Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Inglés no Contorno Profesional Código 662G01045
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
sarah.moss@udc.es
Profesorado
Moss , Sarah Louise
Correo electrónico
sarah.moss@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia proporciona aos estudantes as competencias comunicativas en inglés que terán que empregar na industria turística dentro do entorno laboral. Inclúe coñecementos básicos de inglés empresarial, a saber: coñecemento e uso da terminoloxía básica de negocios; traballar en escenarios multiculturais; convocar e manter reunións; negociar; falar por teléfono; presentacións profesionais. O curso céntrase nas habilidades orais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir habilidades comunicativas en inglés, segundo o contexto profesional da industria turística. Empregar o vocabulario de alta frecuencia en situacións profesionais na empresa e na industria do turismo en particular. A6
A13
A15
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Detectar e usar o discurso escrito e oral no rexistro máis adecuado, empregando funcións retóricas comúns como a persuasión e a información. Comprender, analizar e resumir o discurso oral e escrito en inglés na industria do turismo. A6
A13
A15
A29
B1
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Traballar en entornos multiculturais A6
A13
A15
A29
B1
B3
B5
B6
B7
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
Understanding the basics of business Describing a company: management and organisational structure; facilities; departments; functions; working conditions; remuneration. Business plans.
Working in multi-cultural environments
Telephone language Telephone conventions: specific vocabulary
Effective note taking and abbreviations
Customer service: dealing with problems and handling complaints on the telephone.
Meetings and negotiations Calling a meeting (written)
Agenda (written)
Chairing and participating in meetings and negotiations
Minutes (written)
Professional presentation skills: Preparation and delivery:
Introduction
Arguments
Conclusions
Q&A
Visuals
Intonation and pauses

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 30 50 80
Simulación A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 7 18 25
Presentación oral A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 5 35 40
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Clases prácticas deseñadas para que os estudantes participen activamente para mellorar as súas habilidades nas catro destrezas. Estas clases requiren preparación previa.
Simulación Actividades prácticas que simulan situacións reais: reunións, negociacións, conversas telefónicas, presentacións, etc. Estas actividades basearanse nas habilidades adquiridas durante as clases, requirindo a súa preparación previa
Presentación oral Estudaranse os elementos e linguaxe verbal e non verbal das presentacións para que os alumnos poidan facer unha presentación individual sobre un tema relacionado co contido da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Seminario
Simulación
Descrición
As clases teñen un claro enfoque interactivo e por tanto a participación activa do alumnado é fundamental. Isto inclúe a formulación das súas consultas e dúbidas para resolver dificultades relacionadas con calquera das catro destrezas. Neste sentido, os/as estudantes poden comunicar ditas dúbidas tanto durante as clases e nas horas de titoría, e a través do foro do Campus Virtual, correo electrónico e chamadas e chats de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Presentación de 10 minutos con apoio visual. 30
Seminario A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Participación e desempeño nas tarefas, alcanzando os niveis de calidade requiridos nun entorno laboral. (10%)

Valoración do coñecemento do vocabulario empresarial e da multiculturalidade . Isto pode ser escrito ou oral. (20%)
30
Simulación A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Conversa por teléfono: competencia oral e toma de notas (20%)

Reunión e negociacións. Os estudantes terán que preparar todas as fases do encontro: comunicación previa (axenda; preparación, celebración, actas, etc.) (20%).


40
 
Observacións avaliación

Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) cada unha das seccións de avaliación  para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.

DISPENSA ACADÉMICA 
O/a alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O alumno terá que poñerse en contacto coa profesora tan pronto como teña concedida a dispensa. 

2ª OPORTUNIDADE 
O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as alumnos/as deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do seminario, este consistirá nunha proba escrita.

 Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.

Os/as alumnos/as da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (50%) e unha
presentación oral (50%).

Calificación de NON PRESENTADO/A
Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A se
non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a
avaliación da materia.

 



Honradez académica/implicación de plaxio
Ao/á
alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente
recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado
4. b)).

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC
(Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación
de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto procederase
a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, fósese
necesario.   



Atención á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no
Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de
Turismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión.

 



Perspectiva de xénero
Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón
de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas.

Fontes de información
Bibliografía básica P.Emmerson (2002). Business Grammar Builder . Macmillan
B. Mascull (2004). Business Vocabulary in Use (advanced). Cambridge
K. Thomson (2007). English for Meetings. Oxford University Press
M.Grussendorf (2007). English for Presentations. Oxford University Press
B.J Naterop & R. Revell (2004). Telephoning in English . Cambridge
N. brieger (1996). The Language of Business English. Prentice Hall
A. Watson-Delestree (1998). The Working Week. LTP
L.Jones (2001). Working in English . Cambridge

Proporcionarase fontes bibliográficas adicionais ao longo do cuadrimestre.   

Bibliografía complementaria E. Tierney (1994). Showtime. A Guide to Making Effective Presentations . Dublin. Oak Tree Press
M.Gannon (2001). Understanding Global Cultures. London. Sage Publications

Proporcionarase fontes bibliográficas adicionais ao longo do cuadrimestre.   


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno: Inglés/662G01006
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés/662G01015
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés/662G01028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os estudantes deben lembrar que esta materia está enfocada ao ensino do inglés con finses pecíficos e, polo tanto, NON é un curso xeral de inglés.

Así mesmo, os estudantes deben ter en conta que estudar unha lingua require perseveranza e continuidade ao longo do tempo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías