Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Direción Estratéxica de Empresas Turísticas Código 662G01042
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Correo electrónico
jakson.soares@udc.gal
Profesorado
Rodrigues Soares, Jakson Renner
Correo electrónico
jakson.soares@udc.gal
Web
Descrición xeral Formar profesionais competentes na Dirección Estratéxica das organizacións Turísticas co obxecto que coñezan a fondo o o seu ámbito funcional e consecuentemente poidan definir obxectivos, formular e executar estratexias, aplicar e resolver situacións con criterios técnicos, e tomar decisións no seu ámbito competencial para poder desenvolvelas en empresas turísticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A9 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A28 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e aplicar conceptos e ferramentas básicas de dirección estratéxica para o funcionamento das empresas do turismo e ocio A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A28
A33
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade de planificación A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A10
A11
A12
A13
A14
A18
A23
A28
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Comprender o entorno turístico A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A18
A23
A28
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade de traballo en equipo A1
A2
A5
A6
A9
A10
A11
A12
A13
A28
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1 - Concepto de Estratexia 1.1 - Introdución
1.2 - Orixes da estratexia
1.3 - Concepto de estratexia na empresa turística
2 - Concepto da dirección estratéxica 2.1 - Introdución
2.2 - Natureza da dirección estratéxica
2.3 - Niveis da estratexia na empresa turística
2.4 - Fases da dirección estratéxica
3 - Análise da contorna da empresa turística 3.1 - Introdución
3.2 - Natureza da contorna
3.3 - Ferramentas do contorna
4 - Estratexias xenéricas e vantaxes competitivas na empresa turística 4.1 - Introdución
4.2 - Concepto, creación e mantemento das vantaxes competitivas
4.3 - Estratexias de liderado en custos
4.4 - Estratexias de diferenciación
4.5 - Estratexias de focalización
5 - Estratexias de crecimento na empresa turística 5.1 - Introdución
5.2 - Expansión e diversificación
5.3 - Estratexias de consolidación
5.4 - Estratexias de desenvolvemento de produtos/servizos
5.5 - Estratexias de desenvolvemento de mercados
5.6 - Estratexias de diversificación
6 - Formulación estratéxica 6.1 - Introdución
6.2 - Formulación
6.3 - Retos e alternativas estratéxicas
6.4 - A priorización e seleción da estratexia
7 - Planificación e implementación 7.1 - Introdución
7.2 - A planificación e a implementación no proceso de dirección estratéxica
7.3 - A planificación da estratexia e a xestión do cambio
8 - Proceso de control estratéxico 8.1 - Introdución
8.2 - Seguimento e control
8.3 - Indicadores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A35 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 24 36
Traballos tutelados A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 15 19
Proba mixta A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 10 14
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A23 A28 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 12 48 60
Sesión maxistral A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 10 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O alumnado terá que resolver situacións problemáticas concretas, a partir dos coñecementos que se traballaron en clases. Esas actividades serán propostas ao longo do curso e poderán ser resolvidas presencialmente en clases ou con traballo autónomo do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos

Nas titorías planificarase o traballo que debe presentar o alumnado a final de curso. Nesa etapa poderase traballar tamén coa metodoloxía COIL para intercambio online entre o alumnado da materia con alumnado de outras universidades.
Proba mixta O exame presencial incluirá, non exclusivamente, problemas prácticos e preguntas teóricas obxectivas/subxectivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso, tipo test, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o estudo de casos) relacionadas coa materia.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. O docente irá propor temas para a discusión do alumnado. Nesta tarefa o alumnado deberá elaborar documentos e achegar conclusións que serán debatidas en clases.
Sesión maxistral Nesa actividade traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción de coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Estudo de casos
Proba mixta
Seminario
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo directo co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

O xeito e o momento no que se desenvolverá será indicado en relación a cada actividade, ao longo do curso, segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Traballo realizado polo alumnado que desenvolverá ao longo do cuadrimestre e que presentará a final de curso.

No transcurso da materia será proposto un traballo grupal para aplicar os coñecementos xerados nas clases de forma práctica.

Será valorada a calidade formal da presentación escrita; a calidade e creatividad dos contidos tratados; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

O traballo será realizado en grupos pequenos de 4 integrantes e avaliado con rúbrica que o alumnado coñecerá ao principio das clases. O traballo poderá ter unha compoñente de ApS, ou COIL, ou dentro do proxecto elixido polo alumnado.
30
Estudo de casos A1 A2 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A35 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a resolución de varias situacións problemáticas concretas a partir dos coñecementos traballados nas clases expositivas.

O docente irá propor os casos e o alumnado terá que aplicar o seu coñecemento á situación proposta.
15
Proba mixta A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consistirá na realización, en data oficialmente establecida, dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 50
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A23 A28 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 Nos seminarios formularanse diversos casos e a solución que o alumnado crea máis conveniente. Intentarase buscar algunha empresa do sector para que veña a contar a súa experiencia para xerar un debate.

Asistencia obrigatoria para poder analizar e valorar os casos prácticos desenvolvidos.
5
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluída a convocatoria anticipada.

A nota final do curso calcularase do seguinte xeito:

PARTE PRÁCTICA (50%), composta por:

• Estudos de caso (15%).

• Traballos tutelados (30%).

• Seminario (5%).

PROBA MIXTA (50%):

• Exame presencial (tipo proba mixta que poderá ser oral ou escrita segundo a decisión do profesor) sobre os contidos da materia.

Para superar a materia en PRIMEIRA OPORTUNIDADE é necesario obter unha puntuación do 50% no sumatorio das dúas partes: parte práctica (Estudos de caso, Traballos tutelados e Seminario) e Proba mixta.

Para realizar o sumatorio das dúas partes, é necesario obter unha puntuación do 50% da Proba Mixta.

Os criterios de puntuación dos traballos incluídos na parte práctica con exposición oral dos indicados polo profesor e da proba mixta anunciaranse no momento da súa realización e achegaranse xunto cos seus escritos.

A entrega dos traballos incluídos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo que o profesor indique o contrario) e cumprindo o prazo de entrega establecido. Aqueles traballos incluídos na parte práctica entregados fóra de prazo ou non entregados serán clasificados como "non presentados". O feito de non asistir a unha exposición oral tamén implicará a cualificación de "non presentado" para ese exercicio. Para os efectos do cómputo da nota final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuído á citada tarefa non presentada.

En segunda oportunidade, o alumnado poderá repetir tamén todos os traballos incluídos na parte práctica clasificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as cualificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade a outra). 

Para superar a materia na SEGUNDA OPORTUNIDADE, como na primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% no sumatorio das dúas partes: parte práctica (Estudos de caso, Traballos tutelados e Seminario) e Proba mixta.

Os únicos utensilios cos que se permite acceder ao recinto onde se realiza a proba mixta final son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou bolígrafo, goma de borrar e calculadora electrónica non programable.

Queda expresamente prohibido o acceso ao lugar do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo que permita a comunicación remota e/ou o almacenamento de información; b) Apuntes, anotacións, libros ou material similar que non estivese expresamente autorizado na convocatoria do exame ou no campus virtual da materia. O incumprimento desta norma supón que a proba se considera realizada con fraude, e iso independentemente de que durante a proba os usou ou non quen dispoña de tales aparellos ou do material indicado na zona da proba.

O alumnado deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Segundo o establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación de títulos dos estudos de grao e posgrao" (aprobadas o 19/12/2013 e modificadas o 29/06/2017) no Art. 21.2: Considerarase como "Non presentado" (NP) a aquel alumnado que, estando matriculado na materia, non asista ás diferentes actividades de avaliación establecidas para o curso académico.

Deste xeito, clasificarase como "Non presentado" cando:

a) Non completar o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuran na guía docente, ou

b) Non realizar a proba durante o período oficial de avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente coa Proba mixta, que suporá o 100% da calificación. A proba terá o mesmo contido que para o alumnado con dedicación a tempo completo.

O alumnado que non se presente a Proba mixta, aínda que teña participado activamente das outras actividades, será calificado como NON PRESENTADO.

ÉTICA ACADÉMICA

Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando o alumnado actúa para defraudar ou tratar de defraudar aos sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico, así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para realización de traballos.

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán cualificados cun 0

Recórdase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo na prova final está totalmente prohibido, e no caso de utilizar calquera soporte non permitido ficará automaticamente suspenso independentemente da nota obtida na prova mixta e dos traballos realizados. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artículo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario".

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de manera previa ao inicio do cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/); en defecto, co tutor ou tutora ADI da Facultade de Turismo.

REGLAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto á materia en que se cometeu: o alumno será cualificado con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente do curso académico, se se produce a comisión da falta. na primeira oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, de ser o caso.


Fontes de información
Bibliografía básica Rivas García, Jesús (2007). Dirección de empresas tursísticas. Septem
Garrigós Simón, Fernando José · Cruz Ros, Sonia · Narangajavana Kaosiri, Yeamduan (2017). Dirección estratégica de empresas turísticas (e-book). Síntesis
Alonso Almeida, Mª Mar (2009). Dirección estratégica en el sector turistico. Síntesis
Guerras Martín, L.A (2007). La dirección estratégica de la empresa. Thompson-Civitas
Williany Loren Gaia Ferreira Austregesilo, Jakson Renner Rodrigues Soares, Larissa Paola Macedo Cast (2021). Marketing Strategies to Achieve and Promote Events at Brazilian Conventions & Visitors Bureau. Marketing & Tourism Review
André Riani Costa Perinotto, Luciano de Lima Sobrinho, Jakson Renner Rodrigues Soares, María Dolores (2021). O uso das estratégias de Co-marketing, Coopetição e marketing do destino, por meio da mídia social Instagram no período de pandemia. PODIUM Sport, Leisure and Tourism Review

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo/662G01024
Comercialización de Produtos Turísticos/662G01031
Creación e Xestión de Empresas Turísticas/662G01041

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ao alumnado traballar de xeito continuado nos contidos da materia ao longo de todo o curso. Tamén se recomenda que manteña unha comunicación aberta co profesor a través das titorías persoais. Recoméndase que antes de cada clase teórica o alumnado lea e prepare o tema que será presentado, empregando o manual básico da materia. Finalmente, é recomendable que o alumnado utilice o horario establecido de titoría para realizar consultas e esclarecer dúbidas da materia.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Tal e como recolle a diferente normativa aplicable á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoría de ambos sexos, fomentarase a intervención en clase de todo o alumnado...).

Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías