Identifying Data 2022/23
Subject (*) Final Dissertation Code 662G01037
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Dereito Público
Empresa
Humanidades
Letras
Matemáticas
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Moss , Sarah Louise
Moss , Sarah
E-mail
sarah.moss@udc.es
sarah.moss@udc.es
Lecturers
Blanco Moa, José Antonio
Caamaño Franco, Iria
Crecente Maseda, Mario
de Carreño de Vicente, María de las Mercedes
Fernández Fernández, Javier Luis
León Sanjuán, María Victoria de
Lezcano González, Mª Elvira
Martín Cancela, Elena
Martínez Fernández, Paulino
Molina Nieto, Victoria
Montoya Reyes, Ana
Moss , Sarah Louise
Pérez García, Antonia
Ramos Montes, Oscar
Rivas Iglesias, Carlos Alberto
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Rodríguez Carro, Carlos
Rodríguez Pallas, Angel
Suárez , Jean-Paul
E-mail
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
iria.caamano@udc.es
mario.crecente@udc.es
m.decarreno@udc.es
javier.fernandez4@udc.es
victoria.de.leon@udc.es
m.lezcano@udc.es
elena.martin@udc.es
paulino.martinez@udc.es
victoria.molina@udc.es
ana.montoya@col.udc.es
sarah.moss@udc.es
antonia.perezg@udc.es
oscar.ramos@udc.es
c.rivas@udc.es
jakson.soares@udc.gal
carlos.rodriguez3@udc.es
angel.rodriguez.pallas@udc.es
jean-paul.suarez@col.udc.es
Web
General description O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores académicos.
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A20 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
A21 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de restauración.
A22 Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A25 Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A28 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A30 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural.
A31 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O Traballo Fin de Grao debe estar orientado á avaliación das competencias asociadas ao título, tanto as específicas, transversais como as nucleares, xa que se entende que o alumno debe saber e ser capaz de aplicar as devanditas competencias adquiridas durante a carreira. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Regulamento do Traballo Fin de Grao da Facultade de Filoloxía
Aprobado pola Xunta de Facultade de 26 de febreiro de 2014 e modificado pola Xunta de Facultade de 20 de outubro de 2017 e de 30 de maio de 2018.
1. Obxecto e ámbito de aplicación
1.1. Este regulamento contén as directrices relativas á definición, realización, defensa, cualificación e tramitación administrativa dos traballos de fin de grao dos planos de estudo dos graos da Facultade de Filoloxía, de acordo coas Directrices para a elaboración de regulamentos relativos ao traballo de fin de grao nos graos da UDC, aprobadas polo Consello de Goberno de 22 de xullo de 2011, e de acordo coa Normativa reguladora da matrícula e defensa do Traballo Fin de Grao (TFG) e do Traballo Fin de Mestrado (TFM), aprobada polo Consello de Goberno de 19 de decembro de 2013 e modificada polo Consello de Goberno nas súas sesións de 30 de abril e 24 de xullo de 2014, 29 de xaneiro de 2015, 28 de xuño de 2016 e 29 de xuño de 2017.
1.2. Este regulamento debe interpretarse no marco das regulamentacións e procedementos da Universidade da Coruña que se atoparen en vigor e que se referiren, entre outros aspectos, ao sistema de avaliación, ao recoñecemento e á transferencia de créditos, así como á mobilidade de estudantes.
1.3. A comisión do centro competente na xestión dos traballos de fin de grao é a Comisión de Organización Académica, delegada da Xunta de Facultade.
2. Natureza e características do Traballo Fin de Grao
2.1. O Traballo Fin de Grao (TFG) supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, dunha memoria ou dun estudo concreto baixo a supervisión de un ou máis directores. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.
2.2. O Traballo Fin de Grao deberá estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas ao Título, en concreto, a capacitar para a busca, xestión, organización e interpretación de datos nos estudos lingüísticos e literarios co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes deste ámbito de estudos, e a facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
2.3. Para formalizar a matrícula do Traballo Fin de Grao, o alumnado poderá ter pendentes como máximo 78 créditos para completar os estudos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para rematar o plan de estudos do Grao. Igualmente, as/os estudantes que participen en programas de mobilidade ou duplas titulacións poderán matricularse do TFG mentres realizan o programa de mobilidade. O seu réxime será establecido regulamentariamente.
2.4. O Traballo Fin de Grao só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se tiver constancia de que a/o estudante superou todos os créditos necesarios para a
obtención do Título de Grao, agás os correspondentes ao TFG, isto é, unha vez superados os 234 créditos restantes, segundo se establece nas memorias de verificación dos graos da Facultade de Filoloxía.
No caso dos programas de mobilidade ou de dupla titulación estarase ao previsto regulamentariamente. Nos programas de simultaneidade estarase ao establecido na normativa específica de cada programa.
2.5. O Traballo Fin de Grao non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderá a quen o realizar segundo queda recollido no apartado h) do artigo 8 do RD 1791/2010 de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario.
2.6. O tema de que for obxecto o Traballo Fin de Grao, tanto no seu nivel como na súa extensión e os seus obxectivos, deberá posibilitar que a/o estudante o realice nas 150 horas equivalentes aos 6 créditos ECTS asignados ao traballo no plan de estudos. A Facultade de Filoloxía velará a través dos mecanismos de coordinación existentes no grao e da Comisión de Organización Académica por que isto se cumpra e, en consecuencia, poidan alcanzarse as taxas de eficiencia, éxito e graduación a que fai referencia a memoria do grao.
3. Dirección académica do Traballo Fin de Grao
3.1. O Traballo Fin de Grao será dirixido por un membro do profesorado con docencia no Título de grao. Tal profesor/a será responsable de
a) expoñer ao estudantado as características do traballo e orientalo no seu desenvolvemento;
b) realizar un seguimento da elaboración do traballo e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados;
c) autorizar a presentación e defensa do TFG;
d) valorar o traballo consonte ao establecido no art. 7.
3.2. O Traballo Fin de Grao poderá ser dirixido por máis de unha persoa. Nese caso, cando menos, unha delas deberá ser un membro do profesorado con docencia no Título de grao en que estiver matriculado a/o estudante.
4. Oferta de temas dos traballos fin de grao e asignación de direccións
4.1. Os temas ou as liñas dos Traballos Fin de Grao e as/os directoras/es correspondentes proporanse de xeito razoado. Tal proposta será remitida á dirección do centro desde os departamentos a que este lles fixer o encargo dos TFG até o 30 de xullo. As/os estudantes poderán proporlles aos departamentos temas ou liñas para que sexan incorporados na súa oferta.
4.2. A Comisión de Organización Académica aprobará e fará pública a listaxe cos temas, cos directores ou directoras e co número de estudantes asignados a cada tema e co/a director/a antes do 30 de setembro.
4.3. O estudantado solicitará a asignación por orde de preferencia dun número mínimo de dez temas e/ou directoras/os coa data límite de 15 de outubro no modelo de impreso que figura como Anexo I deste regulamento. A Comisión de Organización Académica preparará unha proposta de asignación provisional, que incluirá o prazo de reclamacións. Para dirimir as prioridades na elección de tema e/ou de director/a utilizarase como criterio a cualificación media do expediente académico da/o estudante. Se se esgotasen as liñas escollidas pola/o estudante, a comisión anunciará un novo prazo para escoller entre as liñas con vacantes.
4.4. Unha vez resoltas as reclamacións, se as houber, a Comisión de Organización Académica publicará a listaxe definitiva coa data límite de 30 de outubro. Calquera
modificación posterior deberá ser aprobada pola Comisión de Organización Académica.
5. Tribunais de avaliación
5.1. A Comisión de Organización Académica nomeará os tribunais e establecerá as condicións xerais para a realización da defensa dos traballos.
5.2. Os tribunais estarán formados por tres persoas e os correspondentes suplentes. Todas elas deberán ser membros do profesorado do centro que imparte o Título de grao. A directora ou director do Traballo Fin de Grao non poderá formar parte do tribunal que o avalíe.
5.3. Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretaria. O de maior categoría docente e antigüidade actuará como presidente e
o de menor como secretaria/o. Ambos exercerán como tales en todas as actuacións do tribunal.
5.4. Unha vez constituídos, os tribunais de avaliación establecerán, dentro do marco establecido pola Comisión de Organización Académica, o día, a hora e o lugar de
realización das defensas dos traballos de fin de grao e a orde de exposición dos estudantes (Anexo II). Esta información farase pública no taboleiro de anuncios e
na páxina web da Facultade.
6. Presentación e defensa dos traballos fin de grao
6.1. Con antelación á data de entrega establecida:
a) O/a director/a do traballo deberá realizar un informe sobre o TFG a través da Secretaría Virtual do PDI.
b) Unha vez incorporado ese informe ao sistema de xestión, a/o estudante terá de solicitar a inscrición e defensa a través da Secretaría Virtual, cumprimentar axeitadamente o formulario electrónico requirido e anexar o TFG como PDF seguindo as Normas para presentación dos traballos en versión dixital.
c) A/o estudante deberá imprimir a solicitude de defensa, que será entregada na Administración do centro xunto co TFG.
6.2. A/o estudante entregará na Administración da Facultade, e no prazo que se fará público para estes efectos, o seguinte:
- Tres exemplares da versión escrita do traballo (co visto e prace da dirección)
- Versión electrónica do traballo (de acordo coas Normas para a presentación dos traballos fin de grao en versión dixital), que deberá coincidir necesariamente coa versión subida á Secretaría Virtual.
- Solicitude de defensa e de avaliación (v. 6.1.c)
Rematado o prazo de presentación, a Administración da Facultade entregará a documentación que proceda á/ao secretaria/o do tribunal de avaliación, quen fará chegar unha copia do traballo a cada membro do tribunal.
Os traballos axustaranse ao establecido nas guías docentes e ás instrucións relativas á presentación que figuran como Anexo III deste regulamento.
6.3. O estudantado defenderá os seus traballos de fin de grao pública e presencialmente.
6.4. A realización, presentación e defensa dos traballos de fin de grao poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo
co disposto na memoria de verificación do Título.
6.5. Cada estudante disporá dun tempo máximo de 15 minutos en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con
posterioridade, terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que lle puideren formular os membros do tribunal de avaliación.
6.6. Dentro das súas posibilidades, a Facultade facilitará os medios técnicos para a presentación do traballo.
7. Avaliación e cualificación
7.1. Para a avaliación, aplicaranse os criterios establecidos na guía docente e o disposto na memoria de verificación do Título.
a) O/a director/a do traballo valorarao mediante o Anexo IV. Este documento será entregado na Administración do centro antes do fin do prazo de presentación de traballos establecido para cada oportunidade.
b) O tribunal valorará a exposición pública do traballo mediante a rúbrica establecida no Anexo V.
c) O tribunal emitirá a cualificación final, que será o resultado da media ponderada da valoración do tribunal (30?%) e da proposta de dirección do traballo (70?%). Empregarase o Anexo VI, que será entregado na administración do centro. En caso de codirección, terase en conta a media da cualificación outorgada polas/os directoras/es.
7.2. A cualificación final outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal (de ser necesario o redondeo, farase cara arriba), á cal terá que se lle engadir a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9: suspenso
b) 5,0-6,9: aprobado
c) 7,0-8,9: notable
d) 9,0-10: sobresaliente
7.3. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal
avaliador.
7.4. No caso de a/o estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a
súa posterior avaliación. Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o Traballo Fin de Grao.
7.5. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos traballos fin de grao levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da Universidade da Coruña.
8. Matrícula, calendario académico e actas
8.1. A matrícula dos traballos fin de grao realizarase dentro do prazo xeral de matrícula establecido pola universidade, ou no período de ampliación da matrícula se a/o alumna/o reúne os requisitos para poder realizar esta modalidade de matrícula, mediante o aboamento dos prezos públicos que corresponderen.
8.2. O Traballo Fin de Grao dos graos da Facultade de Filoloxía está asignado no plan de estudos ao segundo cuadrimestre. Se o alumnado se matrícula no período
de ampliación da matrícula, no mes de febreiro, os procedementos establecidos nas epígrafes 4.1., 4.2., 4.3. e 4.4. deberán estar finalizados o 30 de marzo. Para
máis información sobre o calendario, consúltese o Anexo VII deste regulamento.
8.3. Para a súa defensa e avaliación, a/o estudante disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades en cada curso académico. Sempre que a/o estudante non teña pendente máis que a superación do TFG para rematar os seus estudos de Grao, poderá matricularse para defendelo no período
establecido para a primeira oportunidade das probas de avaliación das materias do primeiro cuadrimestre. No caso de non superar esta defensa, poderá utilizar como segunda oportunidade tan só unha das oportunidades ordinarias dese mesmo curso académico.
8.4. A Facultade, atendendo a criterios de programación docente, establecerá a realización das defensas dos traballos fin de grao dentro dos prazos marcados no calendario académico que aprobar o Consello de Goberno.
8.5. O peche e entrega das actas de avaliación dos traballos fin de grao aterase ao previsto no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno.
Consultar os anexos na páxina web: https://www.udc.es/export/sites/udc/filo/_galeria_down/TFG/normativa/Regulamento_TFG.pdf_2063069294.pdf 9. Consulta e publicación dos traballos fin de grao
9.1. A Comisión de Organización Académica dará o visto e prace aos traballos que serán publicados no Repositorio Institucional da Universidade da Coruña (RUC) e fará unha selección dos traballos por titulación. Para isto, terá en conta a opinión emitida polos correspondentes tribunais. A administración do centro enviará unha copia en formato electrónico ao Servizo de Biblioteca de todos os traballos seleccionados para a súa publicación no repositorio institucional.
Disposición adicional. Esta normativa será de aplicación a partir do curso académico 2018/2019.
Anexo I. Solicitude de asignación de liña de traballo e director/a
Anexo II. Acta de acordos do tribunal e listaxe das datas e horas de exposicións
Anexo III. Instrucións para a presentación dos traballos
Anexo IV. Proposta de valoración da dirección do traballo
Anexo V. Informe de valoración do tribunal
Anexo VI. Cualificacións finais dos TFG
Anexo VII. Calendarios

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 0 1
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 138 138
Oral presentation A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 0 1
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Reunións co/ a titor/a nas que se especifican os aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento do Traballo Fin de Grao e para planificar un calendario para o seu desenvolvemento.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do/a titor/a asignado/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo/a titor/a.
Oral presentation A defensa do TFG será pública e presencial. Consistirá na exposición oral dos aspectos máis relevantes do traballo realizado, durante un período de tempo non superior a 15 minutos, podendo axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinente.
A exposición oral ante o Tribunal correspondente, será na lingua en que estivese redactado o traballo. Finalizada esta, deberá atender ás cuestións, aclaracións, comentarios e suxestións que puidesen formularlle os membros do Tribunal.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
A atención personalizada ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento e planificación do traballo, para iso é importante consultar co/a tito/a os avances que se vaian realizando progresivamente.
O seguimento farase preferentemente de forma individual, ben de xeito presencial, a través de correo electrónico ou mediante outro medio de comunicación acordado entre titor/a e tutorando/a.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación da exposición e defensa oral do traballo realizaranse polos membros do tribunal. 30
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do traballo escrito realizarase polo/a titor/a. 70
 
Assessment comments

7. Avaliación e cualificación
7.1. Para a avaliación, aplicaranse os criterios establecidos na guía docente e o disposto na memoria de verificación do Título.
a) O/a director/a do traballo valorarao mediante o Anexo IV. Este documento será entregado na Administración do centro antes do fin do prazo de presentación de traballos establecido para cada oportunidade.
b) O tribunal valorará a exposición pública do traballo mediante a rúbrica establecida no Anexo V.
c) O tribunal emitirá a cualificación final, que será o resultado da media ponderada da valoración do tribunal (30?%) e da proposta de dirección do traballo (70%). Empregarase o Anexo VI, que será entregado na administración do centro. En caso de codirección, terase en conta a media da cualificación outorgada polas/os directoras/es.
7.2. A cualificación final outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal (de ser necesario o redondeo, farase cara arriba), á cal terá que se lle engadir a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9: suspenso
b) 5,0-6,9: aprobado
c) 7,0-8,9: notable
d) 9,0-10: sobresaliente
7.3. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal
avaliador.
7.4. No caso de a/o estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a
súa posterior avaliación. Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o Traballo Fin de Grao.
7.5. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos traballos fin de grao levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da Universidade da Coruña.

Plaxio

Ademais segundo a Lei de Convivencia (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anosda universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; asícomo a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestreacadémico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditadotendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendimientoacadémico (art. 11).

Atención à Diversidade

A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es.


Sources of information
Basic

As pertinentes en cada traballo.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

NORMATIVA REGULADORA DA MATRÍCULA E A DEFENSA DO TRABALLO FINDE GRAO (TFG) E DO TRABALLO FIN DE MESTRADO UNIVERSITARIO (TFM)

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/matricula_defensa_fin_grao.pdf_2063069294.pdf

2.3. Para formalizar a matrícula do Traballo Fin de Grao, o alumnado poderá ter pendentes como máximo 78 créditos para completar os estudos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para rematar o plan de estudos do Grao. Igualmente, as/os estudantes que participen en programas de mobilidade ou duplas titulacións poderán matricularse do TFG mentres realizan o programa de mobilidade. O seu réxime será establecido regulamentariamente.
2.4. O Traballo Fin de Grao só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se tiver constancia de que a/o estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do Título de Grao, agás os correspondentes ao TFG, isto é, unha vez superados os 234 créditos restantes, segundo se establece nas memorias de verificación dos graos da Facultade de Filoloxía.
No caso dos programas de mobilidade ou de dupla titulación estarase ao previsto regulamentariamente. Nos programas de simultaneidade estarase ao establecido na normativa específica de cada programa.
2.5. O Traballo Fin de Grao non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderá a quen o realizar segundo queda recollido no apartado h) do artigo 8 do RD 1791/2010 de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario.
2.6. O tema de que for obxecto o Traballo Fin de Grao, tanto no seu nivel como na súa extensión e os seus obxectivos, deberá posibilitar que a/o estudante o realice nas 150 horas equivalentes aos 6 créditos ECTS asignados ao traballo no plan de estudos. A Facultade de Filoloxía velará a través dos mecanismos de coordinación existentes no grao e da Comisión de Organización Académica por que isto se cumpra e, en consecuencia, poidan alcanzarse as taxas de eficiencia, éxito e graduación a que fai referencia a memoria do grao.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.