Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión Turística do Patrimonio Código 662G01025
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Crecente Maseda, Mario
Correo electrónico
mario@crecenteasociados.com
Profesorado
Crecente Maseda, Mario
Correo electrónico
mario@crecenteasociados.com
Web http://Carlos Rodríguez Carro/ Mª Elvira Lezcano González (m.lezcano"udc.es)
Descrición xeral Esta materia ten por obxecto aproximar ao alumnado ás diversas actuacións que han desenvolverse no eido turístico con relación ao patrimonio, sexa cal sexa a súa natureza. O marco conceptual e o uso correcto do patrimonio así coma o xeito de dirixir a súa xestión centrarán tanto a parte teórica como práctica da materia.Prestarase especial atención á vinculación da xestión con moitos dos coñecementos xa adquiridos nos estudos de grao, como o patrimonio cultural e os recursos turísticos, a comercialización, o marketing, os recursos humanos ou a interpretación do patrimonio, entre outros, de xeito que podan servir de base para a comprensión dos casos prácticos que se presentarán ao longo da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A22 Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A25 Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A28 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A30 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural.
A31 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recordar os conceptos teóricos relacionados co patrimonio e os recursos no ámbito turístico A1
A2
A4
A7
A8
A18
A23
A27
A30
A31
B1
B2
B4
B5
C4
C5
C7
C8
Coñecer os principais axentes e instrumentos de organización e xestión do turismo no eido do patrimonio natural e cultural. Analizar as súas competencias e as características da xestión. A1
A2
A4
A7
A19
A25
A27
A28
A30
A31
B1
B4
B5
C4
C6
C7
Estudar e comprender o marco legal no que se insire esta actividade A1
A3
A14
A23
A27
A35
B1
B4
C4
Familiarizarse cos distintos tipos de productos turísticos relacionados co patrimonio e coñecer as distintas fases na súa creación e comercialización A1
A3
A7
A22
A25
A27
A28
A30
A31
A35
B1
B4
B6
C4
C5
C7
Aproximarse dun xeito real a algúns deses productos polo contacto directo cos axentes que os desenvolven A1
A2
A3
A4
A5
A7
A13
A25
A27
A30
A31
A34
A35
B1
B2
B4
B6
B7
C1
C4
C5
C6
C7
Profundizar na difusión do patrimonio, tanto na súa vertente didáctica como de promoción A1
A2
A3
A7
A23
A29
A30
A31
A35
B1
B4
B6
C4
C6
C7
Poñer en relación a materia cos coñecementos xa adquiridos ao longo dos estudios do Grao en Turismo A1
A2
A3
A5
A29
A33
A34
A35
B1
B4
B6
C4
C6
C7
C8
Ser capaces de desenvolver un proxecto de investigación e proposta de xestión a partires dun recurso real A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A10
A11
A12
A13
A14
A18
A19
A23
A24
A26
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1 - TURISMO E PATRIMONIO. HISTORIA DAS RELACIONS TURISMO E PATRIMONIO, E DAS SÚAS MUTUAS INFLUENZAS DENDE O SU ORIXE ATA A ACTUALIDADE. CONCEPTOS E EVOLUCIÓN DOS MESMOS. COMPLEXIDADES ACTUAIS.
Tema 2- RECURSOS PATRIMONIAIS DO MONUMENTO ILLADO A PAISAXE CULTURAL. CLASIFICACIONS. ORGANISMOS INTERVINTES E PROCESOS DE PATRIMONIALIZACION. AXENTES E PROFESIONAIS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO DE PATRIMONIALIZACION.
Tema 3. PRODUCTOS TURISTICOS PATRIMONIAIS P.T.P.. TIPOLOXÍAS DENDE O PRODUCTO UNITARIO OS MÁIS COMPLEXOS. INTERACCIÓNS E COMBINACIÓNS. EXEMPLOS NAS DIFERENTES ESCALAS DO LOCAL AO GLOBAL.
Tema 4- XESTION DOS P.T.P. COMPLEXIDADES E RETOS. NORMATIVAS XERAIS. A CONSERVACION DENDE O TURISMO. A ACTIVACIÓN DOS RECURSOS. A PROMOCION E A DINAMIZACIÓN.CREACION DUN P.T.P.
Tema 5- AVALIACION CRITICA DO TURISMO PATRIMONIAL. ESTUDO DE CASOS E VISITAS GUIADAS. ANALISE DE CENTROS DE VISITANTES, DE INTERPRETACIÓN, MUSEOS E NOVAS TIPOLOXÍAS. BALANCE CRÍTICO DOS P.T.P. PRESENTADOS POLOS ALUMNOS/AS.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A33 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C7 3 3 6
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A14 A18 A19 A22 A23 A25 A27 A28 A30 A31 A35 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 10 0 10
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C7 C8 15 30 45
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 17 18
Lecturas A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C7 C8 0 10 10
Mesa redonda A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A14 A18 A19 A22 A23 A25 A27 A28 A30 A31 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 4 8 12
Proba de discriminación A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 A18 A19 A23 A25 A27 A28 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 1 10 11
Saídas de campo A1 A2 A3 A4 A7 A8 A18 A19 A23 A25 A27 A30 A31 B1 B2 B4 B5 C1 C5 C7 6 3 9
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 A18 A19 A23 A25 A27 A28 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 10 10 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C7 C8 2 6 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Mesa redonda Técnica de dinámica de grupos en que un grupo de especialistas nun tema, que teñen puntos de vista diverxentes ou contraditorios, levan a cabo unha discusión diante dun grupo coordinados por un moderador.
Proba de discriminación Proba obxectiva que consiste en optar por unha das dúas opcións ou alternativas que se presentan a unha cuestión determinada. As variantes de alternativa de resposta que se presentan ás cuestións formuladas poden ser “si/non” ou “verdadeiro/falso”. Tamén poderá empregarse o tipo de proba de resposta múltiple
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Pode ser necesaria a atención personalizada para o desenvolvemento do proxecto de investigación, aínda que os problemas que se podan presentar durante a súa elaboración serán resoltos durante as titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A33 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C7 Darase especial importacia ao traballo realizado en grupo, tanto na preparación dos seminarios e casos prácticos, como na participación individula nas actividades propostas polos profesores 15
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C7 C8 Avaliarase mediante a presentación por parte de cada alumno ou alumna, de xeito individual, dunha recensión sobre cada caso presentado 15
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os alumnos e alumnos presentarán un proxecto de investigación e xestión en grupo baseado nun caso real. Os profesores estableceran os grupos de traballo e o tema no que se centrará 40
Proba de discriminación A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 A18 A19 A23 A25 A27 A28 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 Os alumnos terán que demostrar os coñecementos adquiridos ao longo da materia nunha proba "tipo test". 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos e alumnas que non superen polo menos o 50% da nota de cada modalidade de avaliación proposta, deberán subsanar esa parte na convocatoria de xullo. É dicir, non se sumarán porcentaxes a menos que estes se vexan superados en dita cantidade.

Os traballos en grupo, tanto a Aprendizaxe colaborativa como o Proxecto de Investigación, serán avaliados tanto de xeito individual coma colectivo. Cada persoa recibirá unha nota individual, tendo en conta as súas aportacións, e outra colectiva, que será a mesma para todos os membros da equipa. A nota final será a media obtida entre ambas calificacións.

A proba de discriminación é individual.

A Asistencia é obrigatoria. Permítese un máximo de faltas correspondente ao 15% do total.

Aqueles alumnos que non cumplan o requisito da asistencia terán que presentar igualmente o proxecto proposto (que non computará na nota final, pero é requisito imprescindible para presentarse á proba final) e aprobar un exame xeral da materia.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia solicitada á Dirección da EUT-CENP ten que falar co profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica
Choay, f. (2007). La alegoría do patrimonio. Barcelona: Gustavo gili Ley 16/1985 , de 25 de junio, del patrimonio histórico español. BOE nº 155 de 29 junio 1985 Ley 8/95, de 30 de octubre, del patrimonio cultural de Galicia. DOGA 8 de noviembre de 1995. Graham, b., Ashworth g.j et al. (2000). A geography of heritage. London: Arnold. ICOMOS (1999): Carta Internacional sobre Turismo Cultural. México, ICOMOS. Laredo Verdejo, X.L. ( 1997), Galicia Enteira, Edicions Xerais Liber sancti jacobi. codex calixtinus. libro v. guía de peregrinos. 11 capitulum. 1160/70. Menéndez, m.l. (2006). El marqués de la vega Inclán y los orígenes del turismo en España. Madrid OMT (1993). Tourism at world heritage cultural sites. Editor Donald Garfield OMT (2001). Cultural heritage and Tourism development. A report on the International Conference on Cultural Tourism. Conference proceedings. Siemp reap. Cambodia.11-13 December.2000 Otero Pedrayo,R (varias) R. Guía de Galicia, Galaxia Edicións Pedersen, A. (2002). Managing tourism at world heritage sites: a practical manual for whs managers Richards, G.ed. Cultural tourism: global and local perspectives.New York: Haworth Hospitality Press, cop. 2007 Treseras, J. (2001) Gestión del Patrimonio Cultural, Ariel REVISTAS: Ministerio de Cultura http://www.mcu.es/centrosDocumentacion/docs/MC/guialector14.pdf Revista Patrimonio Fundacion Patrimonio CyL http://www.fundacionpatrimoniocyl.es/PUBL.asp?id=42 PH Patrimonio Histórico. http://www.iaph.es/web/canales/publicaciones/revista-ph/ Revista América Patrimonio. www.revistaamericapatrimonio.org Revista Pasos www.pasosonline.org, WEBS : www.unwto.org, www.unesco.org, www.international.icomos.org,
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías