Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Tésis master Código 670471209
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 10
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Dereito Privado
Educación Física e Deportiva
Empresa
Enxeñaría Civil
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Alvarez Diaz, Jose Antonio
Guillén Solórzano, Eduardo
Martinez Carballo, Manuel
Nieto Uria Ribeiro De Almeida, Arturo J.
Porta Rodriguez, Manuel
Correo electrónico
jose.antonio.alvarezd@udc.es
eduardo.guillen@udc.es
manuel.martinez.carballo@udc.es
a.nietouria@udc.es
m.porta@udc.es
Web http://www.mdip.es
Descrición xeral Consulte la guía docente en la pestaña del idioma CASTELLANO.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Saber actuar como representantes do promotor do proxecto en tódolos ámbitos de actuación do Director de Proxecto ou Project Manager.
A2 Saber iniciar, planificar, dirixir, controlar e pechar Proxectos de Edificación e Desenvolvemento Territorial na especialidade de Edificación e Desenvolvemento Territorial
A3 Saber iniciar, planificar, dirixir, controlar e pechar Proxectos de Lecer e Deporte na especialidade de Lecer e deporte
A4 Saber iniciar, planificar, dirixir, controlar e pechar Proxectos de Sistemas de Información na especialidade de Sistemas de Información
A8 Capacidade de organización e planificación as diferentes fases dun proxecto.
A19 Capacidade para a redacción do proxecto así como para a súa comunicación de forma convincente, clara, concisa e sen ambigüedades
A20 Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos ao campo profesional no que desenvolve a súa actividade o Project Manager.
B1 Capacidade de análise e de síntese.
B2 Capacidade de Organización e Planificación
B4 Capacidade de procura, análise e selección de información relevante.
B5 Capacidade de utilización e xestión da información
B6 Capacidade para actuar con velocidade e sentido de urxencia para concretar resultados con altos niveis de calidade e rendemento a fin de atender as necesidades do cliente.
B7 Capacidade de enfocar os esforzos en xerar valor para o cliente, buscando a súa satisfacción e a súa fidelización.
B8 Capacidade de comunicación e motivación
B9 Capacidade para a resolución de problemas
B10 Capacidade para a toma de decisións
B11 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinar
B12 Capacidade para traballar nun contexto internacional
B13 Capacidade de liderado, diálogo e negociación
B14 Desenvolver o compromiso e motivación para o aseguramiento da calidade na dirección de proxectos.
B15 Asumir a importancia fundamental da seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente na planificación, dirección e xestión de proxectos.
B16 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. O TFM supón a realización, por parte de cada estudante, de forma individual, dun proxecto, memoria ou estudo concreto, é un traballo de especialización, que integra os coñecementos asimilados nas diversas disciplinas impartidas durante o mestrado, centrado no desenvolvemento dunha aplicación de tipo práctico. 2. O TFM facilitará o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado ao adaptar solucións e métodos estudados na teoría a problemas reais. Excepcionalmente poderá ser un traballo de investigación sobre algún dos temas fundamentais na Dirección Integrada de Proxectos, neste caso requerirase a presentación con carácter previo, de unha memoria de investigación razoada e que inclua referencias à bibliografía existente sobre o tema concreto proposto. A devandita memoria deberá estar avalada por un director, docente do Master. 3. O TFM será realizado de forma individual baixo a supervisión dun ou máis directores. 4. O TFM só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado todos os créditos necesarios agás os correspondentes aos propios do TFM para a obtención do título de Máster 5. O TFM será defendido polo alumnado ante o Tribunal designado pola Comisión Académica do Máster, de forma publica e presencialmente. AP1
AP2
AP3
AP4
AP8
AP19
AP20
BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
BP15
BP16
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
3. ASIGNACIÓN DE TEMA E DIRECTOR

1. O Coordinador do Master solicitará aos profesores propostas de liñas de traballo para o TFM. O número total de traballos será igual ou superior ao número de alumnos matriculados.
2. Alternativamente, o alumno pode propor un tema que resulte de interese ao director que desexa que lle oriente.
3. A elección do director e do tema deberá producirse cando menos tres meses antes da finalización do prazo de presentación do TFM.
4. Unha vez elixido o tema o alumno cubrirá un documento ao efecto que presentará na Secretaría do Centro dirixido ao Coordinador do Máster, solicitando a autorización do proxecto do TFM, que incluirá o informe do proxecto e a conformidade do director.

9. ESTRUTURA DO TRABALLO.

1. O TFM deberá constar das seguintes partes:
a) Portada.
b) Índice Paxinado.
c) Resumo.
d) Contextualización e Xustificación.
e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto.
f) Reflexións e Conclusións Finais.
g) Bibliografía.
h) Anexos, no seu caso.
i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados:
j) Revisión do Estado da Arte,
k) Desenrolo del Modelo/hipóteses,
l) Contraste de Modelo/Hipóteses
2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información:

a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación.
b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés)
c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo.
d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións.
e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA.
f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A8 A19 A20 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 5 240 245
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ver Reglamento TFM:
http://mdip.es/documentos/16-reglamento-trabajo-de-fin-de-master

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O TFM será dirixido alomenos por un membro do profesorado con docencia no plan de estudos do Máster, preferentemente Doutor. Tal profesor/a será responsable de:

1. Facilitar ao alumnado as orientacións adecuadas para elaboración do TFM. Isto non implica que o director do proxecto resolva os problemas, xa que se está a examinar a capacidade do alumnado para facerlles fronte.
2. Antes da presentación para ser avaliada, o director supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario na Secretaría Virtual dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión de defensa do TFM.
3. O director dun TFM non poderá ser membro do Tribunal que o cualifique.
4. O TFM poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, deberá xustificarse obxectivamente este feito e deberá ser aprobado pola Comisión académica, e cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado que imparte docencia no plan de estudos do Título de Mestrado.
5. Se no marco dun convenio de prácticas o estudante ten que desenvolver parte do TFM ou a súa totalidade noutro organismo distinto as Universidades de Vigo e da Coruña, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFM, debendo sempre ser aprobado este feito pola Comisión académica.
6. No caso de que o TFM se inclúa nun contrato dun programa de mobilidade, asignarase como director do traballo o coordinador de mobilidade do centro que, utilizando o mesmo procedemento que os demais directores na Secretaría Virtual, emitirá un informe favorable á defensa cando teña coñecemento oficial da superación da proba por parte do estudante, deixando constancia de que se trata dun TFM dun programa de mobilidade. Deste xeito poderase continuar co procedemento establecido con carácter xeral: solicitude de defensa (que neste caso se entende como solicitude de incorporación da cualificación ao expediente) por parte do estudante, asignación de tribunal por parte do centro, cualificación do traballo e acta individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A8 A19 A20 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1. O TFM deberá constar das seguintes partes:
a) Portada.
b) Índice Paxinado.
c) Resumo.
d) Contextualización e Xustificación.
e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto.
f) Reflexións e Conclusións Finais.
g) Bibliografía.
h) Anexos, no seu caso.
i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados:
j) Revisión do Estado da Arte,
k) Desenrolo del Modelo/hipóteses,
l) Contraste de Modelo/Hipóteses

2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información:

a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación.
b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés)
c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo.
d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións.
e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA.
f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E.

100
 
Observacións avaliación

1. AVALIACIÓN E ACTAS.

  1. Para a avaliación do TFM o tribunal valorará:

a) A adaptación dotraballo á tipoloxía xeral dun proxecto: inicio, planificación, execución,seguimento, control e peche do proxecto.

b) A existencia dunproduto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outracaracterística que permita establecer as capacidades do alumno no ámbitoprofesional relacionado coa temática do Máster.

c) A calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusióne/ou as posibilidades de continuidade do traballo.

d) A defensa públicado TFM e a calidade formal do documento presentado.

  1. A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10 seguindo as pautas recollidas no anexo I, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa correspondente cualificación cualitativa:

a) 0 - 4,9: Suspenso(SS)

b) 5,0 - 6,9:Aprobado (AP)

c) 7,0 - 8,9: Notable(NT)

d) 9,0-10:Sobresaliente (SB)

  1. Se o resultado da cualificación fose suspenso, O Tribunal fará chegar ao alumno e o director as recomendacións que considere oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.
  2. O Tribunal encherá e asinará a correspondente Acta de Cualificación provisional que se fará pública una vez rematado o acto da defensa. O orixinal da acta entregarase na Administración académica do centro.
  3. A acta de cualificación definitiva é individual para cada traballo. Ademais da cualificación do estudante, constará o título do TFM, o idioma en que está redactado o traballo e o idioma empregado na súa defensa. A acta será cumprimentada na Secretaría Virtual das Universidades responsables segundo a acta provisional por calquera membro do Tribunal e asinada dixitalmente polo secretario/a do mesmo. Igual que coas actas ordinarias, poderase enviar a nota ao móbil de cada estudante. O peche e entrega das actas de avaliación dos TFM aterase ao previsto no calendario académico aprobado. O período en que os traballos poidan ser cualificados na Secretaría Virtual non será posterior ás datas de avaliación dos TFM aprobadas no calendario académico.

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

REGLAMENTO TRABALLOS FIN DE MASTER:

http://mdip.es/images/CURSO_2016-2017/Reglamento_tesis_Master_DIP_2016.pdf

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías