Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Contorna económica e procedem. Inicio proxecto Código 670471109
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Alvarez Diaz, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.alvarezd@udc.es
Profesorado
Alvarez Diaz, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.alvarezd@udc.es
Web http://www.mdip.es
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Saber actuar como representantes do promotor do proxecto en tódolos ámbitos de actuación do Director de Proxecto ou Project Manager.
A2 Saber iniciar, planificar, dirixir, controlar e pechar Proxectos de Edificación e Desenvolvemento Territorial na especialidade de Edificación e Desenvolvemento Territorial
A19 Capacidade para a redacción do proxecto así como para a súa comunicación de forma convincente, clara, concisa e sen ambigüedades
A22 Hábitos de excelencia y compromiso ético en el ejercicio profesional del Project Manager.
B1 Capacidade de análise e de síntese.
B2 Capacidade de Organización e Planificación
B4 Capacidade de procura, análise e selección de información relevante.
B5 Capacidade de utilización e xestión da información
B6 Capacidade para actuar con velocidade e sentido de urxencia para concretar resultados con altos niveis de calidade e rendemento a fin de atender as necesidades do cliente.
B7 Capacidade de enfocar os esforzos en xerar valor para o cliente, buscando a súa satisfacción e a súa fidelización.
B8 Capacidade de comunicación e motivación
B13 Capacidade de liderado, diálogo e negociación
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar o ámbito económico dun proxecto construtivo e realizar unha planificación estratéxica AP1
AP2
AP19
AP22
BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP13
CP1
CP3
CP4
CP6
CP7
Coñecer o alcance dun estudo de viabilidade dun proxecto construtivo e redactalo AP1
AP2
AP19
AP22
BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP13
CP1
CP4
CP6
CP7
Coñecer e implantar os procedementos de xerencia na fase inicial dun proxecto AP1
AP2
AP19
AP22
BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP13
CP1
CP4
CP6
CP7

Contidos
Temas Subtemas
Análise do contorno económico dun proxecto inmobiliario e planificación estratéxica - Procedemento para a análise do contorno
- Planificación estratéxica
- Análise dun caso práctico: empresa constructora o instaladora.
Estudo de viabilidade dun proxecto inmobiliario - Contido e alcance dun estudo de viabilidade
- Metodoloxía e fases dun estudo de viabilidade
- Análise de casos prácticos: promoción inmobiliaria
Inicio do proxecto - Proceso de busca de proxectos
- Criterios para a selección de proxectos
- Inicio do proxecto (creación de empresa)
- Reunión de lanzamento
- Preparación para a contratación
- Análise dun ou varios casos prácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C4 C6 C7 18 18 36
Traballos tutelados A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C4 C6 C7 0 18 18
Proba obxectiva A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C4 C6 C7 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C3 C4 C6 C7 32 32 64
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Expoñeranse casos reais para ilustrar a aplicación dos contidos teórico - prácticos expostos nas sesións maxistrais
Traballos tutelados O docente propoñerá unha serie de casos similares aos expostos na aula, para que o alumno, individualmente, os elabore segundo as indicacións impartidas na aula.
Proba obxectiva Realizarase un exame de respostas curtas ou tipo test de cada un dos módulos, compostos por 10 preguntas.
Sesión maxistral Consiste na exposición dos fundamentos e das metodoloxías de traballo para poder realizar planificación estratéxica, estudos de viabilidade e o comezo dun proxecto. Asistencia obrigatoria.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Durante a realización dos traballos individuais propostos en cada módulo, o alumno dispoñerá dunha titoría individualizada (no despacho do profesor) e en grupo (durante o desenvolvemento das sesións prácticas), para a realización deste.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C3 C4 C6 C7 A asistencia a clase é obrigatoria, só admitiranse como máximo unha falta, dous con xustificante. 1
Traballos tutelados A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C4 C6 C7 Propoñeranse un mínimo de dous traballos individuais. O alumno asistirá obrigatoriamente as sesións prácticas, xa que una parte dos traballos se resolverán na aula con axuda do profesor. 59
Proba obxectiva A1 A2 A19 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B13 C1 C4 C6 C7 Realizarase un exame tipo test ou preguntas curtas, entre 10 e 20 preguntas con unha duración estimada de 30 min + Exercicio prácitco. 40
 
Observacións avaliación
Avaliación por curso (70% da cualificación da materia):

- Probas obxectivas teóricas: realizarase un exame teórico, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas, de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas esíxese a asistencia a clase (40% da cualificación obtida por curso).
- Traballos prácticos: Realizaranse un mínimo de tres traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático. O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas (60% da cualificación obtida por curso)

Exame final (proba obxectiva) (30% da cualificación da materia):

- O exame final consta de dous partes: unha teórica e outra práctica.
- O exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 20 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva.
- O exame práctico (propoñerase un exercicio similar aos traballos prácticos realizados durante o curso)supón o 60% da nota da proba obxectiva.

Aclaracións relevantes:

- Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,9. Os alumnos que desexen optar a unha nota máis alta, deberán presentar exame final (teoría e práctica).
- No caso de dispensa académica, o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será un cero.


Fontes de información
Bibliografía básica • MIGUEL ANGEL GARCIA-AGULLO (2006). "EL ESTUDIO DE VIABILIDAD DE LA PROMOCION INMOBILIARIA" (2ª ED.). CIE INVERSIONES EDITORIALES DOSSAT-2000, S.L.
PATRICIO MONTOYA (2007). "GESTION DE PROMOCIONES INMOBILIARIAS" . DIAZ DE SANTOS
• DELFIN FERNANDEZ MARTIN (2004). "LA PROMOCION INMOBILIARIA: ASPECTOS PRACTICOS" (3ª ED.). CIE INVERSIONES EDITORIALES DOSSAT-2000, S.L.
SIDNEY M. LEVY (2002). "PROJECT MANAGEMENT IN CONSTRUCTION (4TH ED.)". MCGRAW-HILL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Marco conceptual da DIP/670471101
/

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Tésis master/670471209

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías