Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Primeiro Idioma Moderno II: Inglés Código 662G01028
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Moss , Sarah
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
sarah.moss@udc.es
sarah.moss@udc.es
Profesorado
Montoya Reyes, Ana
Moss , Sarah
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
ana.montoya@col.udc.es
sarah.moss@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está deseñado para proporcionar aos estudantes a terminoloxía e as habilidades lingüísticas necesarias para traballar en inglés na industria turística, centrada principalmente no sector hoteleiro.

Inscríbese no marco do inglés para fins específicos ao nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas ( MCER).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Empregar a linguaxe especializada do turismo, facendo especial fincapé na hostalería. Manexar e empregar estruturas gramaticais e formas e tempos verbais para asegurar unha comunicación correcta, comprensible e apto para unha contorna profesional. Presentar información e expresa opinións oralmente. Ler, comprender e usar o inglés académico. Ler, comprender, resumir e responder preguntas de forma oral e por escrito sobre textos auténticos e complexos relacionados coa industria do turismo. Distinguir e usar rexistros formais e informais. Producir comunicacións relacionadas co mundo das empresas e do turismo dun nivel aceptable no mundo do traballo. A1
A6
A13
A15
A16
A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Hotel branding Types of hotels: descriptions, locations, facilities and services, etc.
Current and future hotel trends-

Use of English: Review of common errors (grammar, syntax, spelling etc.)

Intonation
Effective business communications in the hotel and tourism industry

Customer service and guest satisfaction: responding to comments and complaints.
Written internal and external communications:
business plans and reports, stakeholder relations, customer relations.
1. Layout
2. Informal and formal language
3. Structure and organisation.
4. Communicative impact
Running a tourism business 1. Discussion of previous/future work experiences and/or internships.
2. Organising a hotel - talking about departments, employees, renovation, etc.
4. Discussion of workplace situations and work ethics issues.
Language skills: speaking, reading and listening.
Academic English An introduction to the language of academic English.
Writing an abstract in English.

Punctuation.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A6 A13 A15 B4 B6 B7 C2 C3 C7 3 20 23
Lecturas A1 A6 A13 A15 B4 B6 B7 C2 C3 C7 0 15 15
Discusión dirixida A1 A6 A13 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C7 6 0 6
Seminario A1 A6 A13 A15 A16 A17 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 36 69 105
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exercicios escritos e orais
Exame / proba final
Lecturas Exercicios de comprensión de lectura oral e escrita de materiais turísticos auténticos e complexos baseados na comprensión e terminoloxía, síntese e paráfrasis.
Discusión dirixida Debates na clase e exercicios orais
Seminario Clases teóricas e exercicios prácticos

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Discusión dirixida
Descrición
As clases teñen un enfoque interactivo claro e por ende, é fundamental a participación activa dos alumnos. Isto inclúe as consultas para resolver as dificultades relacionadas con calquera das catro habilidades. Neste senso, anímase aos estudantes a formular estas preguntas tanto durante as clases como no horario de titorías, así como a través do foro da plataforma Moodle, correo electrónico e chamadas e chats de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A6 A13 A15 A16 A17 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Tarefas escritas para a avaliación continúa. Isto inclúe tanto traballos realizados nas aulas como o tempo durante o tempo de estudo autónomo. 20
Proba obxectiva A1 A6 A13 A15 B4 B6 B7 C2 C3 C7 Proba escrita consistente en calquera combinación das seguintes tarefas: textos para a comprensión lectora; resumos, redaccións; exercicios de uso do inglés e da materia impartida nas aulas. 50
Discusión dirixida A1 A6 A13 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C7 Os alumnos participarán en varios debates en grupos. A través das preguntas e respostas avaliaranse as súas habilidades de comunicación e a súa capacidade para manter unha conversa.
Os estudantes que non superen a avaliación oral ou que desexen mellorar a súa nota poderán facer un exame oral final ao finalizar o cuadrimestre. Avaliarase a súa capacidade de expresión según o nivel establecido para esta materia (C1), debendo demostrar unha adecuada corrección gramatical sintáctica, pronuncia/entonación e uso da correcta terminoloxía.

30
 
Observacións avaliación

Para aprobar esta materia, os alumnos deben obter unha nota mínima de aprobado (50%) nos TRES apartados de avaliación (proba escrita, oral e avaliación continua).

Só obterase a cualificación de NON PRESENTADO se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.

O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade. Por tanto, os alumnos deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron.

Os estudantes que non poidan cumpriros requisitos de asistencia debido á exención de asistencia segundo oestablecido na normativa publicada pola Universidade da Coruña (Art. 3.be 4.5Normas de aprobación, revisión e reclamación dos títulos, dous estudos de graoe posgrao (art. 3 e 8b), deben facer todas as tarefas de avaliación continua(20%), e presentarse à proba final (50%) e un exame oral (30%).

No caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un examen escrito (70%) e unha proba oral (30%).

Contemplase a posibilidade de opcións alternativas de evaluación para casos especiais xustificados.

Honradez académica

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.


Atención á diversidade
A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es

Fontes de información
Bibliografía básica M. McCarthy (2008). Academic Vocabulary in Use. Cambridge
P. Emmerson (2002). Business Grammar Builder. Macmillan
M. Hewings (2012). Cambridge Academic English . Cambridge University Press
P.Strutt (2013). English for International Tourism Upper Intermediate. Pearson
H. Mol (2008). English for Tourism and Hospitality in Higher Education Studies. Reading. Garnet
P. Leggott (2010). LCCI English for Business Testbuilder. Macmillan
A.Pohl (2002). Professional English: Hotel and Catering. Penguin English Guides
C. Talcott (2007). Target Score. Cambridge Professional English
R. Walker (2009). Tourism 3 Oxford English for Careers. Oxford University Press
A. Rowe (2002). Travel and Tourism . Cambridge International Examinations

Bibliografía complementaria D. Zemach (2005). Academic Writing - from paragraph to essay. Oxford. Macmillan
M. Hewings (2005). Advanced Grammar in Use. Cambridge
J. Sinclair et al. (2004). English Usage for Learners. Glasgow. Collins
R. Murphy (2003). Grammar in Use (Intermediate). Cambridge
M. Vaughan-Rees (2002). Test Your Pronunciation . London. Penguin English Publications


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno: Inglés/662G01006
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés/662G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Inglés no Contorno Profesional/662G01045

Observacións

Os estudantes deben lembrar que esta materia está enfocada ao ensino do inglés con finses pecíficos e, polo tanto, NON é un curso xeral de inglés.

Así mesmo, os estudantes deben ter en conta que estudar unha lingua require perseveranza e continuidade ao longo do tempo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías