Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Segundo Idioma Moderno I: Alemán Código 662G01047
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
emcancela@gmail.com
Profesorado
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
emcancela@gmail.com
Web
Descrición xeral Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades mínimos necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas mínimas (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Consolidar as estruturas básicas da lingua alemá a nivel básico. A16
B1
B4
B6
C2
C7
Consolidar un léxico xeral básico para poder entrar en conversacións (de forma oral ou escrita) con persoas de fala alemá. A16
B1
B3
B4
B6
C2
C7
Consolidar unhas nocións básicas de léxico e estruturas gramaticais propias do sector turístico. A13
A16
B1
B4
B6
C2
C7
Coñecer os diferentes costumes, culturas e normas de comportamento nos países de fala alemá. A16
A29
B3
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
Comprender e producir mensaxes orais e escritas a nivel básico en situacións tanto persoais coma relacionadas co campo do sector turístico con empresas e persoas de fala alemá. A13
A16
A29
B1
B6
B7
C2
C7

Contidos
Temas Subtemas
Begrüssen, verabschieden und (sich) vorstellen. AUSSPRACHE:
.- Regras básicas da pronunciación alemá.
.- Entoación e acento alemá en oracions sinxelas.

GRAMMATIK:
.- Xénero e número dos substantivos.
.- Artigo determinado e indeterminado e a súa declinación I.
.- Oracións simples: afirmativas, negativas e interrogativas.
.- O pronombre persoal e a súa declinación I (Nominativ)

WORTSCHATZ:
.- Die Zahlen
.- Die Familie.

KOMMUNIKATION:
.- Saúdos e presentacións.
Im Alltag. AUSSPRACHE:
.- Regras de pronunciación: ditongos e vogais modificados en alemán(ä, ö, ü).

GRAMMATIK:
.-O artigo determinado e indeterminado e a súa declinación II.
.- Partículas interrogativas.
.- O pronome persoal e a súa declinación II (Akkusativ-Genitiv)
.- O verbo en presente de indicativo.
.- Verbos separables e non separables.

WORTSCHATZ:
.- Die Tageszeiten / Datum / Uhrzeiten.
.- Berufe.
.- Die Schule / Universität und die Wohnung.

KOMMUNIKATION:
.- Preguntas con e sen partículas interrogativas.
.- Preguntar pola hora e dar a hora.
.- Falar sobre a rutina diaria.
Im Restaurant. AUSSPRACHE:
.- Entoación e acento en oracións con dous verbos.
.- Pronunciación das terminacións típicas da lingua alemá.

GRAMMATIK:
.- Verbos modais en presente do indicativo.
.- O pronome persoal e a súa declinación III (Dativ)
.- Conectores I.
.- O adxectivo posesivo e a súa declinación.

WORTSCHATZ:
.- Die Lebensmittel: Obst, Gemüse, Getränke...
.- Speisen- und Getränkekarte.

KOMMUNIKATION:
.- Diálogos en restaurantes e cafetarías.
Die Familie. AUSSPRACHE:
.- Entoación e acento en oracións coordinadas.

GRAMMATIK:
.- Preposicións II
.- Conectores II.

WORTSCHATZ:
.- Verwandtschafte.
.- Hobbys.
.- Die Wohnung.

KOMMUNIKATION:
.- Falar da familia, actividades y da vivenda.
Der Sommer ist da! AUSSPRACHE:
.- Entoación en oracións exclamativas.

GRAMMATIK:
.- O verbo en futuro de indicativo.
.- O verbo en imperativo.
.- Preposicións III

WORTSCHATZ:
.- Die Stadt.
.- Reisen und Tourismus.

KOMMUNIKATION:
.- Expresar os plans futuros.
.- Dar indicacións pola cidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba oral A13 A16 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 2 12 14
Traballos tutelados A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 10 25 35
Sesión maxistral A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 20 15 35
Obradoiro A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 10 20 30
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 3 30 33
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Nos últimos días do curso terá lugar unha proba oral consistente nunha entrevista de 5 minutos de duración seguindo as pautas e indicacións explicadas en clase.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesor.
Sesión maxistral O profesor impartirá as clases maxistrais co fin de comunicar e transmitir aos alumnos os coñecementos básicos da lingua para que eles poidan aplicalos posteriormente no resto de actividades e probas que se desenvolvan ao longo do curso.
Obradoiro Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asignado unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Proba mixta Ao longo do curso realizaranse un mínimo de 2 probas escritas (unha a metade de curso e unha final) que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita
Para superar as probas será necesario superar cada unha desas dúas partes por separado (exercicios e expresión escrita).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Traballos tutelados
Descrición
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesor responderá e orientase ao alumnado de cara á devandita proba.
Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso na realización das devanditas probas.
A final de curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A13 A16 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 A proba oral consistirá nun exercicio oral tipo entrevista individual duns 10 minutos de duración. 5
Traballos tutelados A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 É necesario ter entregado un mínimo do 75% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
Os traballos, unha vez feita a primeira corrección por parte do profesor, deberán ser corrixidos polos alumnos e deberanos de entregar novamente para que sexan tidos en conta na cualificación final da materia.
5
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita consistente nunha redacción.

Será necesario aprobar cada unha das dúas partes das que consta a devandita proba para superar a materia (exercicios de gramática e expresión escrita).
Para que se teñan en conta as notas obtidas no resto de traballos realizados ao longo do curso (incluído a proba mixta durante o curso) o alumno deberá de obter no exame final escrito unha nota igual ou superior ao 4.5.
90
 
Observacións avaliación
.- A participación, asistencia e aproveitamento das clases, así como a entrega das redaccións, a proba oral e o resto de probas que se realicen ao longo do curso serán tidas en conta na valoración final da materia sempre e cando se trate da Convocatoria Ordinaria e o alumno obteña unha nota mínima de 4.5 no exame escrito final..- No resto de convocatorias a cualificación final da materia quedará supeditada ao exame escrito.

Fontes de información
Bibliografía básica Werner, G (2001). Grammatiktraining Deutsch. Langenscheidt
Cohen, U. (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Lehrbuch. Langenscheidt
Borrueco, M (2000). Reisen. DaF für das Tourismusstudium. Lehrbuch.. Síntesis
Cohen, U. (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Lehrbuch. Langenscheidt

Bibliografía complementaria Lemcke, Ch. & Rohrmann, L (2009). Berliner Platz 1 Neu. Langenscheidt
Rusch, P & Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Arbeitsbuch. Langenscheidt
Fandrych, C & Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Al Dreyer, H & Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Borrueco, M (2000). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Arbeitsbuch. Síntesis
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Arbeitsbuch. Langenscheidt


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Segundo Idioma Moderno II: Alemán/662G01048
Segundo Idioma Moderno III: Alemán/662G01049

Observacións

De acordo coa páxina 100 do Libro Branco é obrigatorio "ter aprobado a materia do nivel inferior antes de pasar aos niveis superiores". É por isto que se recomenda ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías