Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión de Recursos Humanos Código 662G01043
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web http://antonia.perezg@udc.es
Descrición xeral O obxectivo da materia é estudar os procesos e estratexias de xestión dos recursos humanos da empresa turística. Así como os procesos motivacionais dos recursos humanos no ámbito laboral.


Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas -Dirixir e xestionar os distintos tipos de entidades turísticas, sendo capaz de resolver problemas específicos de xestión de recursos humanos cun razoamento crítico e compromiso ético. -Capacidade de análise e síntese que permita a xestión da toma de decisións dende o razoamento crítico e que tamén permita a adaptación aos cambios -Capacidade de organización e planificación con iniciativa emprendedora e de liderado sobre os recursos humanos da empresa, así como ser capaz de traballar de forma colaboradora e desenvolver habilidades de relacións interpersoais. A2
A5
A6
A12
A13
A26
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. CONCEPTO DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS 1.1. As tres áreas da xestión de recursos humanos
1.2. Importancia da xestión de recursos humanos no sector turístico
1.3. Obxectivos da xestión do persoal na empresa turística


Tema 2. POLÍTICA LABORAL E SALARIAL 2.1. Postos e tipos de contratación no sector turístico
2.2. Política salarial e factores
2.3. Complementos do salario


Tema 3. SELECCIÓN E RECRUTAMENTO DE PERSOAL


3.1. Fases previas: fontes de recrutamento, currículo vitae
3.2. Fases centrais: técnicas de selección (entrevistas, test e outras formas de selección)
3.3. Fases finais


Tema 4. INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO


4.1. Acollida e incorporación á empresa
4.2. Manual do empregado. Información ao empregado
4.3. Período de aprendizaxe
4.4. Prevención de Riscos Laborais


Tema 5. FORMACIÓN DO PERSOAL NA EMPRESA TURÍSTICA


5.1. Avaliación de necesidades de formación
5.2. Plan de formación


Tema 6. A MOTIVACIÓN COMO FERRAMENTA PARA DIRIXIR O EQUIPO DE TRABALLO


6.1. Motivación e rendemento dos empregados
6.2. Técnicas e efectos da motivación
6.3. Valoración de Tarefas
6.4. Promoción do persoal


Tema 7. O TRABALLO EN EQUIPO E O SEU IMPACTO NA EMPRESA


7.1. O grupo eficaz na empresa turística
7.2. Dirección de grupos humanos
7.3. Interacción de grupos
7.4. Importancia da delegación


Tema 8. A COMUNICACIÓN INTERNA NA EMPRESA TURÍSTICA

8.1. Técnicas e estratexias de comunicación. Comunicación interna
8.2. As reunións de traballo
8.3. Comunicación no sector turístico


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 10 20 30
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 8 24 32
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 8 24 32
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 2 2 4
Seminario A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 25 25 50
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor dos temas da materia

Estudo de casos Estudo de casos e situacións reais de empresas turísticas e do ámbito laboral actual dos cales se facilitará ao alumno datos concretos extraidos de informes, reportaxes e noticias de prensa así como doutros documentos audiovisuais de interese. Propoñeranse exercicios na aula e irase especificando a metodoloxía concreta para a súa realización.


Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas situacións empresariais relacionadas có sector. No devandito traballo o alumno hai planificar/deseñar e clasificar os recursos humanos e as súas capacidades segundo tipo de empresa. O devandito traballo forma parte da avaliación final.


Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.


Seminario Traballo práctico en pequenos grupos sobre algúns dos temas da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
O estudo de casos supón a atención personalizada de titorías en pequenos grupos na aula. Os traballos guiados tamén supoñerán un seguimento e control do alumno. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica.




Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Teranse que traballar os casos prácticos, entregar e expoñer os resultados en clase, coa posterior corrección do profesor.

20
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Constará dun exame escrito obrigatorio composto dunha parte conceptual e outra de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo imprescindible superar cada unha das partes


40
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos prácticos obrigatorios tutelados individuais ou en grupos reducidos


40
 
Observacións avaliación

Os traballos tutelados son
obrigatorios para a avaliación e o alumno terá que obter un mínimo de 5
para facer media co exame,

1ª Oportunidade: a parte práctica ten un valor dun 60%, a
parte teórica ten un valor dun 40%. Aqueles que non teñan un mínimo dun 5
na parte práctica teñen que facer un exame dun 100% da avaliación onde
incluiráse preguntas relacionadas coa práctica feita durante o curso.

Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas ou enfermidade, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.

2ª Oportunidade: gárdase a nota da parte práctica de traballos obrigatorios feitos, no caso de ter mínimo un 5 na mesma, durante o curso.

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente á EUT-CENP
poderá facer os traballos obrigatorios, e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación, estes alumnos poderán
facer o exame nas mesmas condicións que o resto de alumnos, pero
aqueles que non fagan a parte práctica terán que facer un exame dun 100%
da avaliación onde incluiráse preguntas relacionadas coa práctica feita
durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica García Isa, Isabel (2013). Gestión de Recursos Humanos en Empresas Turísticas. Editorial Paraninfo S.A.
Bayón Mariné, Fernando y García Isa, Isabel (1997). Gestión de Recursos Humanos. Manual para tècnicos en empresas turísticas. Madrid. Editorial Síntesis
Iglesias J.A. (1992). La gestión de Recursos Humanos aplicada al sector turístico. Barcelona, Bosch
Serrat i Juliá, Josep (1996). La Gestión del personal en la empresa turística. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces S.A.
Agut, Sonia; Grandío, Antonio y Peris, Rosana (2011). Los Recursos Humanos en el ámbito turístico. Editorial Síntesis
Rubio Gil, Angeles (2001). Los Recursos Humanos en el sector turístico español: organización del trabajo y empleo. Ariel Turismo

Bibliografía complementaria Werther, William B. y Davis, Jr. Keith (2000). Administración de personal y Recursos Humanos. Madrid. Mc-Graw Hill
Bonache, J y Cabrera A. (2007). Dirección de personas. Madrid,Pearson Educación
Satre, M.A. y Aguilar, E.M. (2003). Dirección de Recursos Humanos. Un enfoque estratégico. Madrid. Mc-Graw Hill
Gómez Mejía, L. y otros (2008). Gestión de Recursos Humanos. Madrid. Pearson Educación S.A.
Dolán, S. (1999). La Gestión de los Recursos. Madrid.Mc-Graw Hill
Alcaide M., González M., Florez J. (1996). Mercado de trabajo, reclutamiento e formación en España. Madrid, Pirámide
Ordóñez, M (1996). Modelos y experiencias innovadoras en la gestión de los recursos humanos. Barcelona, Gestión 2000
Casanueva, C., García del Junco J. y Caro F.J. (2000). Organización y gestión de empresas turísticas. Madrid, Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Direción Estratéxica de Empresas Turísticas/662G01042

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías