Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Xestión de Recursos Humanos Código 662G01043
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web http://antonia.perezg@udc.es
Descrición xeral O obxectivo da materia é estudar os procesos e estratexias de xestión dos recursos humanos da empresa turística. Así como os procesos motivacionais e traballo en equipo no ámbito laboral.


Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas. -Dirixir e xestionar os distintos tipos de entidades turísticas, sendo capaz de resolver problemas específicos de xestión de recursos humanos cun razoamento crítico e compromiso ético. -Capacidade de análise e síntese que permita a xestión da toma de decisións dende o razoamento crítico e que tamén permita a adaptación aos cambios. -Capacidade de organización e planificación con iniciativa emprendedora e de liderado sobre os recursos humanos da empresa, así como ser capaz de traballar de forma colaboradora e desenvolver habilidades de relacións interpersoais. A2
A5
A6
A12
A13
A26
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. CONCEPTO DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS 1.1. As tres áreas da xestión de recursos humanos.
1.2. Importancia da xestión de recursos humanos no sector turístico.
1.3. Obxectivos da xestión do persoal na empresa turística.


Tema 2. POLÍTICA LABORAL E SALARIAL 2.1. Postos e tipos de contratación no sector turístico.
2.2. Política salarial e factores.
2.3. Complementos do salario.


Tema 3. SELECCIÓN E RECRUTAMENTO DE PERSOAL


3.1. Fases previas: fontes de recrutamento, currículo vitae.
3.2. Fases centrais: técnicas de selección (entrevistas, test e outras formas de selección).
3.3. Fases finais.


Tema 4. INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO


4.1. Acollida e incorporación á empresa.
4.2. Manual do empregado. Información ao empregado.
4.3. Período de aprendizaxe.
4.4. Prevención de Riscos Laborais.


Tema 5. FORMACIÓN DO PERSOAL NA EMPRESA TURÍSTICA


5.1. Avaliación de necesidades de formación.
5.2. Plan de formación.


Tema 6. A MOTIVACIÓN COMO FERRAMENTA PARA DIRIXIR O EQUIPO DE TRABALLO


6.1. Motivación e rendemento dos empregados.
6.2. Técnicas e efectos da motivación. Estratexia de employer branding.
6.3. Valoración de tarefas.
6.4. Promoción do persoal.


Tema 7. O TRABALLO EN EQUIPO E O SEU IMPACTO NA EMPRESA


7.1. O grupo eficaz na empresa turística.
7.2. Dirección de grupos humanos.
7.3. Interacción de grupos.
7.4. Importancia da delegación.


Tema 8. A COMUNICACIÓN INTERNA NA EMPRESA TURÍSTICA

8.1. Técnicas e estratexias de comunicación. Comunicación interna.
8.2. As reunións de traballo
8.3. Comunicación no sector turístico.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 10 20 30
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 8 20 28
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 8 28 36
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 1 8 9
Seminario A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 15 30 45
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor/a dos temas da materia.

Estudo de casos Estudo de casos e situacións reais de empresas turísticas e do ámbito laboral actual dos cales se facilitará ao alumno/a datos concretos extraidos de informes, reportaxes e noticias de prensa así como doutros documentos audiovisuais de interese. Propoñeranse exercicios na aula e irase especificando a metodoloxía concreta para a súa realización.


Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas situacións empresariais relacionadas có sector. No devandito traballo o alumno/a hai planificar/deseñar e clasificar os recursos humanos e as súas capacidades segundo tipo de empresa. O devandito traballo forma parte da avaliación continua.


Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.


Seminario Traballo práctico de aprendizaxe colaborativa en pequenos grupos sobre algúns dos temas da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
O estudo de casos supón a atención personalizada de titorías en pequenos grupos na aula ou modalidade online (no caso necesario). Os traballos guiados tamén supoñerán un seguimento e control do alumno/a. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica.




Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Teranse que traballar os casos prácticos, entregar e expoñer os resultados en clase, coa posterior corrección do profesor/a.

20
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Constará dun exame escrito obrigatorio composto dunha parte conceptual e outra de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo imprescindible superar cada unha das partes


40
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos prácticos obrigatorios tutelados individuais ou en grupos reducidos de aprendizaxe colaborativa.


40
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 60%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 40%. 

Os traballos tutelados son obrigatorios para a avaliación continua (60%) e o/a alumno/a  terá que obter un mínimo de (5 sobre 10) para facer media co exame (40%), no cal tamén deberá obter un mínimo de (5 sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso  (parte práctica de avaliación continua) na 1ª oportunidade, o/a alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requeridos para presentarse ao exame da 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

O alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Asistencia. Permitese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas, enfermidade ou dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.

Matrícula parcial ou dispensa académica. Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer os traballos obrigatorios, e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calqiera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica alquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Atención á diversidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.


Fontes de información
Bibliografía básica García Isa, Isabel (2013). Gestión de Recursos Humanos en Empresas Turísticas. Editorial Paraninfo S.A.
Bayón Mariné, Fernando y García Isa, Isabel (1997). Gestión de Recursos Humanos. Manual para tècnicos en empresas turísticas. Madrid. Editorial Síntesis
Iglesias J.A. (1992). La gestión de Recursos Humanos aplicada al sector turístico. Barcelona, Bosch
Serrat i Juliá, Josep (1996). La Gestión del personal en la empresa turística. Centro de Estudios Ramón Areces S.A.
Agut, Sonia; Grandío, Antonio y Peris, Rosana (2011). Los Recursos Humanos en el ámbito turístico. Editorial Síntesis
Rubio Gil, Angeles (2001). Los Recursos Humanos en el sector turístico español: organización del trabajo y empleo. Ariel Turismo
Rodríguez Crespo, Mª José y Vallecillo Orellana, Araceli (2018). Manual para la gestión laboral de los Recursos Humanos en las empresas turísticas. Tecnos

Bibliografía complementaria Werther, William B. y Davis, Jr. Keith (2000). Administración de personal y Recursos Humanos. Madrid. Mc-Graw Hill
Bonache, J y Cabrera A. (2007). Dirección de personas. Madrid,Pearson Educación
Satre, M.A. y Aguilar, E.M. (2003). Dirección de Recursos Humanos. Un enfoque estratégico. Madrid. Mc-Graw Hill
Gómez Mejía, L. y otros (2008). Gestión de Recursos Humanos. Madrid. Pearson Educación S.A.
Dolán, S. (1999). La Gestión de los Recursos. Madrid.Mc-Graw Hill
Alcaide M., González M., Florez J. (1996). Mercado de trabajo, reclutamiento e formación en España. Madrid, Pirámide
Ordóñez, M (1996). Modelos y experiencias innovadoras en la gestión de los recursos humanos. Barcelona, Gestión 2000
Casanueva, C., García del Junco J. y Caro F.J. (2000). Organización y gestión de empresas turísticas. Madrid, Pirámide
Lapiedra R. y Rodríguez, R.M. (2022). Turismo con R mayúscula: Reconstruyendo, Reactivando y Redirigiendo el sector turístico hacia un nuevo tiempo. Editorial Tirant Blanch


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Direción Estratéxica de Empresas Turísticas/662G01042

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías