Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Segundo Idioma Moderno II: Alemán Código 662G01048
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Profesorado
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades medios necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns e turísticos cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas medias (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprender as estructuras básicas da lingua alemá a nivel medio. A6
A16
A17
B1
B4
B6
B7
C2
C7
C8
Adquirir unhas nocións de grao medio de léxico e estruturas gramaticais propias do sector turístico. A13
A15
A16
B1
B2
B3
B4
B6
B7
C1
C2
C5
C7
Coñecer os diferentes costumes, culturas e normas de comportamiento nos países de fala alemá. A16
A29
B4
B5
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
Comprender e producir mensaxes orais e escritas a nivel medio en situacións tanto persoais coma relacionadas co campo do sector turístico con empresas e persoas de fala alemá. A13
A16
A29
B1
B3
B4
B6
B7
C2
C7

Contidos
Temas Subtemas
Reservierungsdialoge im Hotel AUSSPRACHE:
.- Repaso das regras de pronunciación da lingua alemá.

GRAMMATIK:
.- Repaso e consolidación da declinación alemá (artigos e pronomes).
.- Tempos pasados: Perfekt y Präteritum.

KOMMUNIKATION:
.- Expresar en modo oral e escrito estructuras básicas na recepción dun hotel.
Briefe AUSSPRACHE:
.- Entoación en oracións con múltiples complementos.

GRAMMATIK:
.- Conxuncións e adverbios temporais.
.- Futur II.

KOMMUNIKATION:
.- Expresions e estruturas típicas da correspondencia formal e informal.
Hotel und Umgebungen AUSSPRACHE:
.- Entoación en oracións impersonais.

GRAMMATIK:
.- Oracións impersoais.
.- Preposicións de dirección.
.- Imperativ.
.- Declinación do adxectivo e do sustantivo. (N-Deklination)

KOMMUNIKATION:
.- Comunicarse cos clientes e dar información dos servicios dun hotel, así como dos alrededores.
Die Rechnung, Beschwerde und Zufriedenheit der Gästen AUSSPRACHE:
. -Entoación e pronunciación de palabras compostas.
.- A entoación como marcador de cortesía.

GRAMMATIK:
.- Grao comparativo do adxectivo e adverbio.
.- Oracións de relativo.

KOMMUNIKATION:
.- Estructuras típicas das cartas de queixas.
.- Fidelización do cliente.
Pauschalreise und Reiseangebot AUSSPRACHE:
.- A entoación en oracións subordinadas.

GRAMMATIK:
.- Conxuncións e conectores. Oracións subordinadas.

KOMMUNIKATION:
.- Estructuras propias das ofertas, viaxes turísticos e paquetes de viaxe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba oral A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 6 15 21
Traballos tutelados A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 3 34 37
Seminario A13 A16 A29 B1 B3 B4 B5 C2 C3 C7 18 18 36
Obradoiro A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 15 18 33
Proba mixta A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 2 15 17
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Nos últimos días do curso terá lugar unha proba oral consistente nunha presentación dun establecimiento turístico seguindo as pautas e indicacións explicadas en clase.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesor.
Seminario O profesor impartirá os contidos teórico-gramaticáis para que o alumnado os poda aplicar posteriormente nas sesións prácticas na aula.
Obradoiro Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asignado unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Proba mixta Ao final do curso realizarase 1 proba mixta final escrita que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora
Para superar as probas será necesario ter unha nota mínima en cada unha desas dúas partes (exercicios e expresión escrita+comprensión lectora).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Traballos tutelados
Descrición
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta co alumnado na que o profesorado responderá e orientase ao alumnado de cara á preparación da presentación dun lugar turístico.
Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso na realización das devanditas probas.
A final de curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 Ao longo do curso realizaranse distintas actividades orais e máis unha proba pública individual ao final do curso, na que o alumno deberá presentar un aloxamento turístico. A non realización desta proba suporá unha cualificación de NON PRESENTADO na asignatura.
10
Traballos tutelados A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 É necesario ter entregado un mínimo do 80% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
25
Obradoiro A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 Actividades teóricas e prácticas (contidos gramaticales, léxico, expresión oral e escrita, comprensión oral e lectora, interacción oral)
Inclúe a valoración da asistencia presencial.
5
Proba mixta A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita + comprensión lectora.

Será necesario ter mínimo un 4 en cada unha das dúas partes das que consta a proba para superala. De non ser así, a cualificación final da proba non poderá superar o 3.5 sobre 10.

Para superar a materia é imprescindible obter unha cualificación de 4 sobre 10 na proba mixta.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-O alumnado deberá obturen unha calificación igual ou superior a 4 sobre 10 na proba mixta para supera-la materia.

-No caso de non superarse alguna das parte da proba mixta, a calificación final da materia non pode ser superior ao 4.5 sobre 10.

-O alumnado que non se presente a proba mixta ou a proba oral, será calificado como Non presentado. 

-O alumnado deberá ter entregado un mínimo dun 80% dos trabajos obrigatorios. 

 SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA ADIANTADA DECEMBRO:

-A avaliación en segunda oportunidade queda establecida nun 100% polo nota dunha proba mixta.

ALUMNADO CON EXCENCIÓN DE ASISTENCIA

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e facer as mesmas actividades e probas ue o resto do alumnado e na misma data. Poderá establecerse, de ser necesario, outra data para a proba oral.

- A porcentaxe na evaluación das actividades na aula, así coma a asistencia (Obradoiro), sumaranse ao dos Traballos Tutelados, quedando distribuidos ás porcentaxes como segue: Proba oral (10%), Traballos Tutelados (30%), Proba Mixta (60%).

MEDIDAS DE APOIO Á DIVERSIDADE (ADI)

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requira da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazos oficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).

Poderán pedir asesoramento ao profesorado, á Titora ADI da Facultade de Turismo e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es)

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas (emprego de tradutores automáticos para a elaboración de traballlos tutelados, plagio, etc.) serán calificados con 0.

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso independentemente da nota do examen e outras probas.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario" artigo 14.


Fontes de información
Bibliografía básica Werner, G (2001). Grammatiktraining Deutsch. Langenscheidt
Borrueco, M (2000). Reisen. DaF für das Tourismusstudium. Lehrbuch.. Síntesis

Bibliografía complementaria Lemcke, Ch. Rohrmann, L (2009). Berliner Platz 1 Neu. langenscheidt
Rusch, P & Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A2. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Arbeitsbuch. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Lehrbuch. Langenscheidt
Fandrych, C & Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Al Dreyer, H. & Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Borrueco, M (2000). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Arbeitsbuch. Síntesis
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Arbeitsbuch. Langenscheidt
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Lehrbuch. Langenscheidt


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Segundo Idioma Moderno I: Alemán/662G01047

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Segundo Idioma Moderno III: Alemán/662G01049

Observacións

Recomendase ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías