Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo Código 662G01024
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web
Descrición xeral Proporcionar ao alumnado coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo, o método a seguir, as técnicas a empregar, as fontes de datos e a forma de redacción.
A materia divídese en varias partes, tendo como obxectivo xeral aprender a realizar tanto un traballo de investigación coma un informe para unha empresa, institución ou organización turística.


Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Proporcionar ao alumno os coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo. -Coñecer os métodos e técnicas a empregar para o deseño dun traballo de investigación. -Coñecer as fontes de datos e o manexo destas. -Coñecer as fases e saber redactar un traballo de investigación, informe, etc. A5
A6
A13
A24
A33
A34
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Métodos nas ciencias sociais 1.1 Regras xerais do método científico
1.2 Métodos nas ciencias sociais: causal, funcional, estruturalista, formal e tipolóxico.
1.3 Concepto de método e técnica.
1.4 Método inductivo ou empírico. Método deductivo.


Tema 2: Fases da investigación social (aplicado ao sector turístico): formulación, obxectivos, revisión de fontes bibliográficas, marco teórico, metodoloxía, tratamento de datos e conclusións.


2.1 Revisión de fontes bibliográficas: procura de base de datos na rede (libros dixitais, revistas, catálogos de consultas e bibliotecas universitarias)
2.2 Fase de preparación: formulación do problema, marco teórico, obxectivos e deseño da investigación. Elección de ferramentas válidas e fiables. Selección da mostra representativa.
Tema 3: Fases da investigación social (aplicado ao sector turístico): formulación, obxectivos, revisión de fontes bibliográficas, marco teórico, metodoloxía, tratamento de datos e conclusións.
3.1 Recollida de datos: papel do investigador, calidade dos datos.
3.2 Análise e interpretación dos datos: codificación, construción de táboas e cadros. Interpretación dos datos. Elaboración das conclusións.
3.3 Redacción do informe.
Tema 4: Técnicas de investigación social aplicadas ao turismo. 4.1. Observación participante e non particpante. Tipos de estratexias.
4.2. Análise de contido. Pasos metodolóxicos.
4.3. A entrevista en profundidade, procedemento, transcrición e análise.

Tema 5: Técnicas de investigación social aplicadas ao turismo. 5.1 A enquisa, tipos de cuestións, estrutura e deseño.
5.2 Grupo de discusión.
5.3 A técnica Delphi.
5.4 Outras técnicas: estudo de casos, historias de vida, etc.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 20 20 40
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 38 48
Traballos tutelados A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 38 48
Proba mixta A5 A6 A13 A33 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor/a dos temas da materia.

Análise de fontes documentais O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas relacionadas co sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre), traballarase durante os seminarios para a súa posterior avaliación. Forma parte da avaliación continua.

Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación suxeridas na aula (observación participante, análise de contido, entrevista en profundidade e enquisa) aplicados á situación social e obxectivos empresariais/institucionais da empresa/institución seleccionada, relacionada co sector. Estes traballos forman parte da avaliación continua.


Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.


Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A análise documental supón a atención personalizada de titorías en pequenos grupos na aula ou a través de Teams (en caso necesario). Os traballos tutelados tamén supoñerán un seguimento e control do alumno/a. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica.





Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A13 A33 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.

50
Traballos tutelados A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación máis axeitadas á situación social e obxectivos empresariais/institucionais seleccionados relacionados co sector. O traballo da observación participante e do análise de contido está suxeto a exposición oral.
O devandito traballo forma parte da avaliación continua.

40
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas sobre o sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre) traballarase durante os seminarios para a súa posterior avaliación de forma individual. Forma parte da avaliación continua.

10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 50%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 50%. 

Os traballos tutelados e análise de fontes documentais son traballos obrigatorios para a parte da avaliación continua (50%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo dun (5 sobre 10) para facer media co exame (50%), no cal tamén deberá obter un mínimo de (5 sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade o/a alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Asistencia. Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas ou enfermidade, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.

Matrícula parcial ou dispensa académica. O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente,
poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calqiera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica alquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Atención á diversidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.


Fontes de información
Bibliografía básica García Ferrando, M. y otros (2007). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid, Alianza
Gutierrez Brito, Jesús (2013). El turismo que vemos y contamos. Técnicas de investigación social aplicadas al turismo. Colección Grado. Editorial UNED
Gutierrez Brito, Jesús (2007). Investigación Social del turismo. Perspectivas y aplicaciones. Paraninfo
Bacells i Junyent, Josep (1995). La Investigación social. Promociones y Publicaciones Universitarias
Hernández Sampieri, Roberto y otros (2006). Metodología de la investigación. Mc Graw-Hill-4ª Edición
Oliva, Miguel y Lonardi, Pablo (2020). Metodología de la Investigación Social aplicada al turismo: la mejor manera de desarrollar el turismo. Editorial Independently published
Iglesias Millán, José Antonio (2014). Técnicas de Investigación aplicadas al sector turístico. Editorial Síntesis


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Socioloxía do Turismo/662G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías