemento, transcrición e análise.

Tema 5: Técnicas de investigación social aplicadas ao turismo. 5.1 A enquisa, tipos de cuestións, estrutura e deseño.
5.2 Grupo de discusión.
5.3 A técnica Delphi.
5.4 Outras técnicas: estudo de casos, historias de vida, etc.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 20 20 40
Document analysis A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 38 48
Supervised projects A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 38 48
Mixed objective/subjective test A5 A6 A13 A33 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 10 12
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral do profesor/a dos temas da materia.

Document analysis O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas relacionadas co sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre), traballarase durante os seminarios para a súa posterior avaliación. Forma parte da avaliación continua.

Supervised projects Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación suxeridas na aula (observación participante, análise de contido, entrevista en profundidade e enquisa) aplicados á situación social e obxectivos empresariais/institucionais da empresa/institución seleccionada, relacionada co sector. Estes traballos forman parte da avaliación continua.


Mixed objective/subjective test Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.


Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
A análise documental supón a atención personalizada de titorías en pequenos grupos na aula ou a través de Teams (en caso necesario). Os traballos tutelados tamén supoñerán un seguimento e control do alumno/a. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica.





Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A5 A6 A13 A33 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.

50
Supervised projects A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación máis axeitadas á situación social e obxectivos empresariais/institucionais seleccionados relacionados co sector. O traballo da observación participante e do análise de contido está suxeto a exposición oral.
O devandito traballo forma parte da avaliación continua.

40
Document analysis A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas sobre o sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre) traballarase durante os seminarios para a súa posterior avaliación de forma individual. Forma parte da avaliación continua.

10
 
Assessment comments

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 50%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 50%. 

Os traballos tutelados e análise de fontes documentais son traballos obrigatorios para a parte da avaliación continua (50%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo dun (5 sobre 10) para facer media co exame (50%), no cal tamén deberá obter un mínimo de (5 sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade o/a alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Asistencia. Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas ou enfermidade, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.

Matrícula parcial ou dispensa académica. O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente,
poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calqiera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica alquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Atención á diversidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.


Sources of information
Basic García Ferrando, M. y otros (2007). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid, Alianza
Gutierrez Brito, Jesús (2013). El turismo que vemos y contamos. Técnicas de investigación social aplicadas al turismo. Colección Grado. Editorial UNED
Gutierrez Brito, Jesús (2007). Investigación Social del turismo. Perspectivas y aplicaciones. Paraninfo
Bacells i Junyent, Josep (1995). La Investigación social. Promociones y Publicaciones Universitarias
Hernández Sampieri, Roberto y otros (2006). Metodología de la investigación. Mc Graw-Hill-4ª Edición
Oliva, Miguel y Lonardi, Pablo (2020). Metodología de la Investigación Social aplicada al turismo: la mejor manera de desarrollar el turismo. Editorial Independently published
Iglesias Millán, José Antonio (2014). Técnicas de Investigación aplicadas al sector turístico. Editorial Síntesis


Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Sociology of Tourism/662G01001

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.