Identifying Data 2018/19
Subject (*) Second Modern Language III: German Code 662G01049
Study programme
Grao en Turismo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
German
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department
Coordinador
Martín Cancela, Elena
E-mail
emcancela@gmail.com
Lecturers
E-mail
Web
General description Esta materia foi deseñada para afondar nos coñecementos da lingua alemá necesarios para desenvolverse con soltura nos diferentes ámbitos do sector turístico, tanto con particulares coma con empresas de países de fala alemá.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Dominar e perfeccionar o uso da lingua alemá. A6
A13
A16
A17
B1
B3
B4
B5
B6
C2
C3
C6
C7
Afondar no léxico e estruturas específicas do sector turístico. A13
A15
A16
B1
B2
B6
C1
C2
C5
C7
C8
Perfeccionar as habilidades de comunicación persoal, tanto escritas coma faladas, con particulares e empresas do sector turístico de países de fala alemá. A16
A29
B1
B3
B4
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7

Contents
Topic Sub-topic
Touristen beraten GRAMMATIK:
.- Oracions de participio (Partizipialkonstruktion).
.- Uso do infinitivo alemá.

WORTSCHATZ:
.- Reisearten.
.- Unterkunfte.

Eine Stadtrundfahrt GRAMMATIK:
.- Konjunktiv I + II
.- Estilo indirecto (Indirekte Rede).
.-
WORTSCHATZ:
.- Sehenswürdigkeiten, Denkmäler, Monumente, usw.
Reiseprogramme und Ausflüge GRAMMATIK:
.- Voz pasiva (Passivformen).

WORTSCHATZ:
.- Leistungen, Einrichtungen, Verkehrsmittel, Verpflegung, usw.
Reiseziele GRAMMATIK:
.- O plusquamperfecto (Plusquamperfekt).
.- O futuro II (Futur II).

WORTSCHATZ:
.- Reisen und Tourismus
Geschäftskorrespondenz GRAMMATIK:
.- Konjunktiv II.
.- Oracions condicionales (Konditionale Nebesätze).
.- Fórmulas de cortesía.

WORTSCHATZ:
.- Reisen und Tourismus.
.- Geschäftsbriefe

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Speaking test A6 A13 A16 A17 A29 B1 B3 B4 B5 B6 C2 C4 2 0 2
Supervised projects A13 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 20 30 50
Guest lecture / keynote speech A16 A29 B1 B4 B7 C2 C3 C6 C7 20 30 50
Workshop A13 A16 B3 B4 B6 C3 C6 C7 15 25 40
Mixed objective/subjective test A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 2 0 2
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Speaking test Nos últimos días do curso terá lugar unha proba oral pública consistente en unha ruta ou presentación dun destino turístico.
Supervised projects O alumno deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesor.
Guest lecture / keynote speech O profesor impartirá as clases maxistrais co fin de comunicar e transmitir aos alumnos os coñecementos básicos da lingua para que eles poidan aplicalos posteriormente no resto de actividades e probas que se desenvolvan ao longo do curso.
Workshop Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asignado unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Mixed objective/subjective test Ao final do curso realizarase 1 proba mixta final escrita que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora
Para superar as probas será necesario ter un mínimo dun 4 en cada unha desas dúas partes por separado (exercicios e expresión escrita+comprensión lectora).

Personalized attention
Methodologies
Speaking test
Supervised projects
Description
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesor responderá e orientase ao alumnado de cara á preparación da proba oral.
Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso na realización das devanditas probas.
A final de curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Speaking test A6 A13 A16 A17 A29 B1 B3 B4 B5 B6 C2 C4 A proba oral pública consistirá nunha ruta ou presentación dun destino turístico.
Só os alumnos que teñan unha asistencia mínima dun 75% ás clases, e entreguen os traballos ao longo do curso, poderán presentarse a dita proba.
10
Supervised projects A13 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 É necesario ter entregado un mínimo do 75% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
Os traballos, unha vez feita a primeira corrección por parte do profesor, deberán ser corrixidos polos alumnos e deberanos de entregar novamente para que sexan tidos en conta na cualificación final da materia.
O final do curso o alumno deberá contar con un portfolio que será entregado seguindo as indicacións de forma e tempo estipuladas para a súa valoración na avaliación final, sempre que a nota da proba mixta final sexa igual ou superior ao 4.5.
15
Mixed objective/subjective test A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita +comprensión lectora.

Será necesario ter un mínimo dun 4 en cada unha das dúas partes das que consta a devandita proba para superala (exercicios de gramática e expresión escrita).
Para que se teñan en conta as notas obtidas no resto de traballos realizados ao longo do curso o alumno deberá de obter no exame final escrito unha nota igual ou superior ao 4.5.
75
 
Assessment comments
.- A entrega das redaccións, a proba oral e o resto de probas que se realicen ao longo do curso serán tidas en conta na valoración final da materia sempre e cando se trate da Convocatoria Ordinaria (1ª Oportunidade) e o alumno obteña unha nota mínima de 4.5 no exame escrito final.

.- Para que os traballos tutelados podan ser tidos en conta na cualificación final da asignatura, o alumnado deberá presentar en forma y fecha o dosier final cos traballos tutelados. Ditos traballos Terán que ser entregados obligatoriamente en formato papel, non puidendo enviarse por correo electrónico.

.- No resto de convocatorias a cualificación final da materia quedará supeditada ao exame escrito. Isto é aplicable a todolos alumnos.

.- No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" a nota final da asignatura será aquela que resulte da proba mixta final mais os traballos tutelados. En caso de ser posible recomendase ao alumno facer a proba oral para poder ser tida en conta, neste caso a nota final será a suma porcentual da proba mixta, a proba oral e os traballos tutelados. De calquera modo os traballos terán que ser entregados en la fecha que se establezca, para o que o alumnado terá que estar en contacto con outros compañeiros ou ben co profesor.

.- Aquelos alumnos que incurran en prácticas ilícitas (emprego de tradutores automáticos para la elaboración de traballlos tutelados, plagio, etc.) non poderán presentarse a proba oral e a cualificación nos traballos tutelados será de 0.

.- Lembrase ós alumnos que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utiliza calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso independentemente da nota do examen e outras probas.

Sources of information
Basic Borrueco, M (2003). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium.. Síntesis
Borrueco, M (2003). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Arbeitsbuch. Síntesis

Complementary Rusch, P & Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A2. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Arbeitsbuch. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Lehrbuch. Langenscheidt
Fandrych, C & Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Dreyer, H & Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Arbeitsbuch. Langenscheidt
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Lehrbuch. Langenscheidt


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Second Modern Language I: German/662G01047
Second Modern Language II: German/662G01048

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recomendase ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.