Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Análise de Estados Financeiros Código 662G01027
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Correo electrónico
jakson.soares@udc.gal
Profesorado
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Correo electrónico
jakson.soares@udc.gal
Web
Descrición xeral Estudo e interpretación da información económico-patrimonial, co obxecto de
diagnosticar a posición e a evolución da empresa turística no mercado. Análise
da situación financeira a curto e longo prazo, análise de resultados e estudo de
rendibilidades.




Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Buscar, recompilar, manexar e extraer conclusións da información económica. A2
B1
C1
C2
C6
C7
Coñecer as fontes de información para a investigación turística. A5
B1
B3
C3
C5
C8
Acceder ás distintas fontes de información. A5
B6
C3
C6
Analizar, interpretar e inferir datos e resultados. A5
B1
B3
C6
Coñecer os sistemas e procedementos contables e financeiros aplicados ás empresas turísticas. A9
B1
B3
C6
Coñecer as ferramentas necesarias para a análise dos estados contables e os criterios para a súa interpretación. A9
B1
B3
C6
Elaborar e interpretar a información contida nos distintos estados contables. A9
B1
B4
C6
Comprender e elaborar a información financeira para os usuarios internos e externos. A9
B4
B6
C6
Coñecer as principais fontes de financiamento das empresas turísticas. A10
B6
C3
Resolver situacións de desequilibrio económico financeiro. A10
B3
B7
C4
Detectar oportunidades para mellorar a situación económico financeira da empresa. A10
B4
B7
C4
Dirixir, coordinar e controlar o departamento contable das empresas turísticas. A12
B2
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS 1.1. CONCEPTO E OBXECTIVOS DA ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS.
1.2. OS PROBLEMAS DAS EMPRESAS E AS SÚAS CAUSAS.
1.3. ANÁLISE E DIAGNÓSTICO EMPRESARIAL.
1.4. DATOS COMPLEMENTARIOS Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS.
1.5. LIMITACIÓNS DA ANÁLISE.
TEMA 2. ESTADOS FINANCEIROS 2.1. BALANCE DE SITUACIÓN.
2.2. A CONTA DE PERDAS E GAÑOS.
2.3. ESTADO DE CAMBIOS NO PATRIMONIO NETO.
2.4. ESTADO DE FLUXOS DE EFECTIVO.
2.5. MEMORIA, INFORME DE XESTIÓN E INFORME DE AUDITORÍA DE CONTAS.
2.6. MANIPULACIÓNS CONTABLES E MAQUILLAXE DE CONTAS ANUAIS.
TEMA 3. ANÁLISE DO BALANCE DE SITUACIÓN 3.1. OBXECTIVOS E ASPECTOS PREVIOS.
3.2. ESTRUCTURA DO BALANCE IDEAL.
3.3. CONCEPTO E USO DE RATIOS.
3.4. PRINCIPAIS RATIOS PARA ANALIZAR BALANCES.
3.5. O PODER PREDICTIVO DAS RATIOS.
TEMA 4. ANÁLISE DA CONTA DE PERDAS E GAÑOS 4.1. OBXECTIVOS DA ANÁLISE.
4.2. ANÁLISE DA MARXE POR PRODUCTOS.
4.3. CÁLCULO DO UMBRAL DE RENDIBILIDADE.
4.4. ANÁLISE DOS GASTOS.
4.5. ANÁLISE DA PRODUTIVIDADE, DA EFICACIA E DA EFICIENCIA.
4.6. AVALIACIÓN DO NIVEL DE CALIDADE.
TEMA 5. RENDIBILIDADE, AUTOFINANCIACIÓN E CRECEMENTO. FONDO DE MANIOBRA 5.1. ESTUDO DA RENDIBILIDADE.
5.2. APALANCAMENTO FINANCEIRO.
5.3. AUTOFINANCIACIÓN.
5.4. CRECEMENTO DA EMPRESA: CAPACIDADE E TIPOLOXÍA.
5.5. CONCEPTO E IMPORTANCIA DO FONDO DE MANIOBRA.
5.6. AS NECESIDADES DE FONDO DE MANIOBRA.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A2 A5 B1 B2 B6 B7 C1 1 2.5 3.5
Resumo A2 A5 A9 A10 B1 B4 B6 B7 C3 C4 4 12 16
Solución de problemas A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 10 25 35
Sesión maxistral A2 A5 A9 A10 A12 B3 B4 B5 C3 C6 C7 15 37.5 52.5
Traballos tutelados A9 B1 B2 B4 B5 C1 C8 5 12.5 17.5
Aprendizaxe servizo A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C7 C8 4 10 14
Proba obxectiva A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 3 7.5 10.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve O exame incluirá problemas para que o alumnado responda a preguntas teóricas de resposta curta e/ou preguntas sobre o estudo de casos relacionadas coa materia.
Resumo Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de tantos resumos como considere o profesor. As temáticas para analizar serán seleccionadas de modo que estas sexan útiles como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor.
Solución de problemas O alumnado terá que resolver as situacións problemáticas concretas, a partir dos coñecementos que se traballaron en clases. Esas actividades serán propostas ao longo do curso e poderán ser resolvidas presencialmente en clases ou con traballo autónomo do alumnado.
Sesión maxistral Nesa actividade traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introducción de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construcción de coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos

Nas titorías planificarase o traballo que debe presentar o alumnado a final de curso. Nesa etapa poderase traballar tamén coa metodoloxía COIL para intercambio online entre o alumnado da materia con alumnado de outras universidades.
Aprendizaxe servizo Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. O alumnado aplicará os coñecementos xerados nas clases á unha situación práctica ofrecendo servizo á comunidade.

O docente propoñerá os temas do traballo e o alumnado terá que dar solución seguindo as instrucións en clases.
Proba obxectiva A proba consistirá na resolución dun exame final que versará sobre aspectos do análise contable. Esa proba consta de varios tipos de preguntas: tipo test, verdadeiro ou falso, resolución de exercicios prácticos para a elección da resposta correcta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Resumo
Solución de problemas
Traballos tutelados
Aprendizaxe servizo
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo directo co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

O xeito e o momento no que se desenvolverá será indicado en relación a cada actividade, ao longo do curso, segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 A5 B1 B2 B6 B7 C1 Consistirá na realización, en data establecida polo docente, dunha proba de respostas breve que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia.

O profesor poderá propor un problema e o alumnado responderá as preguntas realizadas.

Valoraránse os coñecementos teóricos e prácticos de análise contable adquiridos ó longo das sesións maxistrais.
30
Resumo A2 A5 A9 A10 B1 B4 B6 B7 C3 C4 O alumnado realizará resumos ao longo do curso de acordo co solicitado polo docente.

O asunto dos resumos serán determinados ao decorrer do curso e estarán relacionados con aspectos tanto teóricos como prácticos. así mesmo, poderán estar relacionado con traballos e resolución de exercicios propostos en clases.

En relación coa presentación oral dos resumos, valorarase a claridade das opinións expostas verbo:
1. Dos temas que se especifican no programa da materia.
2. Da resolución de problemas contables.
30
Proba obxectiva A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 Consistirá na realización, en data oficialmente establecida, dunha proba obxectiva que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 40
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación en PRIMEIRA OPORTUNIDADE.

A nota final do curso calcularase do seguinte xeito: RESUMO (30%) + PROBA DE RESPOSTA BREVE (30%) + PROBA OBXECTIVA (40%).

Todos as partes serán realizadas de maneira presencial.

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do sumatorio das 3 partes obxecto de avaliación: resumo, proba de resposta breve e proba obxectiva. 

Para realizar o sumatorio das tres partes da avaliación (resumo, proba de respostas breve e proba obxectiva), o alumnado debe obter unha puntuación do 50% da Proba Obxectiva (2,0 sobre 4,0 puntos). En caso de non superar ese umbral de 50%, a nota do alumnado en primeira convocatoria será a da Prova Obxectiva.

Criterios de avaliación en SEGUNDA OPORTUNIDADE.

Para a segunda oportunidade só se garda a nota do apartado Resumo. Nesta ocasión, o alumnado realizará unha Proba Final que constará de dúas partes: un apartado para resposta breve e outro con preguntas obxectivas.

Para superar a materia en segunda oportunidade é necesario obter unha puntuación do 50% do sumatorio das 2 avaliacións (Resumo + Proba Final). Para realizar o sumatorio das partes o alumnado debe obter unha puntuación do 50% da Proba Final. 

A ENTREGA DOS RESUMOS incluídos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo que o profesor indique o contrario) e cumprindo o prazo de entrega establecido. Aqueles traballos incluídos na parte práctica entregados fóra de prazo ou non entregados serán clasificados como "non presentados". O feito de non asistir a unha exposición oral tamén implicará a cualificación de "non presentado" para ese exercicio. Para os efectos do cómputo da nota final dos resumos, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuído á citada tarefa non presentada.

Os únicos utensilios cos que se permite acceder ao recinto onde se realiza as probas son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou bolígrafo, goma de borrar e calculadora electrónica non programable.

Queda expresamente prohibido o acceso ao lugar do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo que permita a comunicación remota e/ou o almacenamento de información; b) Apuntes, anotacións, libros ou material similar que non estivese expresamente autorizado na convocatoria do exame ou no campus virtual da materia. O incumprimento desta norma supón que a proba se considera realizada con fraude, e iso independentemente de que durante a proba os usou ou non quen dispoña de tales aparellos ou do material indicado na zona da proba.

O alumnado deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Segundo o establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación de títulos dos estudos de grao e posgrao" (aprobadas o 19/12/2013 e modificadas o 29/06/2017) no Art. 21.2: Considerarase como "Non presentado" (NP) a aquel alumnado que, estando matriculado na materia, non asista ás diferentes actividades de avaliación establecidas para o curso académico.

Deste xeito, clasificarase como "Non presentado" cando:

a) Non completar o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuran na guía docente, ou

b) Non realizar a proba durante o período oficial de avaliación.

ÉTICA ACADÉMICA

Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando o alumnado actúa para defraudar ou tratar de defraudar aos sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico, así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para realización de traballos.

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán cualificados cun 0;

Recórdase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo na prova final está totalmente prohibido, e no caso de utilizar calquera soporte non permitido ficará automaticamente suspenso independentemente da nota obtida na prova mixta e dos traballos realizados. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artículo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario".

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de manera previa ao inicio do cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/); en defecto, co tutor ou tutora ADI da Facultade de Turismo.

REGLAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto á materia en que se cometeu: o alumno será cualificado con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente do curso académico, se se produce a comisión da falta. na primeira oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, de ser o caso.


Fontes de información
Bibliografía básica Jose Antonio Ortega Martínez (2006). Análisis de Estados Financeiros (e-book). Desclee de Brouwer
Oriol Amat (2008). Análisis de Estados Financieros. Fundamentos y aplicaciones. Ediciones Gestión 2000
Julián González Pascual (2016). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera: aplicaciones prácticas (e-book). Pirámide
Oriol Amat (2008). Análisis Económico - Financiero. Ediciones Gestión 2000

Amat, O.: "Análisis de Estados Financieros. Fundamentos y aplicaciones", Ediciones Gestión 2000, Barcelona, 2008.
Amat, O.: "Análisis Económico - Financiero", Ediciones Gestión 2000, Barcelona, 2008.
ACCID: "Normas Internacionales de Información Financiera", Asociación Catalana de Contabilidad y Dirección, Barcelona, 2007.
Plan General de Contabilidad. Real Decreto 1514/2007, 16 de noviembre.
Plan General de Contabilidad de PYMES. Real decreto 1515/2007, 16 de noviembre.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financiera/662G01011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contabilidade de custos/662G01017

Observacións

Recoméndase ao alumnado traballar de xeito continuado nos contidos da materia ao longo de todo o curso. Tamén se recomenda que manteña unha comunicación aberta co profesor a través das titorías persoais. Recoméndase que antes de cada clase teórica o alumnado lea e prepare o tema que será presentado, empregando o manual básico da materia. Finalmente, é recomendable que o alumnado utilice o horario establecido de titoría para realizar consultas e esclarecer dúbidas da materia.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Tal e como recolle a diferente normativa aplicable á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoría de ambos sexos, fomentarase a intervención en clase de todo o alumnado...).

Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías